"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • PENÍNSULAS

    Rybacij.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de petrificar ou petrificarse.

    2. Que se converteu en pedra.

    3. Que non pode facer ou dicir nada a causa de algo inesperado ou do medo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ferir ou ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta.

    2. Acción e efecto de ferir co aguillón ou co peteiro un animal.

    3. Burato pequeno que se fai nalgunhas superficies cun obxecto rematado en punta.

    4. Dor forte e pasaxeira que se ten nunha parte do corpo.

    5. Dito ou feito con que se fire ou mortifica a alguén.

    6. Inxección de droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento con que se pican as moas do muíño.

    2. Martelo con que se cravuña.

    3. Peza de ferro que se coloca na queixada dos cabalos para dominalos.

    4. picadoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se doman e adestran os cabalos e se aprende a montar.

    2. Cepo que se emprega para partir leña sobre el, para cortar carne ou para outros usos.

    3. ivenda ou lugar onde se manteñen relacións sexuais ocasionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ferir co aguillón ou co peteiro un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel María Puga Parga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido galego orixinario da provincia de Lugo.

    2. Liñaxe galega que trae como armas, en campo de goles, tres peixes, de prata, postos en faixa, o primeiro e o terceiro, mirando ao flanco destro do escudo e o do centro ao flanco sinistro. Outra rama presenta en campo de azul, unha serra de carpinteiro, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de picar ou picarse.

    2. Aplícase ao mar cando está encrespado.

    3. Que ten marcas de grans na pel a causa de varíola.

    4. Que está agre, especialmente referido ao viño.

    5. Que está cortado en anacos pequenos.

    6. Que está enfadado.

    7. Alimento triturado, sobre todo a carne con que se fan chourizos ou embutidos.

    8. Refresco que se fai mesturando zume de froitas ou café con xeo picado.

    9. Técnica de execución dos instrumentos de vento, que se emprega para separar notas da mesma altura nunha melodía ou distintas partes dunha composición musical ligada. Na música galega teñen unha grande importancia, xa que constitúen un dos principais recursos na dixitación da gaita. Distínguense tres tipos fundamentais de picados: o simple, que consisten nunha pequena nota de adorno que se intercala na melodía, e que se realiza fundamentalmente sobre as notas la e si; ;o dobre, que é a concatenación de dous picados simples sobre distintas notas, e que como máis habituais se realizan sobre as notas si, la e si, sol; e o triplo, que consiste nun picado dobre, dos mencionados anteriormente, acompañado dun batemento que se realiza cos dedos da man dereita. OBS: Tamén se denomina mordente e oponse ao ligado.

    10. Descenso dunha aeronave, con ou sen motor, ou dalgunhas aves, en que a velocidade propia sobrepasa a velocidade máxima posible en voo horizontal.

    11. ...

  • Termo da xerga das palilleiras que designa o utensilio para picar os debuxos e realizar desta forma os picados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pica.

    2. Persoa que traballa nas minas e pica o mineral.

    3. Persoa que se dedica a domar e adestrar cabalos, e a ensinar a montar.

    4. Persoa que, montada nun cabalo, pica os touros nunha corrida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega para picar alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de ferir ou ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta.

      2. picadura anatómica

        Punción da pel das mans ou dos dedos producida no curso dunha autopsia ou disección dun cadáver, que pode producir infeccións graves debido á penetración de substancias sépticas.

    1. Acción e efecto de ferir co aguillón ou co peteiro un animal.

    2. Burato pequeno que se fai nunha tea ou noutro material a causa da humidade ou de insectos como a traza.

    3. Carie que se forma nunha moa ou dente.

    4. Tabaco picado ou triturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que planifica.

    2. Especialista en planificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de pontífice.

    2. Época e duración do goberno dun pontífice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de Roma fundada polo monxe cisterciense Desiderio d’Auditorio (1543) xunto cun grupo de artistas. Os seus membros foron designados co nome de virtuosos por cultivar as belas artes por decoro e pola gloria da fe. Organizaban unha exposición anual de pintura, cunha atención especial á arte sacra. O seu estatuto data de 1947 e consta de 60 membros residentes e 60 correspondentes, entre os que se admite a mulleres, ao contrario do resto das academias pontificias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución da curia romana que ten a súa orixe na Accademia Nazionale dei Lincei (1603-1630). A súa estrutura foi reformada por Pío XI (1936). Ten como finalidade o estudo das ciencias físicas, matemáticas e naturais, así como a súa historia. É a única academia con carácter supranacional e está composta por oitenta académicos de nomeamento pontificio, pertencentes a diversos países, elixidos sen discriminación de ningún tipo entre os máis insignes cultivadores das ciencias matemáticas e experimentais. A eles únense os académicos perdurante munere, por razón de oficio, e os académicos de honra, por razón de méritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten pórticos.

    VER O DETALLE DO TERMO