Messiaen, Olivier
Messiaen, Olivier
Músico francés. Estudou no conservatorio de París e fundou o grupo La Jeune France, xunto con Y. Baudrier, A. Jolivet e D. Lesur. Pasou de ser un iconoclasta incomprendido a ser un autor mundialmente recoñecido. Destacan as súas obras Le banquet céleste (1928), Quatuor pour la fin des temps (1941), o oratorio La Transfiguration (1969), a ópera Saint François d’Assise (1983), o Livre du Saint Sacrement (1984) e Petites esquisses d’oiseaux (1986) para piano.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Aviñón -
Deceso
Lugar : París