"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Domingos que dá nome ao concello de Ribadavia, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadavia baixo a advocación de san Domingos de Fóra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Ribeiro, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no L da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 17’ 50” de latitude N e 8° 08’ 30” de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Beade, Carballeda de Avia e Cenlle (comarca do Ribeiro), ao L cos de Castrelo de Miño e A Arnoia (comarca do Ribeiro), ao S co de Crecente (comarca da Paradanta), e ao O cos de Carballeda de Avia e Melón (os dous da comarca do Ribeiro). Abrangue unha superficie de 25,2 km 2 c unha poboación de 5.390 h (2007), distribuída nas parroquias de Campo Redondo, Esposende, Francelos, Ribadavia (San Domingos de Fóra), Ribadavia (San Domingos), San Cristovo de Regodeigón, Sanín e Ventosela. A capital está na vila de Ribadavía, localizada a 92 km de Santiago de Compostela e a 29 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ribadavia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo de Ribadavia é pouco contrastado, xa que case todo o... -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha cidade fortificada do mesmo -en contra das leis heráldicas-, cun castelo dentro, e saíndo dunha fiestra da torre da homenaxe un brazo armado sostendo na man unha bandeira de prata cargada dunha aspa de goles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio situado no centro histórico de Ribadavia. Acadou unha grande importancia durante a Idade Media ata a expulsión dos xudeus decretada polos Reis Católicos no s XV. A comunidade xudía era a que movía economicamente a vila. Está configurado por calellas e rúas con soportais e quedan algunhas casas brasonadas realizadas en pedra, e tivo unha sinagoga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ribadavia. Realizada entre 1545 e 1555 polo mestre Pedro Gómez, a fachada é neoclásica do s XIX e ten tres corpos superpostos rematados nun frontón triangular. Ten anexada, a torre do reloxo, de estilo renacentista e decorada con columnas en relevo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ribadavia. Consérvanse restos da muralla, que discorre preto da que rodeaba a vila, e dos torreóns, ao lado das portas de acceso. Foi propiedade dos condes de Ribadavia que residiron nela ata que no s XVII se trasladaron ao pazo da Praza Maior co que comunicaba por medio dunha porta. De forma poligonal, o acceso ao recinto faise por unha porta de arco apuntado que comunica co patio de armas e co que queda do castelo. No interior atópase unha necrópole altomedieval, con sepulcros antropoides labrados na rocha, e restos dunha cheminea na que se situaba o escudo dos condes. Conserva tres das cinco portas que tiña: a Porta da Cerca, de entrada ao castelo, a Porta Nova, que levababa ao camiño do río, e a Porta Falsa, que levaba ao camiño do muíño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido polos Reis Católicos en 1478, a Bernardiño Pérez Sarmiento, señor de Ribadavia, Fuentes, Mucientes, Celme, Bentraces e Laza e adiantado maior de Galicia. A herdeira foi a súa filla Francisca Sarmiento, II condesa de Ribadavia. Ao morrer sen fillos sucedeuna a súa irmá María Sarmiento, casada con Xoán Hurtado de Mendoza, adiantado de Galicia. Os III condes de Ribadavia estableceron morgado en Ribadavia e Valdeorras (1530). O seu fillo e sucesor Diego Sarmiento de Mendoza, IV conde de Ribadavia, foi adiantado maior de Galicia e xentilhome de Carlos I. O V conde de Ribadavia foi o seu fillo Luís Sarmiento de Mendoza, adiantado maior de Galicia, a quen sucedeu a súa filla Leonor Sarmiento de Mendoza, VI condesa de Ribadavia e, ao morrer sen descendencia en 1581, sucedeuna a súa tía, María Sarmiento de Mendoza, irmá do IV conde. O seu fillo Diego de los Cobos, I marqués de Camarasa, non puido herdar o título de conde de Ribadavia ao ser estes dous incompatibles. O seu fillo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva e Ribadavia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ribadavia. Emprazada na Praza Maior, pertenceu aos condes de Ribadavia que se instalaron nela no s XVII. Conserva un patio na parte superior que comunica co castelo por medio dunha porta. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Sarmiento, os Castro e os Mendoza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Ribadavia. Datado no s XIII, foi un dos primeiros conventos dominicanos establecidos en Galicia e funcionou como casa de estudos. Da construción orixinal case non se conserva nada. Sufriu numerosas reformas, un incendio no s XV e en 1854 derrubáronse as dúas ás do edificio contiguas á igrexa, que quedou illada. Tras a exclaustración do s XIX coñeceu varios usos, como hospital ou escola, e finalmente como asilo de anciáns. A igrexa, convertida en parroquial, conta con partes románicas, góticas e renacentistas, e erixiuse entre os ss XIII e XV. Ten planta basilical con tres naves divididas en cinco tramos separados por arcos faixóns apuntados, e cabeceira con tres ábsidas poligonais. Na ábsida principal ten gravado o escudo dos condes de Ribadavia, que patrocinaron a construción desta parte do edificio. Destaca a escultura dos capiteis, relacionados en estilo coa Claustra Nova da catedral de Ourense, nos que se representan motivos vexetais, temas profanos e relixiosos....