Loureiro, laxe do outeiro do río

Loureiro, laxe do outeiro do río

Gravado rupestre situado no lugar de Erbello, na parroquia de Aldán (Cangas). Está realizado nunha rocha plana, que se podería datar no Bronce Final. Ten varias covas e unha figura antropomorfa con casco con cornos, espada e escudo redondo.