"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Revolucionario francés. Participou en diversas conspiracións republicanas con Blanqui. No 1839, despois de ter dirixido a Conspiración de Maio con Blanqui e Martin-Bernard, foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. A revolución do 1848 liberouno. Con moita popularidade, foi elixido deputado por Aude. O 15 de maio do 1848, intentou constituír un goberno revolucionario, e foi novamente prendido. Napoleón lll indultouno no 1854 e, voluntariamente, marchou ao exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico de jazz coñecido co alcume de Gato. Intérprete do saxofón tenor, comezou imitando a John Coltrane e evolucionou cara a formas musicais propias nas que intentou a síntese do free jazz cos ritmos e as melodías latinoamericanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta en lingua inglesa, posiblemente de orixe escocesa. Compuxo as Eclogues (Églogas) máis antigas en lingua inglesa. Non obstante , a súa obra máis representativa é The Ship of Fools (A nave dos tolos, 1509), que en gran parte constitúe unha tradución e adaptación da obra de S. Brant, documento satírico sobre a época.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito municipal da periferia de Londres (Reino Unido) ao NL da cidade, na beira esquerda do Támesis (153.715 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Perito e profesor mercantil. Foi profesor de Contabilidade Superior e Cálculo e de Custos de Produción na Escola de Mandos Intermedios da Cámara de Comercio de Pontevedra e presidente da Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra (1969-1973). Publicou O aforro e a inversión en Galicia (1973), O aforro e a inversión na Galicia: Unha aproximación ao capitalismo galego (1975) e Autonomía e necesidade de control do aforro galego (1979). Obtivo varios premios de ensaio sobre a situación económica de Galicia e colaborou en distintas publicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cóengo e historiador de Arte. Escribiu Guía de la archidiócesis de Santiago de Compostela (1965) e Santa María la Real de Conxo (1992); así mesmo, colaborou na realización de varias exposicións, entre as que destaca: Galicia no tempo (1991). Entre outros cargos que desempeñou foi presidente da comisión de cultura e arte do cabido, e director do museo catedralicio. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Contemporánea de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Ademais, realizou estudos de Economía, Teoloxía e Filosofía e Letras. Centrou a súa investigación na historia contemporánea de Galicia, tanto dende unha perspectiva económica como política e xurídica, aínda que se especializou nestes últimos eidos. Ao longo da súa traxectoria profesional, estudou o enfrontamento entre os liberais e os absolutistas no primeiro terzo do s XIX, o levantamento progresista de 1846, as ideas ilustradas e a súa influencia na construción do galeguismo e no reformismo universitario, a política relixiosa no s XIX e diferentes movementos políticos como o galeguismo e o federalismo. É autor de numerosas historias de Galicia: Galaxia (1979), Gamma (1982-1984) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aritmético. Autor do primeiro curso de aritmética comercial en Francia. Os seus libros Comptes faits du grand commerce (As contas feitas do gran comercio, 1670) e Livre nécessaire pour tous les comptables (Libro necesario para todos os contables, 1677) tiveron moita difusión. Do seu apelido xerouse a palabra baremo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid. Desde 1948 desenvolveu actividades industriais como promotor de empresas: Grúbar (Madrid, 1954), empresa matriz do seu grupo; Ponteareas, empresa construtora (Madrid, 1958); Granitos de Galicia (Ponteareas, 1958); Cerámica San Julián (Madrid, 1959) e Aceros del Tea (Ponteareas, 1960). En 1965 fundou en Madrid a sociedade Mindanao, propietaria do hotel do mesmo nome. En 1965 foi nomeado conselleiro delegado da Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego e O Correo Galego. No mesmo ano fundou a empresa Saglas, que se dedica principalmente ás obras públicas, e Candea, Industrias Plásticas. En 1969 creou Lasagra, empresa promotora de polígonos industriais e obras públicas, e en 1970 adquiriu Mugardos, empresa valenciana dedicada á transformación de madeira en aglomerados. Foi fundador, promotor e primeiro presidente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista e compositor. Foi director do Conservatorio de Granada e fundador do Trío Iberia, formado por laúde, guitarra e bandurra. Autor da ópera Lavapiés e de poemas sinfónicos como Zambra en el Albaicín ou Copla en la fuente del avellano, destacan na súa produción as zarzuelas: La Lola se va a los puertos, La vendimia e Granada mía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrés Lapique do Barro.
-
PERSOEIRO
Crítico literario e sociólogo postestruturalista francés. A súa obra, baseada na lingüística de Saussure e Bloomfield, abarca dende unha reflexión sobre a condición histórica da linguaxe literaria, Le degré zéro de l’ecriture (O grao cero da escritura, 1953) e a tentativa de constituír unha semioloxía da moda, Système de la mode (Sistema da moda, 1967), ata demostrar a pluralidade significativa do texto literario. Cómpre salientar as súas coleccións de ensaios Mythologies (Mitoloxías, 1957) e Essais critiques (Ensaios críticos, 1964). A crise que viviu como creador viuse reflectida nalgunhas das súas obras: Roland Barthes par Roland Barthes (Roland Barthes por Roland Barthes, 1975) e Fragments d’un discours amoreux (Fragmentos dun discurso amoroso, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas glándulas do aparello xenital feminino, que desembocan en cada costado do orificio vaxinal dos mamíferos, agás os cetáceos, sirenios e pinnípedos; segregan un líquido mucoso, destinado a lubrificar o aparello xenital no momento do coito.
-
GALICIA
Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Cesarea (370-378), pertencente a unha familia de santos, foi un dos catro padres da Igrexa grega. Logo dunha estadía en Neocesarea, na ribeira do Iris, entregouse á vida eremítica segundo a regra de san Basilio. Dende o ano 363 foi conselleiro de Eusebio, bispo de Cesarea, que o ordenara sacerdote cinco anos antes. Cando o sucedeu como bispo (370), converteuse no sucesor de Atanasio como xefe da ortodoxia fronte ás doutrinas heréticas de Ario e ás presións do Emperador Valente, que profesaba o Arianismo. Lexislador do monaquismo oriental, redactou a regra dos monxes basilianos, a única orde monástica que existe na Igrexa grega. Esta regra sería aproveitada en parte por san Bieito, fundador do monaquismo en Occidente. A vida de san Basilio foi enriquecida con lendas recollidas por Jacopo de Voragine na Lenda dourada. Entre as súas obras, que o converten nun dos grandes Padres da Igrexa Oriental, cómpre salientar: Contra Eunomio (363-365), de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que foi coñecido Lesotho antes da súa independencia (1966).
-
PERSOEIRO
Pintor naïf. Desenvolveu un estilo realista e unha temática mitolóxica e histórica. Expuxo por vez primeira no Salón Outono de París. A súa obra foi difundida polo crítico alemán Wilhelm Ühde e, entre outros, por Le Corbusier e os pintores puristas. Diaghilev encargoulle diversas decoracións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Pertenceu á escola filosófica de Leibniz e Wolff, e foi profesor en Halle e en Frankfurt do Oder. Está considerado como o fundador da moderna estética como disciplina filosófica autónoma e sistematizada pola súa contribución con Aesthetica (1750-1758), na que diferenza a ciencia do fermoso e do belo do resto da Filosofía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto complexo que permite dosificar independentemente os graves e os agudos nos aparellos amplificadores destinados á reprodución de son, especialmente de música.
-
PERSOEIRO
Líder carbonario francés. Entrou en contacto coa doutrina de Saint-Simon no ano 1825. Foi redactor de Produteur (1825-1826), de Organisateur (1828-1839) e do Globe (1831). Xunto con Enfantin foi cabeza do Saint-simonisme dende o mes de decembro de 1829; tamén foi un dos seus principais teóricos, como demostrou na súa Doctrine de Saint-Simon: exposition (Doutrina de Saint-Simon: exposición, 1829). A consecuencia de diverxencias doutrinais, cara a decembro de 1831 deixou o cargo que compartía con Barthélemy-Prosper Enfantin.
VER O DETALLE DO TERMO