"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
GALICIA
Profesor e investigador. Licenciado e doutor en Filoloxía Clásica pola Universidad de Salamanca, é catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña. Director xeral de Universidades da Xunta de Galicia desde 1997, foi bolseiro da Deustcher Akademischer Austauschdienst e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou na recolleita da documentación latina de Galicia entre os ss VIII e XIV. Dirixe no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades o proxecto de elaboración do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Da súa produción destacan O primeiro espertar cultural de Galicia (1989), Exeria. Viaxe a Terra Santa (1991), Códice Calixtino: O libro do peregrino (1993) e Cultura, relixión e superstición na Galicia sueva: Martiño de Dumio “De correctione rusticorum” (1997). En 1994 recibiu o Premio Taboada Chivite de investigación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariedade de uva branca, de cor dourada, característica do Ribeiro de Avia.
-
Variedade de loureiro que ten a folla ancha e o seu froito é comestible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar que está poboado de loureiros.
-
-
-
Árbore perennifolia, dioica, de 2 a 15 m de altura, que presenta follas verde escuras oblongas-lanceoladas e aromáticas, flores pequenas brancas e froito en baga, ovoide e negro. Florece entre febreiro e maio, e os froitos maduran no outono. En Galicia é moi abundante e medra en barrancos húmidos, de forma natural ou cultivada, a carón das casas de campo ou en solos de cultivo abandonados. É de interese o bosque da illa de Cortegada (Pontevedra). As súas follas utilízanse como condimento e tamén ten tradición como planta medicinal e ornamental. Antigamente utilizábase na confección de coroas cerimoniais e de triunfo.
-
loureiro de santo Antón
herba de santo Antón.
-
loureiro de tres nervios [Cocculus laurifolius, Fam das menispermáceas]
Árbore ou arbusto, de ata 5 m de altura, que presenta follas alternas, enteiras, lanceoladas e con tres nervios marcados, flores pequenas e amarelas dispostas en acios e froito en drupa.
-
loureiro negro [Cordia gerascanthus, Fam das boraxináceas]
Árbore de ata 20 m de altura e 35 cm de diámetro, copa arredondada, fuste xeralmente irregular, coa cortiza externa cinsenta, con leves fisuras lonxitudinais e agretada en forma de malla. A cortiza interna ten un aroma agradable e as pólas son glabras, castañas, lenticeladas e verticiladas. As follas son simples, alternas, glabras agrupadas ao final das pólas, lanceoladas ou elípticas. As flores preséntanse en cimas paniculadas, terminais e brancas, e os froitos son drupáceos e teñen unha soa semente. É orixinaria de México, Costa Rica, Colombia e Las Antillas. Florece entre xaneiro e marzo, e os froitos están presentes en marzo e abril. Medra en bosques secos caducifolios, desde o nivel do mar ata os 300 m de elevación, xeralmente en lombas e áreas planas ben drenadas, cunha precipitación inferior aos 1500 mm anuais. A súa rexeneración é moi lenta. A madeira é moi apreciada e emprégase en artesanía e construción.
-
loureiro real [Prunus laurocerasus, Fam das rosáceas]
Árbore de ata 8 m de altura, que presenta follas elípticas, coriáceas e brillantes, flores brancas dispostas en acios e froito en drupa de cor negro. Natural das terras próximas ao Mar Negro, plántase a miúdo en parques e xardíns. OBS: Tamén se denomina falso loureiro.
-
-
Decoración en que se reproducen as follas ou ramas do loureiro.
-
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Argozón (Chantada) e Santa Baia de Camba (Rodeiro). O seu cumio acada os 1.076 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente do Landro pola dereita que nace na parroquia do Monte (Xove) e desemboca na de Chavín (Viveiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas escudo cortado: primeiro, de azul, con dous crecentes de prata; segundo, de prata, cun pau de goles, entre dúas caldeiras de sable, unha en cada flanco.
-
GALICIA
Praia urbana moi frecuentada por residentes da zona, situada no Concello de Bueu.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 300 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA... -
GALICIA
Escritor, xornalista e documentalista. Interesado na antropoloxía visual e na relación entre linguaxe fotodocumental e literaria, é autor dos libros de narrativa Morgado (1997), O corazón portugués (2000, finalista do Premio Internacional de Novela Eixo Atlántico) e a biografía Carlos Casares (2003). Ademais, elaborou os libros de fotografía Aceiro sobre a auga (1991) e As Pontes (1992), e a entrevista Carlos Casares, nove retratos e unha conversa inacabada (2002). Tamén destacan dous relatos nos libros colectivos Materia prima (2002) e A semente aquecida da palabra (2003). Recibiu o Premio Caminhos da Memoria (2001) polo ensaio fotográfico A escura terra de Escandoi.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de baloncesto. Xogou no OAR de Ferrol, do que foi adestrador. Gañou o campionato de España de 3ª (1978-1979) e seis edicións da Copa de Galicia. Xogou doce tempadas na ACB e foi internacional Sub 23.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Milleirós (Pol) e Martín (Baleira). O seu cumio acada os 813 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado no lugar de Erbello, na parroquia de Aldán (Cangas). Está realizado nunha rocha plana, que se podería datar no Bronce Final. Ten varias covas e unha figura antropomorfa con casco con cornos, espada e escudo redondo.
-
PERSOEIRO
Militar portugués. Loitou na Guerra Colonial en Guinea (1969-1971). Foi capitán nos Açores (1974) e membro activo do Movimento dos Capitães e da Comissão política do MFA. Nomeado para o Conselho de Estado o 24 de xullo de 1974, integrouse posteriormente na estrutura do Conselho dos Vinte. Membro do Conselho da Revolução desde marzo de 1975 ata a súa extinción en 1982, pasou á reserva como tenente-coronel (1988) e formou parte da dirección da Associação 25 de Abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre as praias de Agrocovo e Somorto na parroquia de Esteiro (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciouse en diversos espectáculos coa Escola Dramática Galega. Co CDG participou en diversas obras, como Agasallo de sombras (1984), Caderno de bitácora (1985), Espectros (1988), As alegres casadas (1989) e Valle-Inclán 98 (1998). Tamén realizou traballos con Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste e Teatro da Salamántiga. Colaborou como axudante de dirección no espectáculo Os vellos non deben de namorarse, realizado polo CDG, e dirixiu varios traballos coas compañías Alba Teatro e Teatro do Noroeste. Traballou en cine e televisión, como a serie A familia Pita.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, ensaísta e dramaturgo. Foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do s XX. En 1885 fundou en La Habana A gaita gallega, o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. En 1916 participou na Irmandade da Fala da Coruña, foi membro do Seminario de Estudos Galegos e foi cofundador e presidente (1934-1935) da Real Academia Galega e do sindicato Solidaridad Gallega. Como membro do consello executivo do Partido Galeguista, formou parte da comisión redactora dos estatutos da organización e do anteproxecto do Estatuto de Autonomía (1932). Participou tamén na posta en marcha da Escuela Regional Gallega de Declamación, a primeira compañía teatral en lingua galega, coa que estreou algunhas das súas pezas máis destacadas. Da súa produción destacan Soidades (1894), Noitebras (1901), Versos de loita (1919), Ardencias (1927) e As Mariñas de Sada (1928). Como dramaturgo é autor de dramas rurais...
VER O DETALLE DO TERMO