"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • Nomós da rexión de Peloponeso, Grecia, situada entre os golfos de Kiparissia e Kalámata (2.991 km2; 166.964 h [1991]). A capital é Kalámata (42.075 h [1981]). Na Antigüidade poboárona tribos de estirpe arcádica. As Guerras Mesenias provocaron a súa submisión a Esparta e a partir deste feito, intentaron fundar algunhas colonias para fuxir, sen éxito, do dominio espartano. Despois da Batalla de Leutra (371), no ocaso da idade romana, obtivo a plena autonomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro aeronáutico alemán. Estudou enxeñaría en Múnic e despois de deseñar veleiros e planadores, dedicouse á fabricación de avións civís en Bamberg. A partir de 1927 foi enxeñeiro principal en Bayerische Flugzeugwerke AG, que contribuíu á creación dos cazas alemáns. Despois da guerra, traballou no Estado español na empresa CASA. En 1969 construíu en Alemaña a Messerschmitt-Blohm GmbH.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Comezou a súa carreira como dianteiro no ano 1995 co Newell's Old Boys, onde xogou ata 2000. Con trece anos incorporouse ao Barcelona, onde empezou en Infantil A e foi ascendendo rapidamente ata o primeiro equipo, no que debutou con só dezaseis anos. Participou no Mundial sub 20 de Holanda 2005, no que a súa selección acabou como campiona e el como máximo goleador e mellor xogador. Pouco despois debutou na selección absoluta arxentina. Como xogador do Barça leva gañadas tres Ligas, dúas Ligas de Campións e unha Copa do Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico francés. Estudou no conservatorio de París e fundou o grupo La Jeune France, xunto con Y. Baudrier, A. Jolivet e D. Lesur. Pasou de ser un iconoclasta incomprendido a ser un autor mundialmente recoñecido. Destacan as súas obras Le banquet céleste (1928), Quatuor pour la fin des temps (1941), o oratorio La Transfiguration (1969), a ópera Saint François d’Assise (1983), o Livre du Saint Sacrement (1984) e Petites esquisses d’oiseaux (1986) para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oratorio en tres partes composto por Georg F. Haendel e estreado o 13 de abril de 1742 no New Music Hall de Dublín. Baseado en textos bíblicos do Antigo e do Novo Testamento, na súa composición o autor mesturou formas tradicionais de obras relixiosas con elementos operísticos da época. Da partitura cómpre salientar o famoso coro do Hallelujah!

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Descubriu 21 cometas e elaborou un catálogo que contiña a posición de 300 obxectos de aspecto nebuloso. A primeira colección foi publicada 1770 e en 1781 apareceu a última versión. Os obxectos deste catálogo desígnanse mediante a letra M seguida dun número correlativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada no NL da illa de Sicilia, Italia (236.621 h [2001]). A cidade emprázase, en forma de anfiteatro, sobre unha baía do estreito de Messina. A actividade do seu porto, noutros tempos importante, redúcese ao transporte de viaxeiros á península. Antiga Zancle, fundada por piratas de Cumas, pasou ao poder dos samnitas e, no s V a C, dos mesenios, que lle deron o nome actual. En 289 a C, foi conquistada polos marmetinos, que na loita contra os cartaxineses, pediron axuda aos romanos, que tomaron a cidade e se converteron nos seus aliados. Dominada desde 468 polos vándalos e, posteriormente, polos ostrogodos, foi conquistada (531) por Belisario. Dominada polos árabes (842) e polos normandos (1061), en 1282 tomou parte nas Vésperas Sicilianas. Do seu patrimonio cultural destacan a necrópole romana (ss II-III) e diversos templos cristiáns, a catedral a igrexa da Annunziata dei Catalani (s XI) e a de Santa Maria la Cattolica, situada sobre un panteón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Sicilia (3.248 km2; 641.753 h [2001]). A súa capital é Messina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional que se celebrou o 1 de marzo de 1955 en que participaron os ministros dos sete países pertencentes á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). Estableceron as bases para o Tratado de Roma (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa Sicilia da Península Itálica e comunica os mares Tirreno e Xónico. Supuxo sempre un perigo para a navegación, que se reflectiu na mitoloxía cos monstros Caribdis e Escila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Maurolico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso do Mioceno Superior, entre o Plioceno Inferior e o Tortoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Messiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista italiano. Abriu numerosos itinerarios no Mont Blanc, nos Dolomiti e nos Andes, pero destacou polas súas ascensións ao Himalaia, onde conseguiu catorce cimas de máis de 8.000 m, en solitario e sen osíxeno. Escribiu, entre outros, os libros Alleingang Nanga Parbat (1979), Überlebt-Alle 14 Achttausander (1999) e Annapurna (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor francés. Empezou a súa traxectoria no teatro para logo facer papeis no cine. Da súa filmografía destacan Les Diaboliques (1955), L’armée des ombres (1969), Les Voraces (1973) e Le Gitan (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Čel’abinsk, Rusia, situada á beira do río homónimo (167.000 h [1997]). Conta cunha fábrica de camións e aparatos electrónicos ademais de industria madeireira e de extracción de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding industrial francés fundado en 1863 polos irmáns André e Édouard Michelin. Agrupa máis de 80 empresas distribuídas en diversos países, dedicadas principlamente á fabricación de pneumáticos e cubertas de caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi xeneral desde 1971, comandou a división acoirazada Brunete (1974-1978) e asumiu a capitanía xeral da III Rexión Militar (València). Codirixiu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e decretou o estado de excepción na Comunitat Valenciana. Foi arrestado e condenado a 30 anos de prisión e exclusión do exército, e en 1990 foi posto en liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. Coñecida como Agatha Christie, especializouse en novelas de misterio que tiveron unha gran difusión en todo o mundo. Creou a figura do detective belga Hercule Poirot, xa na súa primeira obra, The Mysterious Affair at Styles (1920), e a da investigadora privada Miss Marple (Murder at the Vicarage, 1930). Da súa produción tamén destacan The Murder of Roger Ackroyd (1926), Murder on the Orient Express (1933), Ten Little Niggers (1939), Witness for the Prosecution (1953) e Curtain (1975). Foi autora de obras de teatro como The Mousetrap (1952), que é o espectáculo que máis anos leva en cartel no mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Empregou o dialecto labortano clásico, culto, pero descoñecido para a maioría dos falantes de éuscaro. O seu labor poético comezou en 1950 e colaborou en diversas revistas e xornais, como Euzko Gogoa, Euzko Deia, Gernika, Egan ou Irrintzi. Como narrador, destaca a súa novela Haur besoetakoa (A rapaza, 1970). Tamén destacou como tradutor e axudou a Jon Etxaide na preparación da obra Etahun’en bertsoak gipuzkeraz (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO