"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Dignidade ou condición de mandarín.

    2. Territorio sobre o que tiña xurisdición un mandarín.

    3. Clase ou estamento dos mandaríns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encargo ou orde que se dá a unha persoa. OBS: É unha palabra máis culta que mandado, aínda que os seus significados sexan case iguais.

      1. Autorización que unha persoa dá a outra para que a represente nuns actos concretos e durante un tempo determinado.

      2. Tempo que dura esa autorización.

      3. mandato representativo

        Posición xurídica dos parlamentarios pola que representan a unha nación ou a un pobo no seu conxunto e na que os electores non poden revocarlles o mandato nin dar instrucións concretas mentres dure a lexislatura.

    2. Documento empregado polos soberanos medievais para transmitir ordes sen a solemnidade doutros documentos diplomáticos.

    3. Tutela que exercía un estado sobre certos territorios por concesión da Sociedade de Nacións e baixo a súa vixilancia. Creado polos tratado de paz de 1919, a Organización das Nacións Unidas substituíno polo fideicomiso.

    4. Cerimonia do lavatorio dos pés a doce persoas o día de Xoves Santo, para conmemorar a acción de Xesús Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido mandélico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou a quen lle falta unha man ou un brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Inscrito na corrente seguidora de Cara- vaggio, imitou as súas escenas de xénero como Baco ou Bonaventura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido mangánico. Os manganatos obtéñense por fusión do MnO 2 con álcalis en presenza do aire, ou dun axente oxidante, segundo a reacción MnO 2 + 2KOH ⎯⎯→ >300ºC K 2 MnO 3 + H 2 O; 2K 2 MnO 3 + O2 →2K 2 MnO 4 .

    2. Anión de fórmula MnO 4 2 que se pode considerar derivado formalmente do ácido mangánico por pérdida dos hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido manganoso. Os máis coñecidos son os alcalinos, que se obteñen por fusión do dióxido de manganeso cun hidróxido alcalino, segundo a reacción MnO 2 + 2KOH ⎯⎯→ ~300ºC K 2 MnO 3 + H 2 O.

    2. Anión de fórmula MnO 3 = , que se pode considerar derivado formalmente do ácido manganoso por perda de todos os hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de roupa en forma de media manga, que se pon sobre as mangas da vestimenta habitual, para protexerse da sucidade ou do frío.

    2. Mangueira curta de diversos materiais que se emprega para unir dous tubos ou canalizacións.

    3. Anaco circular de pel e tecido subcutáneo que o cirurxián deseca, tras amputar un membro, para recubrir a ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as mans curtas.

    2. Que ou quen escatima no que dá ou no que gasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manifesto do Partido Comunista.

    2. Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.

    3. Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.

      1. Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósitos.

      2. FRAS: Deixar/pór/quedar de manifesto. Mostrar algo claramente.

        Documento que o capitán dun barco debe presentar na aduana, no que consta a relación da carga polo miúdo.

      3. Escrito en que se manifesta ou declara algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.

    2. Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.

      1. Escrito en que se manifesta ou declara algo.

      2. Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósitos.

      3. Documento que o capitán dun barco debe presentar na aduana, no que consta a relación da carga polo miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto do Partido Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Marx e Engels publicada en Londres pouco antes da revolución de 1848. Foi redactada a petición da Liga dos Comunistas e converteuse no programa da Primeira Internacional. A obra está dividida en catro partes. A primeira, “Burgueses e proletarios”, analiza a evolución histórica da humanidade e enuncia o principio da unidade de clases como motor da historia. A segunda parte, “Proletarios e comunistas”, expón a función dos comunistas como destacamento da clase obreira na súa loita contra a burguesía, para abolir a propiedade privada dos medios de produción, e a revolución das relacións humanas en todos os seus niveis. A terceira parte, “Literatura socialista e comunista”, é unha crítica dos diferentes tipos de socialismo aparecidos na historia, divididos en reaccionarios, pequeno burgueses, conservadores burgueses e críticos utópicos. A cuarta parte está dedicada á estratexia e á táctica dos partidos comunistas diante da revolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto que apareceu en marzo de 1928 asinado por Salvador Dalí, Lluís Montanyà e Sebastian Gasch. Foi o documento literario máis coñecido da vangarda catalá da década de 1920. Os seus trazos esenciais son a denuncia do novecentismo como corrente mistificadora do helenismo e a afirmación das novas correntes artísticas ligadas ao progreso da técnica. Editado e distribuído polos mesmos autores, acadou unha gran difusión en toda a Península Ibérica e foi duramente criticado, especialmente por Carles Soldevila en La Publicitat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama que se publicou en novembro de 1826 polos voluntarios realistas españois, partidarios do absolutismo e descontentos pola actitude lixeiramente moderada de Fernando VII. O documento propugnaba un pronunciamento militar para darlle o poder ao irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento asinado por un grupo de deputados, encabezados por Bernardo Mozo de Rosales, que lle foi presentado a Fernando VII en València (abril de 1814). O manifesto demandaba a supresión da constitución e dos decretos das Cortes de Cádiz, e serviulle a Fernando VII para xustificar a posteriori o restablecemento do absolutismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da provincia de Manitoba, Canadá, situado na rexión dos Grandes Lagos (4.700 km2). De orixe glaciario, comunica co lago Winnipeg a través do lago Saint Martin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Canadá, situada na fronteira S con EE UU (649.950 km2; 1.119.583 h [2001]). A súa capital é Winnipeg. A gran chaira de Manitoba é o fondo dun antigo lago glaciario. O clima é frío pero relativamente seco e a vexetación componse de tundra e bosques. O principal cultivo é o trigo, seguido do liño e do orxo. Posúe explotacións minerais, das que destaca as de mineral de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polihidroxialcohol, do grupo dos hexois, que é unha substancia azucrada, que se encontra en diversas plantas e algas mariñas, especialmente no maná do eucalipto e do freixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do lago Huron, Canadá, que pertence á provincia de Ontario e está formado por tres grandes illas, Manitoulin, Cockburn e Drummond, e numerosas illas pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO