"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico italiano. Os seus escritos iniciais foron de carácter místico-relixioso. É autor de Il peccato ed altre cose (O pecado e outra cousa, 1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘pucha’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua asiática da familia índica setentrional centrooriental que, xunto co maitilí e co magahí, constitúen un grupo de linguas que se designan co nome de biharí. Este idioma é utilízano uns vinte millóns de falantes en Bihar Occidental e Uttar Pradesh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua de Oceanía da familia papúa de Nova Guinea e, concretamente, do grupo endú. Fálase na conca do Sepik e ten uns 30.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. As súas armas levan, en campo de azul e en terreo de sinople sementado, varios buratos pequenos feitos pola chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘botar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Boiro.

    2. Natural ou habitante de Boiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boiro baixo a advocación de santa Olaia, que constitúe o núcleo urbano que é a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Barbanza, situado na provincia da Coruña no O da comunidade autónoma, na beira setentrional da ría de Arousa. Limita ao N cos concellos de Lousame e Porto do Son (Noia), ao S coa ría de Arousa, ao L coa mesma ría e o co municipio de Rianxo (Arousa) e ao O cos da Pobra do Caramiñal (Arousa) e Porto do Son (Noia). Abrangue unha superficie de 86,6 km 2 cunha poboación de 18.547 h (2007), distribuídos nas parroquias de Abanqueiro, Bealo, Boiro, Castro, Cespón, Cures, Lampón e Macenda. A capital é Boiro (na parroquia de Boiro) atópase a 42° 38’ 7’’ de latitude N e 8° 52’ 7’’ de lonxitude O, e a 48 km ao SO de Santiago de Compostela. Está adscrito áo partido xudicial de Ribeira e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O territorio do concello de Boiro está baixo o dominio climático oceánico húmido das Rías Baixas, caracterizado por unha pluviosidade moi alta (recóllense máis de 2.000 mm ao ano), suavidade térmica todo o ano (14,9°C...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación da sociedade “Fillos de Concello de Boiro” de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Boiro. Foi destruído polos normandos na irrupción que fixeron en Galicia no ano 970. Restituído, incorporouse ao mosteiro de Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque de París, á beira dereita do Sena, entre as antigas vilas de Neuilly-sur-Seine e Boulogne-Billancourt (unhas 800 ha). Alí está o palacio de Bagatelle e a abadía de Longchamp, mandada erixir por Luís IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cambela, na marxe O do río Bibei, no municipio do Bolo; a súa máxima altitude é de 986 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Maxistrado e economista. Precursor dos fisiócratas, propugnou a diminución de tributos e impostos interiores para impulsar, mediante a reinstauración da “orde natural”, a agricultura e a creación de excedentes exportables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés de ‘s-Hertogenbosch (Países Baixos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paul Émile Lecoq de Boisbaudran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Idaho, EE UU, á beira do río Boise (125.740 h [1990]). Trátase dun núcleo industrial. A cidade foi fundada no ano 1863 a raíz do descubrimento de xacementos de ouro na rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseph Bodin de Boismortier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Foi un dos precursores da Academia Francesa (1634). É autor de Pyrame et Lysimène (Píramo e Lisimene, 1633) e La belle invisible (A bela invisible, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de expertos en arte alemana. Sulpiz (1783 - 1854) e o seu irmán Melcior (1786 - 1851) reuniron unha importante colección de pinturas de primitivos xermánicos, que foi adquirida en 1827 polo Rei Luís I de Baviera e que pasou a formar parte da Münchener Alte Pinakothek. Promoveron a finalización das obras da catedral de Colonia e contribuíron á revalorización da arte medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO