Göring Goering

Göring Goering

Militar e estatista alemán. Destacou como piloto na Primeira Guerra Mundial, e en 1922 adheriuse ao partido nazi. Trala súa participación no fracasado putsch de Múnic tivo que fuxir de Alemaña (1923) e estableceuse en Suecia ata 1927. Elixido membro do Reichstag (1928), chegou á súa presidencia en 1932, foi ministro sen carteira do Reich, xefe do goberno de Prusia e responsable da Luftwafe (1933). Encargado da organización da Gestapo ata 1936, dirixiu o segundo plan económico cuadrienal desde ese mesmo ano. Presidiu o consello de economía de guerra (1940), foi designado mariscal do Imperio (1940) e lugartenente do Führer (1940-1945). Cara á fin do conflito este ordenou a súa execución, pero foi capturado polo exército de EE UU en maio de 1945. Condenado a morte polo tribunal de Nuremberg, suicidouse antes da súa execución.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rosenheim, Baviera

  • Deceso

    Lugar : Nuremberg