"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento nacionalista irlandés fundado en 1902 por Arthur Griffith, baixo o lema de Nós ou Nós mesmos. Concibido inicialmente como un partido monárquico e separatista que loitaba pola independencia de Irlanda con respecto a Reino Unido, en 1921 virou os obxectivos da súa loita co fin de conseguir a unificación das dúas Irlandas (Irlanda e Irlanda do Norte), despois de que Reino Unido recoñecera, en 1921, o Irish Free State. Para iso empregou unha política de axitación e violencia apoiada polo IRA, que culminou nun estado de guerra civil (1922-1923). Eamon De Valera separouse del para formar o Fianna Fáil (1926) e en 1970 dividiuse en dous grupos: oficiais (socialistas) e provisionais (nacionalistas radicais), que desde 1981 participaron no proceso electoral irlandés. A partir de entón converteuse no principal partido nacionalista de Irlanda do Norte. Conta con representación no Parlamento Europeo, desde as eleccións de 2004.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento idiófono de percusión feito xeralmente de bronce e con forma de copa invertida. Suspendido boca abaixo, soa ao ser percutido por unha peza interior chamada badalo ou por un martelo exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘seo’, ‘cavidade’.
-
-
Relativo ou pertencente a China e a Tibet, conxuntamente, e ás linguas sino-tibetanas.
-
Phylum de linguas do SL de Asia. Comprende linguas como o chinés, o tibetano, o birmano, o bárico e o carénico. Algúns autores tamén inclúen nela as linguas miao e yao, faladas en diversos lugares do SO de China. OBS: Tamén se denomina linguas indochinesas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao seo venoso e á aurícula do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección nos seos craniais e nos bronquios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao proceso ou enfermidade que non ten intermitencias, especialmente referido á febre continua sen remisións ben definidas.
-
-
Relativo ou pertencente a un sínodo.
-
Constitución prescrita por un sínodo.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao sínodo.
-
carta sinódica
Profesión de fe aprobada polo sínodo patriarcal, na Igrexa antiga e nas Igrexas Orientais, e que cada patriarca, unha vez elixido, enviaba aos outros.
-
-
Relativo ou pertencente a un sínodo ou conxunción, e ao tempo que transcorre entre dúas conxuncións sucesivas.
-
-
-
-
Reunión de bispos e teólogos que deciden ou lexislan sobre problemas eclesiásticos.
-
Asemblea anual de ministros e de conselleiros laicos na Igrexa valdense e noutras comunidades reformadas.
-
sínodo diocesano
Asemblea non permanente de ámbito diocesano, convocada e presidida por un bispo, -considerado como único lexislador-, que estuda os asuntos locais, lexisla e propón orientacións pastorais que afectan unicamente á súa diocese. A súa celebración foi prescrita polos concilios de Auxerre (511), Huesca (598) e Toledo (633 e 696) e, ao pasar ao Decreto de Graciano, converteuse en lexislación universal da Igrexa. Desde o IV Concilio de Letrán (1215) dispúxose a súa celebración anual en cada diocese, norma que foi recollida polas Decretales (1234) de Gregorio IX e precisada, na Península Ibérica, polos legados pontificios Juan de Abbeville e Guillermo Peyre de Godin. O Concilio de Basilea (1433) recolleu e elevou a rango de universal as normas que as igrexas particulares observaban sobre o sínodo diocesano. O Código de Derecho Canónico de 1917 estableceu que o sínodo se celebrase cada 10 anos e o de 1983 definiu o sínodo como unha asemblea de sacerdotes e doutros fieis...
-
sínodo episcopal
Consello permanente e representativo do episcopado católico cuxa función consiste en informar e asesorar o papa, quen ten os dereitos de convocalo e establecer o seu programa. Creado en 1965 polo Concilio Vaticano II, reúnese en asemblea xeral (para cuestións de interese universal), extraordinaria (para cuestións urxentes) e especial (para cuestións de rexións determinadas).
-
sínodo permanente/santo sínodo
Colexio episcopal que na Igrexa Ortodoxa goberna xunto ao patriarca cada unha das igrexas autocéfalas. Tivo plena consistencia a partir dos ss XII-XIII, e non é un simple consello, senón que se constitúe como un auténtico órgano de goberno.
-
-
Conxunción de dous planetas que se produce no mesmo grao da eclíptica ou no mesmo círculo de posición.
-
-
CONDADOS
Condado de Liberia (10.254 km2; 65.400 h [estim 1986]). A súa capital é Greenville (8.462 h [1974]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten as flores masculinas e femininas na mesma inflorescencia.
-
Aplícase ás briófitas que teñen os arquegonios e os anteridios envoltos por un mesmo invólucro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é especialista en sinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a lingua, a literatura e a civilización chinesas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación que existe entre dúas palabras con distinto significante que posúen o mesmo ou parecido significado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sinonimia ou aos sinónimos.
-
-
Que manteñen entre si unha relación de sinonimia. Hai autores que distinguen sinónimos totais ou absolutos, que teñen o mesmo significado en todos os contextos lingüísticos; e sinónimos parciais, mesmo significado en moitos contextos lingüísticos pero non en todos. Outros autores, como Leonard Bloomfield, consideran que a sinonimia total non existe, pois cada forma lingüística ten un significado constante e específico. Se as formas son fonoloxicamente diferentes, suponse que os seus significados son tamén diferentes, polo que se pensa que non existen verdadeiros sinónimos.
-
Aplícase ao nome científico dun taxon que, de acordo coas normas de nomenclatura botánica, non é correcto.
-
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo, en Costa do Mar Negro, Turquía (28.257 h [1997]). Nos ss VIII e VII a C foi colonia de Mileto e en 183-170 a C capital do Reino de Ponto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía situado na rexión de Costa do Mar Negro (5.657 km2; 221.236 h [1997]). A súa capital é Sinop.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite de Xúpiter descuberto en 1914 polo astrónomo estadounidense S. B. Nicholson. É o satélite máis externo de Xúpiter, cun diámetro de 36 km, un raio orbital duns 23,7 millóns de kms e un movemento orbital retrógrado.