"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter monográfica dedicada ao grupo de gaiteiros Os Morenos de Lavadores. Saíu nos anos noventa do s XX. Escrita por Gerardo Fernández Santomé, contou coa colaboración de Araceli Romero Oliveira e Xosé Manoel Oliveira Rodríguez cun artigo titulado “Memoria viva agora!”. Está dividida en catro seccións; a primeira titúlase “Introdución”, a segunda “Investigación”, onde se inclúe a historia do grupo, un cadro cronolóxico, as viaxes polo estranxeiro, o material que empregaban e o traballo realizado; na terceira aparece un artigo de “Opinión”, de Juanjo Fernández, e na cuarta a serie “Documentos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro texto constitucional da historia política española. Aprobada polas Cortes de Cádiz, foi promulgada o 19 de marzo de 1812, aniversario da subida ao trono de Fernando VII e festividade de san Xosé, polo que foi coñecida como La Pepa. Consta de 384 artigos divididos en 10 títulos. Rompeu co sistema político-social do Antigo Réxime ao declarar que a soberanía residía na nación e ao definir os dereitos individuais. Estableceu como forma do estado a monarquía moderada e limitada pola división de poderes: o poder executivo residía no rei; o lexislativo nas cortes unicamerais formadas por deputados elixidos por sufraxio indirecto e renovados cada dous anos; o xudicial residía nos tribunais de xustiza e a Constitución prohibía a intervención das Cortes e do rei nos asuntos xudiciais. Como órgano consultivo instituíuse o Consello de Estado. A relixión católica foi declarada como a oficial do reino. Ao longo do texto constitucional enumerábanse os dereitos de carácter liberal como...
-
VER O DETALLE DO TERMO
escolapio.
-
-
Depósito de sales calcarios, especialmente fosfato, nas cartilaxes que conducen á formación dos ósos. É unha das fases da osificación.
-
Proceso de formación da dentina e doutros tecidos duros dos dentes a partir da evolución embriolóxica do esbozo dentario.
-
Depósito de carbonato e de fosfato de calcio nos tecidos e nos órganos, no decurso de determinadas enfermidades: hiperparatiroidismo, osteomalacia, inflamacións crónicas, ateromatose, etc.
-
Saturación do solo en carbonato de calcio que se produce nos horizontes de acumulación, onde substitúe a diversas substancias, ou ben se fixa sobre o complexo adsorbente.
-
-
-
Acción e efecto de calcinar.
-
Tratamento, a altas temperaturas, ao que se somete un composto sólido para provocarlle unha descomposición ou un cambio de fase diferente da fusión. Ten a finalidade de conseguir unha maior concentración do composto, ao seren separados os compoñentes volátiles; unha maior friabilidade, como resultado dos cambios de volume; ou unha activación para reaccionar con outros sólidos cos que se mestura. Orixinariamente, dábase o nome de calcinación exclusivamente á descomposición térmica da rocha calcaria en óxido de calcio e dióxido de carbono, e despois, por extensión, denominouse así a toda a descomposición térmica de materiais orgánicos e inorgánicos, que os converte nun residuo sólido e termicamente estable. Os procedementos actuais de calcinación comprenden, ademais, a pirólise e a destilación seca de compostos orgánicos. Cando a calcinación provoca unha oxidación denomínase torrefacción, e cando leva asociada unha redución de mineral con separación da ganga como metal líquido da...
-
Operación consistente en quentar no lume un pigmento mineral contido dentro dun recipiente metálico ou de terra cocida, para así obter un ton ou cor diferente da inicial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, entre o magnesio e o estroncio, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. O calcio natural está constituído por unha mestura isotópica de núclidos con números de masa que oscila entre 40 e 48. É de cor branca prateada, moi dúctil e maleable. O primeiro calcio metálico, impuro, foi obtido en 1808 por H. Davy e, independentemente, por J. J. Berzelius, mediante unha técnica electrolítica semellante á empregada por Davy para illar o potasio e o sodio. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre (cun 3,63%); está presente principalmente como carbonato en rochas metamórficas, nos feldespatos de orixe eruptiva e en moitas augas subterráneas en forma de hidroxenocarbonato de calcio en disolución (auga branda). Os minerais máis importantes son a anhidrita, a apatita, a dolomita, o espato de fluor, o xeso e a fosforita. A abundancia do núclido 44 Ca poderíase explicar...
-
bromuro de calcio [CaBr]
Sal cálcico de ácido bromhídrico, que coma os outros bromuros alcalinos, ten acción sedante sobre o sistema nervioso.
-
carbonato de calcio [CaCO 3 ]
Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. O mármore está constituído por calcita máis ou menos impura. O carbonato de calcio aparece en forma amorfa, impura, en cantidades inxentes, constituíndo rochas sedimentarias de orixe orgánica, como son a creta, a calcaria (moi impura con arxila), as margas, etc. É pouco soluble en auga e noutros disolventes e, igual que a outros carbonatos, atácano os ácidos con resultado de desprendemento de dióxido de carbono. Emprégase en moitas industrias para neutralizar solucións ácidas e como pigmento ou carga en pinturas, papel, caucho, pulimentos, plásticos, produtos farmacéuticos, etc.
-
carburo de calcio [CaC 2 ]
Sólido cristalino incoloro cando é puro. O produto industrial, cunha riqueza inferior ao 80%, preséntase en masas irregulares de fractura concoidal, de cor gris máis ou menos clara segundo as impurezas que leve, e obtense en fornos eléctricos. Quimicamente é un sal cálcico de acetileno, de tipo iónico, que se descompón facilmente pola acción da auga segundo unha reacción hidrolítica na que se desprende aceteileno gasoso. A maior parte do carburo de calcio vai destinado á produción de acetileno (1 kg de carburo produce ao redor de 300 litros). A grande actividade química do carburo de calcio aprovéitase tamén na fabricación de cianamida de calcio, na desoxidación e desulfuración de materiais ferrosos e na redución de haluros e óxidos metálicos (obtención de rubidio, cesio, berilio, uranio, etc).
-
cianamida de calcio [CaCN 2 ]
Sólido cristalino e incoloro. O produto industrial, coñecido xeralmente como cianamida ou nitrocal, é un material pulverulento agrisado, cunha pureza inferior ao 70% e cun contido en nitróxeno que oscila entre o 20 e o 25%. Obtense por reacción do carburo de calcio co nitróxeno a altas temperaturas (1.000-1.100°C). Emprégase principalmente como fertilizante nitroxenado e, en menor medida, para combater herbas e animais nocivos para os cultivos. Na industria utilízase tamén na obtención de compostos cianurados, dicianamidas, guanidinas e outros derivados usados na fabricación de materiais plásticos.
-
cloruro de calcio [CaCl 2 ]
Sólido incoloro, cristalino, moi soluble en auga, coa que se combina formando numerosos hidratos. A diferenza doutros compostos salinos, é soluble en acetona e en diversos alcois, cos que dá compostos de adición. Pódese obter en solución por neutralización do ácido clorhídrico con cal ou carbonato de calcio, e así resulta a miúdo como un subproduto en diversos procesos industriais, na fabricación de sosa polo procedemento Solvay e no aproveitamento de salmoiras naturais. A súa gran solubilidade faino útil en baños acuosos que cómpre manter líquidos a altas e a baixas temperaturas. O hidrato máis corrente é o hexahidrato (CaCl 2 ·6H 2 O), empregado en farmacia por vía endovenosa como un hemostático, e por vía oral como antitóxico e recalcificante.
-
gluconato de calcio [Ca[HOCH 2 (CHOH) 4 COO]
2 ] Sal cálcico, o máis tolerado polo organismo e o máis empregado en terapéutica, como recalcificante, hemostático, etc. Aplícase en forma de pos, comprimidos, granulados, xaropes, inxectables, etc.
-
fosfato de calcio
Cada un dos sales de calcio derivados do ácido fosfórico. O fosfato de calcio tribásico (Ca 3 (PO 4 ) 2 ) constitúe a maior parte do esqueleto dos vertebrados; no reino mineral preséntase asociado co fluoruro de calcio e constitúe a apatita; moi pouco soluble en auga, pódese obter por reacción do ácido fosfórico con disolución de cal ata acadar un medio fortemente básico. O fosfato de calcio dibásico (CaHPO 4 ) preséntase na natureza en forma anhidra (monetita) ou dihidratada (brushita); obtense pola acción dos ácidos sobre o fosfato de calcio tribásico que cristaliza en forma trihidratada. O fosfato de calcio monobásico (CaH 4 (PO 4 ) 2 ) é soluble en auga, obtido industrialmente como forma impura (superfosfato) por acción do ácido sulfúrico sobre o fosfato de calcio tribásico. Os fosfatos de calcio empréganse principalmente como fertilizantes e como suplemento mineral en penso. O dibásico...
-
hidroxenosulfito de calcio [Ca(HSO 3 ) 2 ]
Sal de calcio, presentado comercialmente en solución acuosa, preparado por disolución de sulfito de calcio nunha solución saturada de dióxido de xofre. É un líquido incoloro ou amarelento, fortemente redutor e de propiedades lixeiramente ácidas. Emprégase como xermicida, conservante e desinfectante e, especialmente, como axente anticloro no branqueo tanto téxtil como de papel.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento empregado para obter uranio, plutonio e torio, consistente en reducir con calcio compostos destes elementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caldeira volcánica da illa de La Palma, Santa Cruz de Tenerife, Canarias, cunha extensión de 35 km2, declarada parque nacional en 1954. Situada dentro do municipio de El Paso. O relevo combina os picos do bordo da caldeira cos vales abarrancados polos que circulan cursos torrenciais.
-
-
Acción e efecto de producir calor ou de quentar un local.
-
-
Conxunto de aparellos ou dispositivos destinados a quentar un local ou a producir calor nun proceso industrial. Os sistemas tradicionais de calefacción por combustión de leña ou de carbón (lareiras, chemineas, estufas) son coñecidos dende a Antigüidade. Modernamente, a calor foi producida empregando combustibles diversos, como carbón, petróleo, butano, etc, e tamén pola transformación dunha corrente eléctrica en calor ao pasar por unha resistencia (efecto Joule) ou por medio de certos cambios termodinámicos, como na bomba de calor.
-
calefacción central
Calefacción na que unha fonte única de calor quenta unha caldeira na que hai un fluído que, por uns canos, se distribúe polas diferentes pezas a quentar, nas que a calor é cedida ao aire por medio de radiadores, convectores ou outros dispositivos, e volve ao mesmo punto de saída por outros canos, establecendo así un circuíto pechado. Os fluídos máis empregados son a auga e o vapor de auga. A circulación da auga está orixinada por medio dunha bomba ou por un termosifón e a do vapor de auga pola presión da caldeira. Ás veces, o fluído empregado é o aire, que se quenta nunha cámara de calefacción e se conduce por uns condutos adecuados ata as pezas a quentar.
-
calefacción industrial
Sistema de calefacción no que o vapor de auga é conducido aos intercambiadores de calor, aos recipientes, ao rolo ou cámaras a quentar nun proceso industrial determinado. Nalgúns casos, en lugar de vapor, pódense facer circular líquidos que permitan o seu quentamento a altas temperaturas (200-300°C) sen grandes aumentos da tensión de vapor. Na calefacción ao aire libre tense empregado a calor radiada por un emisor de raios infravermellos.
-
calefacción por radiación
Calefacción na que a emisión de calor se efectúa a partir de grandes superficies quentadas a baixa temperatura (50-60°C), xa sexa por unha resistencia eléctrica longa ou por un serpentín de tubo por onde circula auga quente procedente dunha caldeira, dun quentador ou dun sistema de captadores solares. Tanto o fío coma o serpentín de tubo están embutidos no teito (teito radiante) ou no chan (chan radiante).
-
calefacción solar
Calefacción que utiliza a calor que irradia o Sol para quentar a auga que, impulsada por unha bomba, circula a través dunha batería de captadores solares instalados no exterior do edificio e que, unha vez quente, é enviada a radiadores de baixa temperatura ou ao serpentín dun chan radiante. Xeralmente, funcionan de xeito combinado cun sistema de calefacción convencional capaz de suplir os captadores, aínda que só parcialmente, en períodos de ausencia de insolación, e cuns depósitos de acumulación que permiten almacenar a enerxía producida nos períodos de máxima insolación.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calibrar.
-
-
Acción de cualificar.
-
Nivel de coñecementos e aptitudes que se lle recoñece a unha persoa para realizar un traballo ou para desempeñar un cargo.
-
Expresión cuantitativa ou cualitativa coa que se valora o nivel de rendemento escolar dos alumnos. Pódese falar, xa que logo, de cualificación como dun recurso formal de estimación da calidade e mesmo como dun medio empregado para expresar mediante símbolos numéricos ou léxicos os resultados acadados nunha avaliación escolar, ou a medida de conduta en termos de rendemento, comportamento, actitudes, capacidades ou procedementos. Tradicionalmente, os modelos de cualificación escolar eran unicamente cuantitativos; facían referencia, polo tanto, a un modelo de avaliación sumativa que atopaba nas expresións numéricas sobre a aprendizaxe a súa xustificación. O fundamento e mesmo a finalidade da avaliación é cuádruple: persoal, familiar, social e administrativa. De aí que avaliar rendementos escolares, sexan da natureza que sexan, resulta sempre unha tarefa sumamente difícil e complexa para calquera docente, xa non só pola necesidade de actuar de xeito obxectivo, senón tamén polas repercusións...
-
-
Exame da legalidade dos títulos e documentos de propiedade que preceden á inscrición dun ben nun rexistro da propiedade.
-
Exame que presenta cada unha das partes dun proceso penal realizado sobre os feitos relatados no sumario, sobre os preceptos legais aplicables ao caso e sobre os efectos que poidan recaer nos acusados. Preséntase no escrito de cualificación, onde deben constar, ademais dos feitos e da súa cualificación legal, as conclusións propostas polas partes no proceso.
-
-
Complemento dun verbo intransitivo da mesma raíz ou significación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso regresivo da escritura corrente dun período ou dunha rexión determinada, que consiste en fixar as formas rápidas cursivas en formas artificiosas e estereotipadas. Foi un proceso habitual en chancelerías, mosteiros e catedrais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio de estado aplicable ao vapor de auga sobrequentado, baixo o punto crítico e fóra da rexión líquido-vapor; V-b=RT/P-a/Tn onde V é o volume, P a presión, T a temperatura, R a constante dos gases e n (arredor de 10/3), a e b constantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos que permiten a produción de calor e o seu mantemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calorifugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que consiste en recubrir diversos metais (aceiro, cobre, ferro) cunha fina capa dunha mestura de alumina e pos de aluminio e, de seguida, quentalos a 1.000°C nunha corrente de hidróxeno. Os obxectos que reciben este tratamento adquiren unha gran resistencia á oxidación, mesmo a altas temperaturas, e aos axentes corrosivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción pretoriana que permitía ás persoas arrogadas impugnar as transmisións entre vivos feitas polo arrogador, cando podía conseguir delas prexuízo para os dereitos sucesorios do arrogado. Tamén outorgaba ao patrón o dereito de reclamar a metade da herdanza do liberto morto intestado.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo. Licenciouse en Sagrada Teoloxía no Seminario de Toledo, onde foi profesor de física e arqueoloxía sacra. En 1912 realizou os seus primeiros traballos de campo en Termes e Osma (Soria). En 1914 foi inspector das escavacións que a Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla estaba a realizar no castro de Santa Tegra (A Guarda) e, en 1916, das do castro da Forca dos Cregos (A Guarda); así mesmo, inspeccionou outras escavacións en Jaén e Guadalajara. Publicou, entre outras obras, Importancia del estudo de las monedas (1903), Exploraciones arqueológicas. Citanias gallegas (1914), Monte de Santa Tecla, La Guardia (Pontevedra): exploraciones arqueológicas verificadas en los años 1915 a 1920 (1920) e Monte de Santa Tecla en Galicia: memoria acerca de los trabajos realizados en 1922-23 (1924). En 1916 ingresou na Real Academia de la Historia e recibiu o Premio da Xunta de Iconografía Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista profesional aparecida en outubro de 1986 en Lugo e subtitulada “Publicación de la Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Lugo”. Dirixida por Manuel López Castro, tiña como seccións: “Editorial”, “Opinión”, “Reportaje”, “Entrevista”, “Cámara”, “Cuadernos”, “Provincia”, “Galicia”, “España”, “Panorama” e “Humor”. Contén diversa información de carácter económico e comercial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural, con sede nas Casas dos Cóengos (Iria, Padrón), creada na década de 1980 por Camilo Jose Cela para acoller todos os seus manuscritos, libros, cadros, obras de arte, arquivo e referencias literarias, e constituír un centro de investigación da súa obra. Está dirixida por un padroado presidido de xeito vitalicio por Camilo José Cela, que se encarga de representar, dirixir, administrar e preservar os bens da fundación; entre eles, destaca o legado de Camilo José Cela, composto polos manuscritos e bosquexos da súa obra, a súa biblioteca de traballo, documentos persoais e unha compilación dos artigos xornalísticos sobre a súa obra. A biblioteca da Fundación complétase con todas as edicións da súa obra, incluíndo as edicións de bibliófilo, bibliografía sobre a obra e a vida de Camilo José Cela, todas as publicacións da Real Academia Española e os legados feitos por Jose María Sánchez-Silva, autor de Marcelino pan y vino, e o poeta José García Nieto. A Fundación posúe, tamén,...