"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estatístico.
-
-
Maneira de ser, de estar ou de atoparse nun momento dado, alguén ou algo.
-
-
Maneira de ser, de presentarse ou de existir un sistema material. O estado dun sistema defínese por un número determinado de magnitudes físicas expresables cuantitativamente, chamadas variables ou funcións de estado; os valores destas nun instante determinado t o permiten caracterizar a dinámica dun sistema e conteñen suficiente información da súa historia. Dentro dun sistema pode haber distintos conxuntos de variables de estado, todos eles interrelacionados; un dos máis comúns é o das variables de fase, formado polas derivadas sucesivas dunha variable. Dispostas en columna, as variables de estado constitúen o vector de estado. As ecuacións de tipo x(t)=f(x,v,t), que expresan a derivada do vector de estado x en función do estado x e do vector de entrada ou acción de control v, reciben o nome de representación de estado ou ecuacións de estado, e empréganse moito na teoría moderna do control....
-
ecuación de estado
Expresión analítica implícita que relaciona as propiedades físicas, a presión, o volume específico e o tempo. Unha ecuación de estado é da forma f(p,v,t,a,b...)=0, onde p é a presión, v o volume, t a temperatura e a, b,... parámetros ou constantes experimentais. Hai diversas ecuacións de estado propostas, como as dos gases perfectos, a de Van der Waals ou a de Beattie-Bridgman.
-
estado de agregación
Estado dun sistema material segundo o grao de cohesión das moléculas que o forman. Segundo o estado de agregación, un sistema material pódese presentar en tres formas fundamentais: sólida, líquida e gasosa. Denomínase cambio de estado ou cambio de fase o paso dun deles a calquera dos outros.
-
estado fundamental
Nivel máis baixo posible de enerxía dun electrón dado.
-
estado termodinámico crítico
Estado dunha substancia pura a unha presión e a unha temperatura tales que as fases gasosa e líquida non poden existir como fases separadas.
-
-
-
Período dunha enfermidade no que os síntomas permanecen aproximadamente iguais.
-
estado crepuscular
Estado caracterizado pola perda transitoria da consciencia e o mantemento da capacidade para efectuar involuntariamente accións que logo non se lembran.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en maio de 1811 e que se considera como o primeiro periódico de Lugo. Recibiu diversos epígrafes e denominacións, entre elas: Estado Mayor. 6º Exército. Resultado de las operaciones de este Exército; Quartel General del Exército. Diario de Operaciones del Ejército Español; Boletín del 6º Cuerpo del Ejército. Diario del 6º Cuerpo de Operaciones. Os seus artigos acompáñanse de datos sobre outros corpos do exército e novas sobre recoñecementos e actos de valor e heroísmo dos soldados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema político xurdido en Portugal tralo golpe de estado de maio de 1926 que derribou a Primeira República e instaurou unha ditadura militar liderada por António de Oliveira Salazar. Establecido a través da Constitución de 1933, baseábase na intervención do Estado na vida económica e social, no autoritarismo gobernamental, no corporativismo e na doutrina social da Igrexa. Mantívose ata a Revolución do 25 de abril de 1974.
-
REPUBLICAS
República independente formada polos once estados do S que se afastaron da Unión, a raíz da elección en 1860 de Abrahan Lincoln como presidente dos EE UU. O primeiro estado en proclamar a secesión foi Carolina do Sur (1860); a este uníronse en 1861 Mississippi, Florida, Alabama, Georgia, Louisiana e Texas. Os seus representantes, reunidos en Montgomery (Alabama), capital provisional, constituíron a Confederación (4.2.1861), elixiron presidente a Jefferson Davis e redactaron unha constitución provisional. Cando comezou a Guerra de Secesión, en abril de 1861 adheríronse á Confederación os estados de Carolina do Norte, Arkansas, Tennessee e Virginia (agás un sector occidental, que se separou e formou o novo estado de West Virginia, fiel á Unión). A capital trasladouse a Richmond (Virginia). No eido institucional caracterizouse por un ríxido federalismo que defendía a autonomía e a soberanía dos estados individuais, pero debilitaba a capacidade de cohesión política. O seu illamento internacional...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de territorios italianos que formaron os dominios temporais dos papas de Roma durante a Idade Media ata 1870. Formouse coas doazóns territoriais feitas á Igrexa católica no centro e S de Italia dende o s IV. Durante a dominación bizantina de Italia, o ducado de Roma, que mantiña unha dependencia teórica respecto aos emperadores de Constantinopla, acadou a independencia de feito, ao tempo que os pontífices anularon o poder da nobreza local. A partir do s VI denomináronse Patrimonium Sancti Petri. Durante a invasión longobarda, o Papa Estevo III solicitou a axuda de Pipino o Breve, que se comprometeu a restituírlle ao pontífice as terras perdidas (754) e, trala derrota dos longobardos, estendeuse pola rexión de Emilia e por unha franxa do territorio nos Apeninos. O dominio papal pasou por unha etapa de desintegración e decadencia durante o s IX a causa das loitas partidistas en Roma. Trala restauración do poder papal coa axuda do Emperador Otón o Grande (962), o...
