"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula dun sedimento ou rocha carbonatada, que provén da erosión de rochas de fóra da conca de sedimentación.
-
-
Arte de pintar sobre pedra.
-
cromolitografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de disolución de cálculos co fin de extraelos con máis facilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de caracteres petrográficos e paleontolóxicos que define un depósito ou unha rocha. OBS: Tamén se denomina facies litolóxicas.
-
-
Aplícase ás algas que corroen as rochas calcarias, como as esquizófitas e as clorófitas.
-
Aplícase ao animal que perfora as rochas.
-
-
-
Impresión de figuras sobre porcelana, visibles a contraluz.
-
Placa de porcelana onde se imprimen figuras visibles a contraluz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de gravar a pedra e as xemas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir por medio da litografía.
-
-
Sistema de impresión baseado no fenómeno físicoquímico da repulsión que existe entre a auga e as materias graxas. Foi descuberto en 1798 por Aloys Senefelder. Contrariamente aos outros sistemas de impresión, tanto as partes impresas como as brancas están ao mesmo nivel, pois a base graxa sobre o debuxo é a que retén a tinta. É un sistema en desuso, substituído por outros máis rápidos e modernos (offset, fototipia, serigrafía e xerografía).
-
Cada un dos exemplares que se obteñen polo procedemento litográfico. Enténdese por litografía orixinal cando o creador da obra debuxou directamente sobre a pedra.
-
Taller onde se exerce a litografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á litografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á litografía.
-
-
Disolución dos cálculos, especialmente os da vexiga urinaria.
-
meteorización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en litoloxía.
-
-
Rama da xeoloxía que estudia as características físicoquímicas das rochas, así como as condicións baixo as que se formaron. A litoloxía e a mineraloxía comezaron sendo ciencias de observación dedicadas ao estudo das propiedades ópticas das rochas e minerais (cor, brillo, dureza ou tamaño dos grans). A ansia investigadora dos humanistas dos ss XV-XVI foi a que fomentou o desenvolvemento das denominadas Ciencias da Terra. A xeoloxía, estudo da orixe das rochas e da súa disposición, non sería abordada en profundidade ata finais do s XVII, aínda que importantes precursores como Bernard Passily ou Leonardo da Vinci iniciaron o estudo de fósiles mariños. O extraordinario desenvolvemento da química desde comenzos do s XIX permitiu definir con claridade as nocións de rocha e de especie mineral, feito que fixo posible unha clasificación racional dos tipos de rochas e dos seus compoñentes. A aparición de novas técnicas de análise no laboratorio (raios-X, novos métodos de difracción ou a...
-
Parte da medicina relativa aos cálculos e ás concrecións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á litoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica de adiviñación que se basea na observación das pedras de abalar, e que constitúe un axeitado instrumento de adiviñación en todas as culturas da Europa occidental, onde se considera que as pedras poden respostar as cuestións que se lles formulen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feto morto que permanece no útero, procedente dun embarazo ectópico que presenta os tecidos infiltrados por sales calcarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento branco, formado por sulfuro de cinc e sulfato de bario en proporcións aproximadamente equimocelulares, de gran poder cobertor, que se obtén por precipitación simultánea dos dous compoñentes por medio da reacción ZnSO4+BaS "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: → ZnS+BaSO4. Emprégase en pintura industrial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficial romano ao servizo dos diferentes maxistrados dotados de imperium, que precedía os maxistrados e os sacerdotes portando as fasces e, orixinalmente, executaba as sentencias capitais ou azoutaban con varas os condenados. Posteriormente ocupouse de abrir o paso aos maxistrados e vixiaba que recibisen os honores debidos. Estaban organizados en decurias.
-
-
Relativo ou pertencente á beira do mar.
-
Área de confluencia marítimo-terrestre en sentido amplo. Debido ao carácter dinámico destes ambientes controlados polas ondas e correntes mareais, a zona litoral establécese na franxa de anchura variable que se sitúa entre o límite das mareas máis baixas (mareas mortas) e as mareas vivas primaverais. Os biólogos estenden a utilización do termo desde a marca das preamares ata o límite en que as plantas poden chegar a fixarse no fondo mariño, xeralmente a uns 40-60 m, no que denominan zona eurolitoral. As nocións de litoral e de costa son, a miúdo, empregadas de xeito incorrecto. O concepto de costa ten un carácter máis amplo e difuso, pois inclúe todos os ambientes vinculados xeneticamente aos procesos e axentes naturais que actúan no litoral (praias, cantís, plataformas costeiras, sistemas dunares, esteiros, deltas mareais ou marismas modelados ao longo do tempo pola enerxía das ondas, das correntes, das mareas e do vento). Os litorais constitúen un medio morfolóxico, climático, hidrolóxico...
-
Conxunto da fauna mariña que habita nas augas costeiras. Neste medio as condicións ambientais (temperatura, salinidade e luz) presentan unha variación vertical moi forte e, por isto, distínguense unha serie de pisos: supralitoral, zona só mollada de tanto en tanto polas ondas e só somerxida nas grandes mareas, mediolitoral, onde rompen as ondas, infralitoral, zona permanentemente somerxida que chega ata onde desaparecen as algas carnosas por falta de luz (entre 15 e 50 m), e circalitoral, que chega ata onde non é posible ningún tipo de vida vexetal (entre 100 e 150 m).
-