Loureiro Calvo, Xosé Ramón
Loureiro Calvo, Xosé Ramón
Escritor, xornalista e documentalista. Interesado na antropoloxía visual e na relación entre linguaxe fotodocumental e literaria, é autor dos libros de narrativa Morgado (1997), O corazón portugués (2000, finalista do Premio Internacional de Novela Eixo Atlántico) e a biografía Carlos Casares (2003). Ademais, elaborou os libros de fotografía Aceiro sobre a auga (1991) e As Pontes (1992), e a entrevista Carlos Casares, nove retratos e unha conversa inacabada (2002). Tamén destacan dous relatos nos libros colectivos Materia prima (2002) e A semente aquecida da palabra (2003). Recibiu o Premio Caminhos da Memoria (2001) polo ensaio fotográfico A escura terra de Escandoi.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sillobre, Fene