Bósforo, Reino do

Bósforo, Reino do

Reino greco-escita creado na fin do s V a C (438 a C) ao redor de Panticapeon, colonia grega de orixe milesia na península de Crimea. Dominaba as dúas ribeiras do estreito de Kerč’ o de Yenicalé, pero a área de influencia chegaba ata o Cáucaso. Agrupaba as cidades gregas de Panticapeon, Fanagoria, Nimfeon xunto con diversas tribos escitas. A fins do s II a C pasou a formar parte dos estados de Mitrídates Eupator ou o Grande, cedida polo seu monarca incapaz de enfrontarse aos ataques dos escitas. Pompeio reconstituíu o reino e deullo a Farnaces, fillo de Mitrídates pola axuda que prestara os romanos contra seu pai. Caeu baixo o dominio de Roma en tempos de César e formou parte do Imperio como Reino dependente ata o s IV d C, cando foi definitivamente invadido polos bárbaros.