"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Cadro clínico caracterizado por acrocianose, somnolencia, bradipnea e poliglobulia, debido a unha hipoventilación pulmonar, causada por unha obesidade esaxerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trombose da vea porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Dirixiu o orfeón Los Amigos, de Pontevedra, co que conseguiu os primeiros premios dos certames musicais celebrados en Santiago de Compostela e Vigo. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao piromagnetismo.

    2. Que presenta piromagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na alteración das propiedades magnéticas (especialmente a permeabilidade) de certos corpos por efecto do aumento da temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación pola observación do lume, especialmente do movemento e da cor das chamas. Agrupa a capnomancia e a piroscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monomanía caracterizada pola tendencia a provocar incendios.

    2. Atracción patolóxica polo lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece piromanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á piromancia.

    2. Que ou quen practica a piromancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido tetracarboxílico aromático que se emprega como intermediario na preparación de poliésteres e poliamidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procedementos metalúrxicos para a extracción e a refinación de metais por medio de tratamentos térmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de metamorfismo que fai referencia ás transformacións mineralóxicas que se producen a causa das elevadas temperaturas, polo feito de poñerse en contacto unha rocha calquera con rochas volcánicas en fusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medición das temperaturas elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pirometría ou ao pirómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para medir temperaturas elevadas, baseado en calquera dos fenómenos variables que dependen da temperatura. Entre estes fenómenos cabe destacar a variación de lonxitude dun sólido, ben sexa unha dilatación (pirómetro de cuadrante), ben unha contracción (antigo pirómetro de Wedgwood), a dilatación dos líquidos, a fusión dalgunha substancia (conos de Seger), os fenómenos calorimétricos, a variación da resistencia eléctrica dun condutor (pirómetro de resistencia de Siemens), a intensidade dunha corrente eléctrica xerada ao quentar a soldadura dun par termoeléctrico (pirómetro de Le Chatelier), e a variación da intensidade da cor das radiacións emitidas por un corpo (pirómetro monocromático e pirómetro de radiación total).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clorofosfato de chumbo, de fórmula Pb5(PO4)3Cl, que cristaliza no sistema hexagonal. É de cor verde, amarela ou marrón, con diferentes tonalidades. Hai xacementos dela nas montañas dos Urais, en Inglaterra e en México. Na Península Ibérica, hai exemplares moi ben cristalizados en Horcajo (Ciudad Real) e en Badajoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e musicólogo. Pertencente á Xeración de 1936 e ligado ao imaxinismo, emigrou a Bos Aires e desde alí colaborou con distintas publicacións galegas e americanas, como Fouce, A Nosa Terra, Nós, Vieiros e Yunque. Na capital arxentina participou activamente nas actividades da Federación de Sociedades Agrarias y Culturales. Interesado pola música, dirixiu o cuarteto vogal Ultreya, labor que compaxinou coas conferencias sobre aspectos musicais dos trobadores e xograres galego-portugueses do s XIII, así como sobre a música popular galega. Nalgunha das súas visitas a Galicia entrou en contacto co galeguismo e afiliouse ao Partido Galeguista. Da súa obra poética, que reflicte sobre todo musicalidade e algúns trazos relacionados co neotrobadorismo, e que trata con emoción e sentimento todo o que ten que ver coa terra galega, destaca o libro de poemas de temática civil Jacobusland (1942), con ilustracións de Castelao, e que constitúe un dos primeiros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político, fillo de Leandro María Ramón Pita Sánchez-Boado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi o impulsor do cooperativismo e presidente da Federación Agraria de Ortigueira e da Asociación Provincial de Gandeiros da Coruña. Dirixiu o xornal El Orzán (1924-1926) e foi redactor de El Liberal. Foi deputado pola Coruña pola Federación Republicana Gallega (1931) e polo Partido Republicano Radical (1933). Nomeado ministro da Mariña (1933), de Estado (1933-1934) e ministro sen carteira (1934-1935), foi embaixador na Santa Sé. Co estalido da Guerra Civil, exiliouse en Portugal e Arxentina. Colaborou en diversas publicacións, como La Nación, La Capital, La Prensa, El Mundo e El Eco de Galicia, e escribiu para a colección Lar a novela O anarquista (1924), onde critica os abusos do caciquismo e as desigualdades sociais. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plasmodioforomicetos.

    2. Fungo da clase dos plasmodioforomicetos.

    3. Clase de fungos ameboides, da división dos mastigomicotas, endoparasitos de plantas superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plasmódromos.

    2. Protozoo do grupo dos plasmódromos.

    3. Grupo de protozoos caracterizados pola presenza dun só núcleo (ou de diversos núcleos, equivalentes entre eles) e pola ausencia absoluta de cilios.

    VER O DETALLE DO TERMO