"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Provincia de Camerún (109.011 km2; 517.198 h [1987]). A capital é Bertoua (35.000 [estim 1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de China atravesada polo río Iang-Tsé (619.386 km2; 314.230.000 h [estim 1999]). A capital é Shanghai.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de estable.

    2. Propiedade dun corpo en flotación de volver á súa posición de equilibrio cando se separou desta por unha causa externa. A estabilidade dun corpo depende da posición relativa do centro de flotación respecto ao centro de gravidade e da distancia que os separa.

    3. Facultade dun sistema material de manterse en equilibrio ou de volver ao estado de equilibrio cando actúan forzas sobre el que tenden a afastalo deste equilibrio.

    4. Tendencia dunha aeronave a recobrar unha condición de voo despois de experimentar unha perturbación que o afastou desa condición.

      1. Calidade dunha substancia de conservar as súas propiedades no tempo cando está sometida a condicións máis ou menos desfavorables.

      2. Calidade dunha substancia de resistirse a reaccionar con outra ou a descompoñerse e conservar a súa estrutura química.

    5. Período de tempo durante o que un alimento mantén unhas calidades satisfactorias. A estabilidade dun alimento depende dos seus compoñentes, do proceso de elaboración, do tipo de envasado, da súa almacenaxe (temperatura, tempo, humidade) e do transporte. En función da súa estabilidade, os alimentos clasifícanse en perecedoiros (vida útil de 2 a 30 días: leite e derivados, pan, carne, peixe, froita e verdura), semiperecedoiros (vida útil de 30 a 90 días: algúns queixos, xeados, alimentos en salmoira ou confeitados), e de longa duración (vida útil de 90 días a 3 anos: conservas, alimentos conxelados, desecados ou liofilizados, legumes ou froitas secas, cereais ou café).

    6. Resistencia dunha substancia explosiva a experimentar unha deflagración ou unha explosión espontánea, debido a un aumento da presión ou da temperatura, ou aos efectos dos produtos da descomposición do mesmo explosivo.

    7. Superposición regular das capas atmosféricas en orde decrecente de densidade.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estabilizar ou estabilizarse.

    2. Aplicación de medidas de política económica para evitar desaxustes graves nas magnitudes económicas. As medidas máis aplicadas son as de tipo monetario, pero pódense exercer tamén controis directos sobre o investimento, o consumo, a ocupación, o comercio exterior, e fiscais para superar os desequilibrios tanto por exceso como por defecto. Trala Segunda Guerra Mundial, a maioría dos gobernos aplicaron plans de estabilización para frear os procesos de inflación e deflación acumulativos inherentes ao desenvolvemento.

    3. Proceso que se realiza para inactivar os fermentos que hai nas raíces e nas follas das plantas medicinais e que, durante o tempo de desecamento destas, poderían descompoñer os seus principios activos.

    4. Operación que se realiza para eliminar a posibilidade de descomposición dunha mestura ou dun composto, mediante a adición dunha substancia chamada estabilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estabiliza.

      1. Cada un dos conxuntos de superficies fixas ou móbiles, situadas xeralmente na parte posterior da fuselaxe dunha aeronave, que serve para o control da estabilidade e para dirixir a aeronave.

      2. Elemento horizontal da cola dunha aeronave.

    2. Dispositivo ou conxunto de dispositivos que se colocan nos automóbiles para aumentar a súa estabilidade. Os estabilizadores poden ter unha acción mecánica, como os amortecedores ou as barras de torsión, ou aerodinámica, como os aleróns.

    3. Aditivo que se engade a unha solución que a fai quimicamente estable.

    4. Aditivo alimentario que mantén a textura e o aspecto do produto, xa que teñen unha acción espesante, antiendurecedora, escumante, antiescumante, emulxente, humectante, etc. Nun sentido máis restrinxido, denomínase así a substancia capaz de estabilizar suspensións e emulsións. Con esta finalidade empréganse gomas, alxinatos, carraxenatos, pectinas, fosfatos e polifosfatos, celulosas, mono e diglicéridos de ácidos graxos, manitol, sorbitol e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que estabiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer estable unha cousa.

    2. Dar estabilidade a algo.

    3. Facerse estable algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que permanece inmutable na súa forma, lugar ou estado de xeito indefinido.

    2. Que non se descompón ou altera a súa forma con facilidade.

    3. Que mantén de forma constante unha actitude ou un comportamento dados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de establecer ou establecerse.

    2. Local no que se desenvolve unha actividade comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algunha cousa nun determinado lugar de xeito estable para que desenvolva o seu labor.

    2. Facer que algo entre en vigor ou que comece a funcionar.

    3. Impoñer algo como norma que hai que cumprir.

    4. Argumentar algo con razóns sólidas.

    5. Asentar a residencia nun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oligarquía que controla o poder político e económico.

    2. Sistema político dun país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de estabular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Criar o gando de forma intensiva nas cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pao groso e con punta que se chanta na terra con diversas finalidades.

    2. Póla dunha planta que se espicha na terra para producir un novo exemplar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral cantábrico de Galicia, situado na parroquia de Bares, concello de Mañón. Localizado a 43° 47’ 34’’ de latitude N, constitúe o punto máis setentrional da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1901. Subtitulouse “Semanario independiente que pegará los domingos”. Inicialmente, o seu propietario e director foi Bonifacio Suárez Pereira, a quen substituíu Manuel de Pedre. Malia que lle solicitou repetidamente ao Concello de Santiago o permiso para a súa publicación, nos primeiros meses tivo que editarse clandestinamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ringleira de estacas que se coloca para separar ou protexer un lugar determinado.

    2. Lugar pechado ou delimitado con estacas. 

    3. Golpe que se dá cunha estaca.

    4. Arte de pesca consistente nun cerco de rede rectangular empregada nas bocas no río Miño para a pesca de salmóns, muxos, reos, etc. Cando a marea sobe engánchase a rede nas estacas que se cravan previamente nos bancos de area do fondo e, ao baixar a marea, recóllese o peixe que queda en seco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cuntis baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fornelos de Montes baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo groso que se emprega para suxeitar o rizón ou nos procesos de amarre, desamarre ou remolque nas entradas, saídas e manobras do porto.

    VER O DETALLE DO TERMO