"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Poema longo publicado en 1950 por Pablo Neruda, pseudónimo de Neftalí Ricardo Reyes Basoalto. Constitúe unha crónica do continente americano desde as civilizacións indíxenas ata a época da súa redacción e poetiza a vida errante e clandestina dun home, o propio Neruda, como un canto aos seus compatriotas anónimos, á fraternidade cos oprimidos e cos humildes e á vasteza de América. Ten a súa orixe nun Canto general de Chile concibido como un longo poema épico con elementos descritivos e líricos. A nova versión transcendeu os límites iniciais e deu cabida a un catálogo pormenorizado de ríos, plantas, paxaros, apelidos, heroes da patria ou nomes de portos. Articúlase como unha versión moderna do saber enciclopédico, na medida en que reúne múltiples temas, xéneros e técnicas a partir dun tema central: América. Cómpre mencionar ademais a pegada das Crónicas de Indias e da tradición poética especificamente hispanoamericana, sobre todo das Silvas americanas (fragmentos do poema incompleto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cerralleiro. Traballou en Santiago de Compostela. En 1613 foi nomeado reloxeiro do Colexio de Fonseca. En 1615 realizou unha rella para a catedral compostelá e en 1618 traballou no pazo de Gonzalo de Valladares Sarmiento en Fefiñáns (Cambados).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Medina del Campo, Valladolid s XVII) Impresor. En Santiago de Compostela imprimiu en 1660 o libro Los Páramos, de Cazalans, e en 1683 o Espejo Seráfico, do P. Díaz. Coa axuda do seu irmán José del Canto y Sierra imprimiu en 1668 o Sermón fúnebre, predicado polo cóengo de Tui Antonio Tubia y Vallejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello do Grove. Constitúe o extremo setentrional da península do Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das vinte e seis unidades político-administrativas confederadas da Confederación Helvética.

      2. Circunscrición administrativa de primeira orde de Luxemburgo.

    1. Ruptura da pendente que enlaza a plataforma co talude continental e que adoita estar situada preto da isóbata de 200 m baixo o nivel do mar.

      1. Cada un dos puntos do campo situados nos seus catro ángulos: o cantón destro da cabeza, o cantón sinistro da cabeza, o cantón destro da punta e o cantón sinistro da punta.

      2. Peza rectangular que ocupa un dos ángulos do escudo e que é un pouco menor ca a cuarta parte deste. Adoita ocupar o ángulo primeiro (cantón destro) da parte superior, aínda que tamén pode ocupar o segundo (cantón sinistro). Cando ten a forma dun cuarto de circunferencia chámase cantón redondeado.

      3. Cada un dos catro espacios baleiros que deixa nun escudo a cruz ou aspa.

      4. cantón-faixa

        Peza composta resultante da unión dun cantón destro e dunha faixa.

      5. cantón de honor

        franco cuartel.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón, moi tupido, con ligamento de sarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ATOLOS

    Atol de Kiribati, Polinesia, no arquipélago das Phoenix. Xunto con Enderbury, formou, de 1939 a 1979, un condominio angloamericano ata que nesa última data se incorporou á República de Kiribati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Guangdong, na rexión do Centro-sur, China (2.914.281 h [1990]). Situada á beira do delta dos ríos Xi, Bei e Dong, a cidade esténdese ao longo da beira esquerda do río Zhu, aínda que a área urbana comprende outros núcleos máis arredados, como Huang-pu (Whampoa), porto para barcos oceánicos. Actualmente, estase a producir unha forte expansión da industria moderna. Entre os monumentos históricos de Cantón cómpre destacar: na parte occidental, o Liu rong si (479), o templo Guang Xiao si (s IV) e, na parte oriental, o Zhen hai lou (1380), sede do museo histórico. Cantón, posesión do imperio chinés desde o s III a C, foi durante a dinastía Han centro do estado autónomo de Nanyue. Na dinastía Tang (618-907) a cidade converteuse no primeiro porto de chegada dos comerciantes hindús e árabes, pero a prosperidade da cidade data da época Song (900-1279). Foi tamén o primeiro porto chinés visitado regularmente polos europeos: os portugueses chegaron alí no 1514, os ingleses estableceron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baños de Molgas baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nas representacións heráldicas, dise das pezas principais do escudo cando van acompañadas doutras iguais colocadas en cada cantón. Aplícase, especialmente, á cruz ou aspa acompañada doutras figuras nos catro cantóns.

    2. Dise do bordo cando os catro cantóns levan un esmalte diferente ao seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que pretende organizar a sociedade en cantóns federados, que substitúan a organización estatal. Foi especialmente importante en España e Suíza na segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cantonalismo.

    2. Partidario ou defensor do cantonalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento que tivo lugar en diversos lugares de España (Comunitat Valenciana, Andalucía, Murcia e Galicia) en xullo de 1873, co obxecto de instaurar un réxime federal nos antigos estados históricos, provincias e municipios (os cantóns). O goberno republicano de Pi i Margall adiou a instauración da república federal, a pesar dos votos favorables nas Cortes, e impulsou os sectores federais intransixentes a lanzarse á proclamación dos cantóns federais, que obrigaría ao poder a aceptar os feitos consumados. O punto de partida da revolución cantonal foi a retirada das Cortes, o 1 de xullo, da minoría intransixente, que comezou a revolución política e colaborou na formación dos cantóns. A insurrección iniciouse o 12 de xullo en Cartagena e estendeuse pola costa meridional mediterránea, onde predominaba o federalismo, e chegou ata Granada, Ávila, Salamanca, Andújar e Bailén. Pi i Margall dimitiu o 18 de xullo sendo substituído por Salmerón na presidencia do executivo republicano, feito...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de forma angular, de ferro ou aceiro perfilado en escuadra, moi empregada nas construcións metálicas como reforzo ou elemento de unión.

      2. Peza en forma de L, xeralmente metálica, que se coloca como reforzo ou adorno nas esquinas de mobles.

      3. Cada unha das pedras talladas que, postas na esquina dun edificio, serven de reforzo, especialmente cando o resto da parede é de pedra sen traballar ou de tapia.

      4. Peza de metal, coiro ou outro material que serve para reforzar o canto da cuberta dun libro.

    1. Moble de forma triangular que se coloca nun recanto dunha estancia.

    2. Parte dunha viñeta que corresponde a cada un dos catro cantos dunha páxina ou rectángulo.

    3. Triángulo de papel que vai colocado en cada un dos cantos da páxina dun álbum para fixar as fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cantón, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Cantón.

    3. ariedade do chinés falada por preto de 54 millóns de persoas, fundamentalmente no SL de China, incluíndo Hong Kong. Tamén se denomina yue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación practicada para corrixir a estenose do orificio palpebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que canta ou que ten por oficio cantar.

    2. Aplícase ás aves que emiten sons melodiosos e agradables.

    3. Intérprete solista nos inicios dos cultos litúrxicos xudeu e cristián, que na Igrexa Católica cantaba os temas solistas do culto e dirixía o coro nas catedrais medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enunciado da teoría de conxuntos que afirma que a colección de todos os conxuntos non é un conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO