"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Parálise que afecta ás catro extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Uso dos poderes da divindade en favor do home. Pode presentar uns aspectos francamente máxicos, ou ben pode estar relacionada coa mística extática.

    2. Obra de Deus a través das accións litúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de coñecementos relativos ao papel timbrado do Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo que se basea na clasificación de tipos.

    2. Clasificación dos obxectos ou fenómenos artísticos en esquemas xenéricos ou tipos, de acordo con certas analoxías formais ou funcionais establecidas, que non prexulgan o valor estético nin a definición histórica. En arquitectura, xeralmente é relativa á función, e máis a miúdo á configuración, da planta e dos sistemas construtivos e da decoración. En todas as épocas da historia da arte pódese distinguir unha gran cantidade de constantes tipolóxicas en moitos niveis: tipos de composicións, tipos de figuras, de actitudes e de estados de ánimo ou de expresión facial, tipos proporcionais, tipoloxías imaxinarias ou indicacións ambientais tipificadas.

    3. Interpretación bíblico-teolóxica que se basea na correlación de tipos e antitipos.

    4. Doutrina dos tipos.

    5. Sistema de clasificación de individuos en tipos físicos ou psicolóxicos. Estas tipoloxías pódense reunir en tres grupos: as que relacionan a constitución física e o carácter, as psicoanalíticas e as fundamentadas na análise factorial.

    6. Descrición e clasificación das linguas en función de certos caracteres escollidos previamente e das afinidades que resultan. Todos os trazos lingüísticos poden contribuír ao establecemento dunha tipoloxía lingüística. A clasificación tipolóxica máis usual divide as linguas en illantes, aglutinantes e flexionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñecemento das comunicacións dos médiums obtidas por medio dos golpes que dan as patas dunha mesa, aos que se dá un significado, de acordo cunha convención alfabética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que estuda a tise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • obstetricia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que comprende a tocoloxía e a xinecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte das matemáticas que estuda as propiedades dos conxuntos dos puntos da recta, do plano, do espazo ou do espazo de dimensións superiores, que non son alteradas polas transformacións continuas. Son propiedades xeométricas que non dependen de ningunha magnitude, senón unicamente da posición relativa dos puntos. O teorema de L. Euler dos poliedros, levou durante 100 anos a un progresivo desenvolvemento da topoloxía. En 1847 Listing (1808-1882) escribiu a primeira obra dedicada a esta materia, que denominou topoloxía, e que pasou a ser unha rama case independente das matemáticas grazas á obra de Poincaré (1854-1912), obra que continuaron, especialmente, Brouwer e Alexander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia análoga á albumina que ten a propiedade de provocar a produción de anticorpos capaces de neutralizar a súa toxicidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia de aplicación sanitaria que estuda os velenos, as pezoñas ou os tóxicos. Estuda a procedencia e a natureza, as propiedades físicas, químicas e biolóxicas, as vías de penetración no organismo, o metabolismo, así coma a patoloxía das intoxicacións, o tratamento dos intoxicados, a loita contra as intoxicacións e as cuestións legais, xurídicas e sociolóxicas relacionadas cos tóxicos. O uso de pezoñas foi moi divulgado no Renacemento, o que deu lugar á aparición, no s XVII, da toxicoloxía legal, para asesorar os tribunais. O primeiro tratado científico Traité des poisons ou toxicologie générale (1814-1815) foi publicado por Mateu Orfila e Rotger, grazas ao que a toxicoloxía alcanzou o nivel de ciencia. A toxicoloxía non só é unha ciencia que se ocupa de envelenamentos agudos individuais, senón que é tamén unha ciencia de interese colectivo que trata de intoxicacións, moitas veces crónicas, que inclúen campos tan variados como a toxicoloxía bromatolóxica, a...

    2. Parte da bromatoloxía e da toxicoloxía que estuda os posibles efectos tóxicos dos alimentos. Os efectos tóxicos dos alimentos poden ser debidos a moitas causas: contaminación bacteriana, por compostos químicos engadidos, contaminación natural, alimentos que se descompuxeron, compoñentes que se forman en animais ou plantas estacionalmente ou por causas ambientais, compoñentes habituais de alimentos sans que son tóxicos para algúns individuos ou substancias naturais canceríxenas en alimentos. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos romanos á rexión de máis alá do Oxus (actual Amudarja), correspondente á Sogdiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fixación cirúrxica do colo uterino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que estuda os traumatismos e os seus efectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que estuda o contacto entre superficies con movemento relativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hábito morboso de mastigar e mesmo comer os pelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de tres obras, especialmente dramáticas ou narrativas, que constitúen unha unidade.

    2. Conxunto de tres traxedias, no teatro grego que, seguidas dunha peza satírica, completaban a tetraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemiplexía que está acompañada de parálise dun membro do outro lado. OBS: A grafía <x> represéntase co son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de falar tropolóxica ou figurada.

    2. Esexese moral dun acontecemento ou figura da Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña, situado arredor da selva homónima, entre o río Werra ao O e o Weisse Elster ao L (16.172 km2; 2.431.000 h [estim 2001]). A súa capital é Erfurt. Habitada pola tribo xermánica dos turinxios (s IV), foi conquistada polos hunos (s V). Despois do 500 os turinxios estableceron un vasto reino desde as montañas Harz ata o Danubio, pero foron derrotados polos francos (531). En 908 a marca de Turinxia, erixida por Carlomagno contra os eslavos, foi tomada polo duque Odón I de Saxonia, cuxo fillo, o duque Enrique I de Saxonia foi rei de Xermania. Ao extinguirse a liña directa da dinastía saxoa (1024), os ludovinxios, por medio de Luís o Barbudo, controlaron Turinxia. O landgrave Enrique I de Turinxia foi elixido rei de Xermania, en oposición a Conrado IV (1246), mais morreu ao ano seguinte. No s XV Turinxia foi dividida entre a liña Ernestina de Saxonia, Hessen-Kassel e algúns pequenos estados. A República de Weimar creou o land de...

    VER O DETALLE DO TERMO