"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

    1. Inflamación de diversas raíces nerviosas espiñais.

    2. polirradiculoneurite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma aguda de polirradiculite, rapidamente progresiva, que presenta debilidade muscular e lixeira perda da sensibilidade que se inicia con frecuencia despois dun proceso infeccioso banal. OBS: Tamén se denomina síndrome de Guillain-Barré e polirradiculite aguda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo lineal formado por unha molécula de RNA mensaxeiro e ribosomas, e que ten un papel moi activo na síntese dos polipéptidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento musical que emprega ritmos diversos e simultáneos nas diferentes voces ou partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten varias raíces.

    2. Aplícase ao verbo que forma os tempos a partir de temas procedentes de raíces diferentes (como no latín FERO/ TULI/LATUM, ou en galego vai/irá), así como os verbos que, aínda formando o tempo a partir de temas que proceden dunha mesma raíz, aparecen, emporiso, diferenciados, a causa das transformacións fonéticas que experimentan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cidade-estado na Grecia clásica. Constituíu o medio esencial de desenvolvemento e expansión da civilización grega ata a época do helenismo. A unificación entre o núcleo urbano e o campo, característica esencial da polis arcaica e clásica, non se acadou ata a segunda metade do s VII a C. A súa estrutura comportou unha agrupación urbana, xeralmente instalada ao pé dunha acrópole, as terras propiedade dos cidadáns particulares, os campos sen cultivar e as fragas. Socialmente caracterizouse pola existencia dun grupo de cidadáns con todos os dereitos, dun grupo de estranxeiros sen dereitos, pero libres, e dun terceiro grupo, os escravos, privados de liberdade e que en teoría non gozaban de dereito ningún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbohidrase que cataliza a hidrólise dos polisacáridos. OBS: Tamén se denomina poliase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos polisacáridos.

    2. Polímero formado por cadeas moi longas de monosacáridos lineais ou ramificados. Divídense en homopolisacáridos e heteropolisacáridos, segundo estean formados por un só tipo de monosacárido ou por varios (como o ácido hialurónico). Ten dúas funcións principais: algúns (como o amidón) fan de almacén de combustible e proporcionan enerxía para a actividade celular; outros son elementos estruturais extracelulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao microorganismo saprobio que habita en medios que conteñen unha cantidade abundante de materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frente Polisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que se emprega na transiluminación para iluminar as cavidades do corpo.

    2. Cristal de moitas caras que reflicte varias imaxes dun mesmo obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun signo lingüístico de ter máis dun significado, por exemplo, ollo, coroa, banco, cabeza. Por unha banda, oponse a monosemia; pola outra, a homonimia. A distinción xorde no transcurso histórico das palabras: unha palabra polisémica foi adquirindo varios significados máis ou menos analoxicamente; dúas palabras homónimas proveñen de etimoloxías distintas, pero chegaron a coincidir formalmente por evolución fonética (ameixa ‘molusco’/ ameixa ‘froita’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á polisemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta moitos sépalos libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación de varias membranas serosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos polisílabos.

    2. Que está formado por dúas ou máis sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por dúas ou máis sílabas.

    2. Palabra que está formada por dúas ou máis sílabas. Segundo o número de sílabas que a compoñan, a palabra polisílaba recibe os nomes particulares de bisílaba, trisílaba, tetrasílaba, pentasílaba, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica sistemática dos compostos de natureza polimérica coa cadea principal constituída polo agrupamento atómico -Si-O-. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucesión encadeada de siloxismos.

    VER O DETALLE DO TERMO