"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
GALICIA
Teólogo. Membro da Compañía de Xesús, doutorouse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma. Foi catedrático na Universidad Pontificia de Comillas e profesor de dogma na Pontificia Universidad de Salamanca. Colaborou en Gregorianum, Revista de Espiritualidad, Revista Española de Teología e Estudios Eclesiásticos, e escribiu Miscelánea Comillense (1948) e La penitencia en la primitiva Iglesia Española (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e estatista alemán. Destacou como piloto na Primeira Guerra Mundial, e en 1922 adheriuse ao partido nazi. Trala súa participación no fracasado putsch de Múnic tivo que fuxir de Alemaña (1923) e estableceuse en Suecia ata 1927. Elixido membro do Reichstag (1928), chegou á súa presidencia en 1932, foi ministro sen carteira do Reich, xefe do goberno de Prusia e responsable da Luftwafe (1933). Encargado da organización da Gestapo ata 1936, dirixiu o segundo plan económico cuadrienal desde ese mesmo ano. Presidiu o consello de economía de guerra (1940), foi designado mariscal do Imperio (1940) e lugartenente do Führer (1940-1945). Cara á fin do conflito este ordenou a súa execución, pero foi capturado polo exército de EE UU en maio de 1945. Condenado a morte polo tribunal de Nuremberg, suicidouse antes da súa execución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editora. Sucedeu o seu marido Phil Graham á fronte do grupo editorial de The Washington Post e da revista Newsweek tralo seu suicidio. Foi presidenta do consello de administración do devandito grupo no período 1973-1993 e sacou a empresa da bancarrota. Foi unha das responsables da publicación do escándalo Watergate. Escribiu a súa autobiografía Historia persoal (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos gregarínidos.
-
Esporozoo da subclase dos gregarínidos.
-
Subclase de esporozoos, xeralmente parasitos do tracto dixestivo dos mamíferos e cavidades celómicas de invertebrados. Presentan un tamaño que oscila entre 2 μ e 16 mm. O seu ciclo vital consta dunha fase sexual e outra asexual e ten lugar nun único hóspede.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás gregarinas.
-
Esporozoo pertencente á orde das gregarinas.
-
Orde de telosporidios de gran tamaño, que teñen o aspecto dunha célula ovoide co citoplasma cuberto por unha cutícula sólida e estriada. Preséntanse principalmente como parasitos extracelulares de invertebrados (anélidos ou artrópodos).
-
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Coñecido como Paul Eluard, formou parte dos ambientes vangardistas do dadaísmo, e posteriormente contribuíu á fundación do surrealismo, Capitale de la Douleur (1926). En 1930 cambiou cara a unha concepción de carácter marxista, e durante a ocupación alemá a súa poesía púxose ao servizo da resistencia, Poésie et vérité (1942). Despois da guerra, expresou máis libremente os seus temas predilectos, o amor e a fraternidade humana, como reflicte a súa obra Poésie ininterrompue (1946). Postumamente, publicáronse obras como Derniers poèmes d’amour (1963) e Le poète et son ombre (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á cruz que ten os extremos terminados en cabezas de serpe.
-
Aplícase a calquera peza terminada en cabeza de serpe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
gruñido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gruñir.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SO, limita con Castela-A Mancha (5.968 h [2001]). Ten agricultura e gandería. Destaca a industria do recauchutado.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo da Baixa Saxonia. Centrábase no burgo do mesmo nome, que foi a residencia dos príncipes de Brunswick-Grubenhagen, liña da liñaxe dos güelfos que se extinguiu en 1596. Pasou despois, sucesivamente, ás liñas de WolfenBüttel, de Celle (1617) e de Hannover (1665).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Amigo e antagonista de Tasso, escribiu a traxicomedia pastoril Il pastor Fido (1590), L’idropico (1609) e Compendio della poesia tragicomica (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Viviu en Turín, onde, inspirado en Borromini, construíu o palacio Carignano e a igrexa de San Lorenzo, de planta cadrada, onde inscribiu un octógono de lados alternativamente cóncavos e convexos e con cúpula estrelada de nervios entrecruzados. Foi autor da desaparecida igrexa da Divina Providencia en Lisboa. Escribiu Architettura civile (1737), onde expuxo invencións e proxectos non realizados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Miragres de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos orgánicos que conteñen o grupo X-R-OH, sendo X un halóxeno e R un radical alquílico. Son líquidos solubles en disolventes orgánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que afirma que o movemento dun sistema entre dous instantes t1 e t2 é tal que, definida a acción elemental, a partir do Lagranxiano, como dA = L dt, o valor da integral ∫t2t1 é máximo ou mínimo. É unha das formas de enunciar o principio da mínima acción.
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Representante da cultura urbana neoiorquina e da underground, a súa obra caracterizouse pola instantaneidade, pola diversidade de espacios que expresa, desde o metro de Nova York, as paredes das rúas, roupa ata o corpo humano, e pola súa peculiar linguaxe xestual e de signos. Moitas das súas obras puxeron en dúbida as definicións da arte e as fronteiras entre a arte popular e a elitista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista romántico alemán. Coñecido polo pseudónimo de Willibald Alexis, participou na guerra contra Napoleón. Das súas novelas histórico-patrióticas cómpre destacar Ruhe ist die erste Bürgerpflicht (A calma é o primeiro deber cidadán, 1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado do Gran Londres, Reino Unido (216.111 h [1996]). Xurdiu da fusión dos distritos metropolitanos de Hernsey, Tottenham e Wood Green.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (230.909 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO