"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Tiro de canón.
-
Ruído que provoca o impacto dun proxectil lanzado cun canón.
-
-
-
Tiro de canón.
-
Ruído que provoca o impacto dun proxectil lanzado cun canón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disparar empregando un canón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disparar empregando un canón.
-
-
-
Aplícase á embarcación provista de canóns.
-
Barco de guerra armado con canóns, especialmente concibido para misións de vixilancia de costas, ríos e lagos, escolta de convois e bombardeo de cidades. Desde a Segunda Guerra Mundial foron substituídos polas fragatas e as corvetas.
-
lancha canoneira
Lancha provista de canón, morteiro ou obús empregada en combates a curta distancia. Utilizouse desde o final da Idade Media ata o s XIX.
-
-
Persoa encargada de disparar os canóns.
-
Fabricante de canóns. O oficio de canoneiro xurdiu na segunda metade do s XV e inseríase no mesmo gremio dos demais artesáns metalúrxicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de canonear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de canonear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade de clérigos que se rexen por unha regra ou canon, chamados cóengos ou clérigos regulares. A evolución das canónicas divídese en catro períodos separados polas reformas carolinxia (ss VII-IX), gregoriana e agostiña (s XI) e a secularización de 1592. A partir do s IV, continuando o antigo presbiterio, pódese falar de comunidades presididas polo bispo. Desde a época carolinxia, a canonica institutio, que recollía e ampliaba a Regula vitae communis (751-755), serviu de norma para todas as canónicas do Imperio, norma que o Concilio de Aquisgrán (816) fixo obrigatoria, de aí o nome de canónicas aquisgranesas. Segundo este acordo estáballes permitido aos cóengos a posesión de bens privados. A reforma gregoriana, consecuencia da reforma eclesiástica xeral (1060-1090), débelle o seu pulo a Hildebrand, futuro Gregorio VII (1073-1086), e culmina no pontificado de Urbano II (1088-1099). No 1166 introduciuse o ordo novus canonical de Norberto...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos cóengos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coenxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é canónico.
-
-
-
Conforme ou relativo aos canons ou disposicións da Igrexa.
-
Acorde coas normas do dereito eclesiástico.
-
Relativo ou pertencente ao canon das Sagradas Escrituras.
-
dereito canónico
dereito canónico.
-
-
Que se axusta ás características dun canon ou dunha norma determinados.
-
-
Aplícase a toda función ou ecuación que reúne as condicións de simplicidade formal, simetría e independencia respecto aos eixes de coordenadas escollidos.
-
ecuacións canónicas do movemento
Ecuacións de Hamilton.
-
transformación canónica
Transformación baixo a que as ecuacións do movemento conservan a súa forma canónica. As transformacións canónicas son de grande importancia en mecánica teórica, xa que permiten pasar das ecuacións de Hamilton ás de Hamilton-Jacobi.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que, nalgúns países de Europa, vive nunha comunidade relixiosa na que non se fan votos solemnes.
-
-
Persoa especializada nas normas do dereito canónico.
-
Estudiante de canons.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser canonizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de canonizar consistente nun acto solemne onde o papa declara que un membro defunto da Igrexa Católica, xa previamente beatificado, debe inscribirse no canon dos santos e recibir culto público, sinalando unha data para a súa conmemoración anual. Na Igrexa primitiva, o culto aos mártires e aos confesores a partir do s IV, estaba regulado polos bispos e polos sínodos. Desde o papado de Alexandre III (1159-1181) determinadas canonizacións reserváronselle á xurisdición da Santa Sé, e con Sisto V (1585-1590) os procesos de canonización pasaron a ser competencia da Congregación de Ritos. O procedemento vixente segue as normas de Urbano VIII (1634) e de Bieito XIV (1734), actualizadas por Xoán Paulo II (1983). O bispo abre un proceso diocesano que se envía a Roma para que a Congregación das Causas dos Santos a examine. En caso de informe favorable, o papa concédelle ao candidato o título de venerable e inicia a súa beatificación. Durante este proceso contrapóñense o promotor da...
-
-
Proceder á canonización dalgunha persoa.
-
Cualificar con eloxios, ás veces excesivos e de xeito inxustificado, unha persoa ou cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación do brazo occidental do Nilo, á beira do que se asentaba a cidade de Canopo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade situada no brazo occidental do delta do Nilo, preto da actual Abū Qīr. Foi un centro da industria de ungüentos e lugar de lecer de Alexandría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, epónimo de Canopo (Baixo Exipto), cidade á que chegou como piloto de Menelao na Guerra de Troia e onde encontrou a morte por mor dunha mordedura de serpe.