"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Antiga medida agraria que se corresponde coa metade do que unha xugada pode arar nun día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Arapiles (cerca de Salamanca) en xullo de 1812, durante a Guerra da Independencia contra Napoleón. As tropas francesas do mariscal Marmont foron vencidas polo exército de Wellington, obrigándolles aos franceses a abandonar Andalucía definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano do Brasil, fronteirizo cos estados de Piauí, Ceará e Pernambuco (1.000 m de alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de matas prostradas perennifolias da familia das ericáceas que presentan follas ovadas ou coriáceas e verdes escuras por riba, e flores en forma de campá de cor abrancuxada ou rosada, con froito en drupa. Na Península Ibérica están presentes A. uva-ursi, de follas enteiras, en bosques abertos e desniveis rochosos na metade oriental, e A. alpinus de follas dentadas, en ambientes cálidos dos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de Mitrídates VI. Conduciu as campañas contra os romanos establecidos en Asia Menor. Sila derrotouno en Queronea (86 a C) e en Orcomen (85 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten aspecto ou forma semellante á dun raposo.

    2. O que fala, obra ou mira con receo ou cautela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tapiz tecido con fío de seda e la de diversas cores, producido desde o s XIII na cidade de Arras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia total ou parcial de homoloxía cromosómica durante a profase da meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Pertencen a ela 1.500 apicultores asociados que se agrupan en delegacións comarcais. Dende a asociación facilítase información e asesoramento técnico, servicios de seguros apícolas, de laboratorio, de sanidade apícola e análises de meles. Elabóranse materiais didácticos, celébrase o Día do Apicultor e a Semana do Mel. Organízanse tamén cursos, xornadas técnicas e exposicións. No ano 1985 cerca de 300 asociados formaron a Cooperativa Erica Mel. Internamente difúndese a revista Abelleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade dos turdetanos aliada dos cartaxineses que foi identificada coa actual Estepona (Sevilla). Foi tomada por Escipión o Africano (206 a C); a poboación, antes de renderse ante os romanos, inmolouse nunha fogueira. Este feito representa o comezo da conquista romana do val alto do Guadalquivir. Despois foi cidade romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos atapascanos.

    2. Individuo dunha gran familia de pobos indíxenas de América do Norte constituída por etnias moi diversas culturalmente e antropoloxicamente, que teñen en común a orixe histórica e o parentesco lingüístico consecuente. O centro de dispersión dos atapascanos é probablemente a zona do lago Athabasca, Canadá. Desde este punto, e ata o s XVI, estendéronse cara ao S, ao longo do O dos EEUU, ata chegar ás fronteiras actuais de México. O grupo da área cultural do sudoeste é o máis numeroso e homoxéneo (apache, navaho, kiowa-apache, etc). Actualmente quedan uns 120.000 individuos.

    3. Grupo de linguas faladas no Canadá. O lingüista Sapir engadiu ao atapascano as linguas haida, tlingit e eyak, e constituíu a gran familia na-dené. A lingua atapascana máis coñecida actualmente é o navaho que, cuns 140.000 falantes, é unha das linguas de América con máis vitalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de xacementos arqueolóxicos (Ibeas, Burgos) ben diferenciados onde se atopa a clave da evolución humana durante o Plistoceno medio en Europa. Do conxunto de depósitos espallados polas covas da serra, tres foron escavados durante os últimos vinte anos: Trinchera Galería (TG), Trinchera Dolina (TD) e a Sima de los Huesos (SH), proporcionando fósiles que permitiron reconstruír un dos conxuntos de homínidos máis completos coñecidos en Europa. Na Sima de los Huesos ata finais do século XX recuperáronse diversos fragmentos óseos e algúns cranios pertencentes a preto de trinta individuos asignados polos seus descubridores á especie Homo heidelbergensis, precursor do Neandertal, datados hai 250.000 anos. Non aparecen asociados a industrias líticas ou con pegadas de carnívoros, polo que as causas da súa acumulación poderían deberse a algún acontecemento catastrófico ou acción humana. En Trinchera Dolina apareceron máis de 80 fósiles humanos de todas as partes do esqueleto, dentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar na chaira de Atapuerca (Burgos) en setembro do 1054, entre os fillos de Sancho III de Navarra, García IV de Navarra e Fernando I de Castela, a causa das aspiracións deste último nos territorios casteláns que ampliaran o Reino de Navarra. García morreu na batalla e os casteláns ocuparon La Rioja e A Bureba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aterraplenar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar liso un terreo eliminando os desniveis existentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atrapallar.

    2. Que se fixo ou dixo sen seguir unha orde ou regra.

    3. Que actúa ou di as cousas con precipitación e sen esmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer as cousas apresuradamente, sen poñer atención.

    2. Mesturar as cousas sen orde ou regra.

    3. Producir confusión en alguén de maneira que non sabe qué dicir, qué facer ou cómo comportarse.

    4. Confundirse ou apresurarse na execución de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agarrar algo ou a alguén que foxe, que está en movemento ou que pode escapar.

    2. Conseguir, especialmente con enganos ou habilidade, algunha cousa que é proveitosa.

    VER O DETALLE DO TERMO