cantoneira

cantoneira

(< 3 canto)

  1. s f
    1. Peza de forma angular, de ferro ou aceiro perfilado en escuadra, moi empregada nas construcións metálicas como reforzo ou elemento de unión.

    2. Peza en forma de L, xeralmente metálica, que se coloca como reforzo ou adorno nas esquinas de mobles.

      Ex: Gústame a cantoneira que lle puxeches ó baúl.

    3. Cada unha das pedras talladas que, postas na esquina dun edificio, serven de reforzo, especialmente cando o resto da parede é de pedra sen traballar ou de tapia.

    4. Peza de metal, coiro ou outro material que serve para reforzar o canto da cuberta dun libro.

      Ex: Púxolle unha cantoneira ó dicionario para que non se estragasen as pastas.

  2. s f

    Moble de forma triangular que se coloca nun recanto dunha estancia.

    Ex: A avoa ten a louza colocada na cantoneira da sala.

  3. s f [GRÁF]

    Parte dunha viñeta que corresponde a cada un dos catro cantos dunha páxina ou rectángulo.

  4. s f [GRÁF]

    Triángulo de papel que vai colocado en cada un dos cantos da páxina dun álbum para fixar as fotografías.