"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Gregas na Universidade de Santiago de Compostela, é membro da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan a participación no Dicionario Griego-Español, dirixido por Rodríguez Adrados, Sonantes y griego micénico (1973), Gramática de las inscripciones délficas (1973), A lingua galega hoxe (1976), As paráfrases do grego en Cabanillas (1977), O bilingüismo e os seus problemas (1980), Gallaecia y sus etimologías (2002) e Topónimos y leyes de Galicia (2003), ademais de numerosas traducións do grego ao galego. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Impresor, redactor e administrador de El socialista (1886-1903), foi membro (1894-1899) e secretario (1899-1903) do comité nacional do PSOE. Expulsado do partido ao aceptar un traballo no Ministerio de Fomento, desenvolveu unha tarefa importante como historiador do movemento obreiro. Escribiu Jaime Vera y el socialismo (1918) e El partido socialista obrero (1918). Volveu ao PSOE en 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario mexicano. Sacerdote, en 1810 uniuse á revolta de M. Hidalgo. Proclamou a independencia mexicana (1813) en Chipalcingo, e unha constitución liberal en 1814, pero pouco despois os realistas sufocaron a revolta. Morreu fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou a pintura de temática histórica e literaria, así como o retrato. Da súa obra destacan El príncipe de Viana, Don Quijote e os retratos oficiais de Afonso XIII e da Reina Victoria Eugenia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte. As súas preocupacións políticas reflíctense nos seus estudos sobre arte contemporánea, dos que destacan La última vanguardia (1967) e Autocrítica del arte (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Discípulo de Conrado del Campo, a súa produción sinfónica comprende a Simfonia d’estampes llevantines, a Sinfonía Esopo (1972) e varias obras de cámara. Recibiu o Premio Nacional de Música en 1928 e 1934.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Conviviu nos seus tempos de estudante con membros da Xeración do 27, e a súa formación liberal levouno a un estilo cheo de imaxinación sen caer no sentimentalismo. Publicou os libros Garba (1913), Evoluciones (1918), Carambas (1931) e La noche del verbo (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Morquecho, amosou por primeira vez a súa obra en Pontevedra en 1972. Formou parte do grupo Nome e residiu en Nova York. As súas primeiras obras achegáronse ao fauvismo, ao impresionismo e á pintura de Goya. Interesado pola natureza, comezou a destacar como paisaxista. A mancha é solta e rápida pero as súas obras tamén amosan o dominio do debuxo. As cores son vivas e brillantes como o verde, o amarelo ou o prateado, das que se desprenden a luz e coas que lles deu ás obras certa sensación de acuosidade. Da súa produción destacan Recordos (1993) e Petouto (1993) e as paisaxes realizadas durante a súa estancia en Nova York. Realizou exposicións individuais en Galicia e España e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, na Colección Caixanova e noutras coleccións galegas e españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Coronel desde 1929, ao producirse o alzamento militar franquista era xefe da escola de ximnasia de Toledo. Adheriuse e pechouse no alcázar desta cidade cunha guarnición integrada por garda civís, onde resistiu (22 de xullo-28 de setembro 1936) ata que José Enrique Varela Iglesias obrigou as forzas republicanas a levantar o asedio. Capitán xeral de Catalunya (1943-1945), Franco outorgoulle (1948) o título de conde do Alcázar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e humorista. Coñecida como Sex, foi unha das primeiras mulleres que realizou humor gráfico en xornais e publicacións en España. Destacan as súas colaboracións en La Voz de Galicia e a creación do seu personaxe “Sir Ope de Buxo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Luís Mosquera Gómez. A súa pintura pode cualificarse como realista, aínda que recorre á subxectividade e engade simboloxías á obra. En canto á temática, mestura a tradición coa actualidade. Da súa obra destaca Nocturno (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, marqués de La Fayette. Foi comandante da Garde National de París (1789) e liderou o grupo de políticos moderados que intentou, sen éxito, un compromiso coa monarquía. Finalmente, enfrontouse co pobo no fusilamento do Camp de Mars (17 de xullo de 1791), feito que lle fixo perder definitivamente a popularidade. Na época da Restauración, foi unha das cabezas visibles do liberalismo e interveu nas accións que levaron á Revolución de 1830.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Foi xefe de orquestra da Academie Royale de Musique (1914) e colaborou durante 20 anos co Nouveau Théâtre Italien du Palais-Royal. Compuxo óperas cómicas, motetes, sinfonías, o ballet Les fêtes de Thalie (1714) e as óperas Les amours des dieux (1727) e Le triomphe des sens (1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Estudou na Columbia University, onde obtivo o doutorado en 1916 sobre o entrecruzamento xenético. Contribuíu á localización cromosómica de moitos xenes e foi un dos creadores da xenética moderna. Demostrou que a irradiación con raios X aumenta a taxa de mutacións nos organismos, o que serviu para apoiar que as mutacións, xunto coa selección natural, son as bases da evolución. En 1946 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, polos seus estudos sobre mutacións inducidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Deuse a coñecer con Torna un home (Premi Maragall, 1955), se ben a súa obra máis importante é Antígona 66 (Premio J. M. de Sagarra, 1965), en que desenvolve o mito cunha intención cívica. Tamén presentou os espectáculos Somni de mala Lluna (1991, Premi de la Crítica Serra d’Or 1992) e Anar i tornar de la taverna Pilsen (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Iniciou a súa andaina con Versos de retorno (1929) e coa creación da publicación Nueva Revista. Relacionado cos poetas Azorín, J. R. Jiménez e Pedro Salinas, da súa obra cómpre salientar Ardiente jinete (1934), a prosa poética Las musarañas (1957) e Objetos perdidos (1988, Premio Nacional de Poesía). Recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana en 2002 polo conxunto da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Antonio Murado, as súas pinturas movéronse entre a figuración expresionista e a abstracción, incluíndo o tratamento de xéneros artísticos tradicionais, que se reflectiron nas series Árbores, Marañas ou Perspectivas. Nos seus lenzos, de gran formato, as figuras, paisaxes e naturezas mortas representan unha excusa para a investigación continua sobre a percepción e a representación. Destaca o seu lenzo Susana e os vellos (1989) e as súas ilustracións nos libros Bestiario de descontentos e De soños e derribos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián estadounidense. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou a interesarse polo campo dos transplantes e practicou implantes de pel aos soldados feridos. A principios da década de 1950 comezou a experimentar con transplantes de ril en cans, e en 1954 realizou o primeiro transplante renal entre dous irmáns xemelgos; posteriormente foi pioneiro na práctica desta técnica en receptores sen parentesco cos doadores e, máis adiante, no emprego de riles de cadáver. Tamén conseguiu progresos na utilización de fármacos e radiacións ionizantes para controlar o rexeitamento do órgano transplantado. En 1964 organizou e puxo en marcha o primeiro rexistro internacional para transplantes de riles. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1990), xunto con E. D. Thomas, polos seus descubrimentos no ámbito do transplante de órganos e células nos seres vivos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo dedicado á olaría, situado no pazo das Torres de Santa Cruz (Oleiros). Os seus fondos, doados polo matrimonio José María Kaydeda e Teresa Jorge, constitúen unha mostra de olaría procedente de toda España. Anualmente o centro organiza a Semana de Alfarería Española.
-
PERSOEIRO
Médico e polígrafo. En 1761 foi a Santa Fe como médico do vicerrei. Dirixiu a famosa Expedición Botánica, base da monumental Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO