"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

    1. Universo das cousas reais e espirituais que, na filosofía helenística, se opón ao mundo da irrealidade material. O termo foi empregado por san Paulo para referirse á plenitude do ser divino e do ser creado en Xesús Cristo glorioso, e foi recollido polos gnósticos valentinianos do s II, co significado da ‘totalidade das virtudes da segunda divindade’, en orde á manifestación de Deus.

    2. Parte axial do ápice vexetativo do talo e da raíz, integrada polas células meristemáticas que orixinan o cilindro central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome que se manifesta con inflamación e atrofia da mucosa da hipofarinxe e coa formación dunhas membranas facilmente rompibles na parte alta do esófago. É causa de disfaxia en mulleres con anemia ferropénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sublevación popular contra os xudeus que tiveron lugar en Rusia. Foron especialmente intensas ao longo do s XIX e a comezos do s XX.

    2. Asasinato de persoas indefensas por unha multitude enfurecida, frecuentemente seguido de roubos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Supervivente do gueto de Cracovia, amosou a ironía e o sentido do absurdo en boa parte da súa obra. Dirixiu Noz w wodzie (O coitelo na auga, 1962), en que analiza as tensións humanas na sociedade socialista, Repulsion (1965) e Rosemary’s Baby (1968), que significou a súa estrea en Hollywood. O asasinato da súa muller Sharon Tate   (1969 )motivou o seu regreso a Europa. Da súa filmografía destacan Chinatown (1973), Tess (1979), Bitter Moon (1992), Dead and the Maiden (1994), The Ninth Gate (1999) e The Pianist (2002), con que obtivo a Palm d’Or do Festival de Cannes e o Oscar como mellor director.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de policromar.

    2. Que presenta varias cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicar a algo diferentes cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afinidade que ten un tecido por diferentes colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade de polícromo.

    2. Arte de completar con cores as obras arquitectónicas ou escultóricas. Pode ser decorativa, convencional ou realista.

    3. Procedemento gráfico empregado para reproducir orixinais en cor, que consiste na superposición de diversas imaxes monocromáticas. Obtéñense as diversas tonalidades do orixinal graduando a cantidade de luz branca en cada zona de cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que ten lugar cando un corpo transparente presenta cores diferentes segundo a dirección en que penetra a luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten varias cores ou que está decorado con varias cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á forza que actúa sobre un dieléctrico sometido á acción dun campo eléctrico non uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma non pneumótica de lexionelose que se manifesta como un síndrome febril agudo que desaparece por si só aos 2-5 días. OBS: Tamén se denomina febre de Pontiac.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excrecencia que se orixina por unha calosidade da pel.

    2. Aumento da dureza dun tecido orgánico a causa dunha inflamación nunha rexión anatómica determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico e cultural que seguiu o romanticismo e que conservou algúns dos seus caracteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao posromanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadro caracterizado por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e unha forte diminución das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao período artístico anterior ao románico que comprende diversas formas e solucións artísticas e estruturais. Estendeuse desde Carlomagno ata a introdución do románico (ss IX e X), pero pode incluír a arte dos séculos precedentes desde antes da disolución do Imperio Romano de Occidente (s V). Presentou as variantes ostrogoda, lombarda, merovinxia, saxoa, visigoda, carolinxia, otónica, viquinga e irlandesa. Segundo os países, pódense atopar varias solucións artísticas, as de maior personalidade agrúpanse baixo as denominacións de arte carolinxia, asturiana e mozárabe, as dúas últimas na Península Ibérica. A arte carolinxia, de clara vontade monumentalista, ten as súas fontes na arte da antigüidade romana tardía e bizantina, como a capela palatina de Carlomagno en Aquisgrán (790-805). A arte asturiana, propia da monarquía asturiana, é unha reinterpretación das formas do mundo hispánico, romano tardío e visigodo. Destacan San Julián de los Prados (791-842), Santa María del Naranco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é anterior á época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente ideolóxica, artística e literaria que apareceu en Europa durante a segunda metade do s XVIII e na que agromaron as ideas que levaron ao romanticismo. Caracterizouse pola volta ás orixes, sexa aos clásicos, aos nórdicos ou á natureza, e ao sentimento, fronte ás academias e aos racionalismos. Das orixes clásicas grecorromanas partiron os principios da burguesía ascendente; as orixes nórdicas expresáronse na plástica pola volta á arte gótica; e a natureza expresouse plasticamente coa pintura de paisaxes e a moda dos xardíns de estilo inglés. No ámbito literario déronse ademais as características de revolta, desesperación e melancolía, dentro dunhas tendencias formais que se aproximaban a posturas clásicas. Estas actitudes manifestáronse, en Inglaterra e Escocia, na obra de J. Thomson, Young, Richardson, nos pretendidos poemas de Ossián, publicados por Mcpherson, e nos poemas de Th. Gray, W. Collibs, W. Blake e R. Burns. Nos países xermánicos, baixo o influxo dos ingleses, de Diderot...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao prerromanticismo.

    2. Seguidor do prerromanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO