"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está establecido entre dous ou máis continentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cómic editado en Vigo a partir de 1984 que cesou no seu terceiro número. Creado por Carlos Portela, contou coas colaboracións de Gus, Toquio e Norberto Fernández, entre outros. Incluía, ademais de banda deseñada, a primeira sección específica de crítica na revista galega Nomofán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de interlinear.
-
-
Espacio en branco que separa as liñas nunha composición.
-
Composición separada con interliñas.
-
-
-
Que está contido entre liña e liña dun escrito.
-
Tradución interpolada nun texto orixinal de maneira que cada liña daquela estea debaixo da liña correspondente desta.
-
-
-
Colocar interliñas entre as raias do texto para darlle a separación adecuada.
-
Engadir texto entre liñas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que vai dun lugar a outro sen un establecemento fixo.
-
-
Relativo ou pertencente ao camiño.
-
Proxecto de percorrido previo a unha viaxe ou marcha.
-
Camiño que se segue para ir dun lugar a outro. Os romanos denominaban itinerarium as relacións de percorridos do Imperio, nas que figuraban unha lista das poboacións que debían atravesarse, a duración do traxecto, a distancia en millia passuum que separaba unha cidade romana da anterior, e os lugares nos que o viaxeiro podía deterse a descansar (mansio). Un dos máis famosos, o Itinerario de Antonino (Itinerarium Provinciarum Antonini Augusti), empezou a compilarse durante o goberno do Emperador Caracalla, entre 211 e 217. Posteriormente sufriu modificacións durante os ss III e IV. Segundo este itinerario o territorio de Gallaecia estaba atravesado polas vías XVII, de Bracara a Astúrica, por Chaves; a XVIII, denominada nova pola súa construción na época flavia, de Bracara a Astúrica, por Ourense, entrando por Portela do Home e saíndo por Valdeorras; a XIX de Bracara a Lucus Augusti e a Asturica; e a vía XX, coa mesma dirección, pero próxima á costa ata...
-
Método de determinación das posicións dos vértices dunha liña poligonal topográfica baseada na medida dos segmentos determinados por cada paralelo de vértices coñecidos e dos ángulos que forman os segmentos.
-
-
CIDADES
Cidade situada no departamento de Val-de-Marne, Francia (53.619 h [1990]). Localizada á beira do Sena, forma parte da área suburbana de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Senador por Texas (1949) e líder da maioría demócrata (1953), foi elixido vicepresidente dos EE UU trala vitoria electoral de J. F. Kennedy. Trala morte deste (1963) ocupou a presidencia, cargo que revalidou nas eleccións de 1965. A implicación na Guerra de Vietnam ocasionoulle fortes críticas, que o levaron a declarar a retirada unilateral do conflito en 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo e farmacéutico. Profesor de ciencias biolóxicas e químicas. Publicou El Montseny parque natural (1953), La vida maravillosa de los animales (1961), El mundo viviente (1967) e El zoo de Barcelona, educació e esplai (1982). Foi director do parque zoolóxico de Barcelona (1955-1985) e do museo de Granollers, fundador do Centro de Bioloxía Animal e Aplicada e Primatoloxía, secretario xeral da Unión Iberoamericana de Parques Zoolóxicos (1958-1986) e membro da Unión Internacional de Parques Zoolóxicos (1961-1986). Dedicóuselle o nome dun novo parasito do gorila (Brodenia jonchi).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos autores máis innovadores na creación lingüístico-estilística, e un dos máis radicais e sólidos da literatura contemporánea. Iniciouse coas novelas Dubliners (1914) e A Portrait of the Artist as a Young Man (1916). En Ulysses (1922) ofrece unha fonda exploración dos recursos lingüísticos, esquematizada e organizada en diversos graos; o autor describe cunha gran riqueza de recursos tanto a traxectoria psicolóxica dos personaxes como o contexto exterior no que se moven. En Finnegans Wake (1939) chegou ao extremo da súa exploración lingüística. É notoria a súa influencia en diversos escritores modernos. En agosto de 1926, R. Otero Pedrayo publicou no nº32 da revista Nós, algúns fragmentos do Ulysses, que constituíu a primeira tradución que se realizaba en calquera das linguas peninsulares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juana de Asbaje.
-
PERSOEIRO
Médico e botánico. Creou un método para clasificar as plantas que completaba e melloraba o de Linné.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e psiquiatra estadounidense. Estudiou a relación mutua entre cultura e personalidade. O concepto central da súa teoría é o da personalidade básica, ou sexa, os trazos comúns de todos os individuos que participan nunha mesma cultura. As súas principais publicacións son: The Individual and His Society (1939) e Sex and Morality (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (8.066 km2; 416.300 h [estim 2000]). A súa capital é Kasserine (47.606 h [1984]).
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Ivanovo, Rusia (104.000 h [estim 1992]). A súa economía baséase no porto fluvial e na industria do algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
(St. Louis, Missouri 1947) Actor. Comezou a súa carreira no teatro, onde recibiu dous premios Tony (1978 e 1982). É moi versátil e alterna papeis dramáticos e cómicos. Traballou nos filmes Silverado (1985), A Fish Called Wanda (1988), Grand Canyon (1991), In & Out (1999) e Orange County (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aberración cromosómica numérica caracterizada por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se dá nun de cada 500-700 varóns nacidos vivos aínda que o sexo cromatínico sexa feminino nun 80% dos casos. Clinicamente maniféstase por unha insuficiencia da función endócrina testicular e habitualmente non é padecida ata a puberdade. Os testículos son pequenos, hai xinecomastia, atraso mental e infertilidade.
-
-
Termo que serve para designar a lingua grega que, baseada no dialecto ático, se falou no Mediterráneo a partir da época de Alexandre o Grande.
-
Lingua común, xeral e, en oposición a dialecto, de carácter uniforme que se presenta en todo o territorio.
-