Grubenhagen, Principado de
Grubenhagen, Principado de
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo da Baixa Saxonia. Centrábase no burgo do mesmo nome, que foi a residencia dos príncipes de Brunswick-Grubenhagen, liña da liñaxe dos güelfos que se extinguiu en 1596. Pasou despois, sucesivamente, ás liñas de WolfenBüttel, de Celle (1617) e de Hannover (1665).