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Ribadavia. Está situado na beira esquerda do Avia. Fundado baixo a advocación de santo Antonio, foi noviciado e colexio de artes. As obras do templo iniciáronse en 1605 e non remataron ata 1639, cando se acabou o claustro, do que se cubriron os arcos un tempo despois. Tras a exclaustración pasou a mans de particulares ata que en 1915 unha parte da construción volveu aos franciscanos. A igrexa ten tres naves, todas elas abovedadas. No seu interior conserva un altar churrigueresco, ademais parte do cadeirado do coro oxival do s XVI que pode proceder da catedral de Ourense. No exterior destaca a torre barroca cun pequeno balcón.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Construída a finais do s XII en estilo románico, foi doada á orde de San Xoán de Xerusalén, establecida en Ribadavia desde esas mesmas datas. Ten unha soa nave rectangular, ábsida con bóveda de canón lixeiramente apuntada e cuberta de madeira a dúas augas. Na fachada destaca a fiestra de medio punto flanqueada por columnas que se abre sobre a porta.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Pertenceu aos monxes de Santa María de Oseira, que recibiron a súa doazón por parte do Rei Fernando II en 1164 cando aínda estaba en construción. Reedificada no s XIII, no s XIV pasou a depender do bispado de Tui, ata que a pasou á diocese de Ourense. Ten unha soa nave con cuberta de madeira e o presbiterio cóbrese con bóveda renacentista. Da construción orixinal só se conserva a fachada, de estilo románico de transición, na que destaca o arco oxival con dúas arquivoltas apuntadas sustentadas por columnas acaroadas. Na parte superior ten un rosetón cunha celosía. O resto do edificio pertence a épocas posteriores, sobre todo do Renacemento. No adro atópase un cemiterio e consérvase un cruceiro barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Estivo baixo a advocación de san Xes e atopábase no recinto do castelo dos condes de Ribadavia ata que se trasladou ao barrio xudeu. No s XIV o bispado de Tui cedeulla ao mosteiro de San Salvador de Celanova e a partir de 1486 comezou a coñecerse co nome actual. De estilo barroco, ten unhas dimensións considerables e foi modificada no s XVIII cando se reconstruíu a capela maior, e en 1826, momento no que renovou a fachada e se construíu a cornixa e a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Realizada en estilo románico, tamén conta con elementos góticos, ten unha soa nave rectangular con cuberta de madeira, ábsida semicircular con bóveda de cruzaría e presbiterio de dous tramos. No exterior destacan os canzorros que se atopan por todo o muro e os capiteis figurativos. A fachada principal ten dous contrafortes e portada con tripla arquivolta de medio punto sobre tres pares de columnas de bo tamaño. Na parte dereita sitúase a torre-campanario do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Ribadavia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ribadavia.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ribadavia a partir de 1900. Cesou en 1936. Subtitulado “Periódico defensor de intereses generales” (1902), a partir de 1931 apareceu como “Decano de los semanarios de España”. Fundado por Máximo Tomé, quen tamén o dirixiu ata a súa morte en 1925, editouse nos seus propios obradoiros tipográficos. De tendencia liberal nos seus inicios, co tempo converteuse en republicano, progresista e galeguista. A partir de 1933 dirixiuno Hermenegildo Rodríguez Casas e deulle entrada ás colaboracións de coñecidos galeguistas. Incluíu información local, sociedade, cultura e traballos de divulgación agraria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico constituínte do complexo vitamínico B. Esencial para o crecemento, a súa falta ocasiona unha síndrome semellante á pelagra. Está moi difundida na natureza e dáse no lévedo, na carne e noutros produtos. OBS: Tamén se denomina vitamina B2 lactoflavina.
-
PERSOEIRO
Economista. Líder da escola ricardiana, considérase un dos principais economistas de toda a historia do pensamento económico. En 1815 publicou Essay on the Influence of a Low Price of Corn on the Profits of Stock, onde presentou o núcleo inicial da súa teoría. Considerou unha explotación agrícola como un tipo de actividade económica, e afirmou que sempre que o factor e o produto sexan o mesmo ben, é posible calcular o tipo de beneficio con independencia do valor. Este tipo de beneficio era o que rexía en toda a economía, e dependía da cantidade de traballo necesario para obter os bens de subsistencia para os traballadores na terra marxinal, é dicir, a que non produce rendas. A teoría da renda da terra que empregou é a mesma de Thomas R. Malthus e Edward West, segundo a que as terras dun país son cultivadas comezando polas de mellor calidade. Cando se cultivan terras de calidade inferior, aumenta o prezo dos produtos, dado que é necesaria unha cantidade de traballo máis grande para...
VER O DETALLE DO TERMO