-
ENTRADA LARGA
Estado de América do Norte que limita ao L co Océano Atlántico, ao S con México, ao O co Océano Pacífico e ao N con Canadá (9.372.614 km2; 298.444.220 h [2008]). Tamén forman parte dos EE UU os estados de Alasca, ao NO do continente, e Hawaii, arquipélago no Océano Pacífico (ambos os dous plenamente integrados na Unión), o estado libre asociado de Puerto Rico, os territorios das Illas Virxes Americanas (nas Pequenas Antillas), Guam e a Samoa Americana (en Oceanía), e as dependencias da Baía de Guantánamo e illa de Navassa (no Caribe), e varias illas do Pacífico (Illas Midway, Marianas Setentrionais, Baker, Howland, Jarvis, Johnston e Kingman Reef, Palmyra e Wake). Tamén ten soberanía sobre un sector do Territorio Antártico. O seu territorio continental esténdese entre os 49° e 25° de latitude N e os 125° e 67° de lonxitude O. A súa capital é Washington-Distrit of Columbia (Washington D C ou simplemente Washington), cidade que non forma parte de ningún estado.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía... -
VER O DETALLE DO TERMO
Territorios conquistados polas Provincias Unidas ao S do Mosa e na desembocadura do Escalda despois da Unión de Utrecht (1579). Os seus gobernadores nomeábaos a asemblea federal das Provincias Unidas.
-
-
Relativo ou pertencente aos Estados Unidos.
-
Natural ou habitante dos Estados Unidos.
-
Arte desenvolvida nos EE UU. Os pobos indíxenas desenvolveron unha arquitectura adaptada ás condicións xeográficas das rexións nas que estaban asentados, así como ás súas características culturais. No NL, as vivendas eran de madeira con cubertas de lousas de cortiza ou peles que podían retirarse nos meses máis calorosos. Nas chairas construíronse os tipis, vivendas de forma cónica que se podían transportar e que se cubrían con peles de búfalo curtidas. No NO, as comunidades de pescadores erixiron casas comunais mentres que no SO se empregou a pedra como material de construción. As construcións arquitectónicas coloniais desenvolveron os estilos das metrópoles, no N os estilos anglosaxóns, mentres que no S, en California, México e Texas, asumíronse os estilos españois. Entre as construcións realizadas por colonos españois cómpre destacar a igrexa de San Xavier del Bac (1783-1797) e a misión de Santa Bárbara (1815-1820). Os colonos ingleses adoptaron o clasicismo, o denominado georgian...
-
Arte cinematográfica desenvolvida nos EE UU. Comezou coas experiencias de T. A. Edison co seu cinetoscopio (1891). En 1903 rodouse unha película completa, The Great Traing Robbery, de Edwin S. Porter. Para anular a competencia importaron algúns talentos europeos, como Maurice Stiller, Greta Garbo, Eric von Stroheim, F. W. Murnau, Josef von Sternberg, Ernst Lubitsch e desenvolveron uns xéneros determinados, como a comedia burlesca, o melodrama, as películas de gángsters, de aventura e, sobre todo, westerns. Á táctica comercial uníuselle a explotación calculada do star system. Así, á parte dos nomes mencionados, contribuíron a engrandecelo actores e directores como David W. Griffith, con The Birth of a Nation (O nacemento dunha nación, 1915), Intolerance (Intolerancia, 1916) e Broken Bloosoms (A culpa allea, 1919); Cecil B. de Mille; Charles S. Chaplin, con The Golden Rush (A quimeira do ouro, 1925); King Vidor, con The Crowd...
-
Durante un século e medio foi unha literatura colonial, escrita por ingleses, do mesmo xeito que o país era un conxunto de colonias. No s XVII os temas literarios son basicamente descritivos, de temas económicos e de polémica relixiosa e, aínda que se adoptaron formas poéticas, a temática non se afastou das discusións entre puritanos, anabaptistas e calvinistas. O único poeta lírico foi Edward Taylor (1644?-1729). O s XVIII, malia apareceren libros de erudición e filosofía, está dominado pola política, dentro da que ten un papel relevante Benjamin Franklin (1706-1790) e o inglés Thomas Paine (1737-1809). Neste século de revolución americana, a poesía foi unha arma de revolta e, moitas veces, utilizouse en cancións con música que proviña de Inglaterra. Tamén apareceu o teatro, moi rudimentario, e a novela The Power of Sympathy (O poder da compaixón, 1789), de William Hill Brown, a primeira novela propiamente estadounidense dentro da liña sentimental creada en Inglaterra por Samuel...
-
O primeiro período notable corresponde aos anos 1607-1820 e ten como marco Nova Inglaterra, Pennsylvania e California do Sur. En Nova Inglaterra cultiváronse especialmente os himnos e o canto métrico dos salmos. A partir de 1820 destacaron Anton Ph. Heinrich (1781-1861), William Fry (1813-1864) e George F. Bristow (1825-1883), considerados os precursores da música estadounidense autónoma, e especialmente Stephen Forster (1826-1864), autor de cancións. Con John Knowles Paine (1839-1905) e George Whitefield Chadwick (1854-1931) iniciouse unha longa serie de compositores formados en Alemaña. Na segunda metade do s XIX xurdiu a figura de Horatio Parker (1863-1919), autor de obras de grande orixinalidade. Charles Ives (1874-1954) destacou no campo da polirrítmica, da politonalidade e iniciador da liña experimental norteamericana. Paralelamente, xurdiu un grupo de compositores, centrados en Carl Ruggles (1876-1971) e Charles T. Griffes (1884-1920), cunha produción tipicamente norteamericana....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘cunca’.
-
-
estadulleiro.
-
Conxunto de estadullos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buraco que se fai na cheda do carro para introducir o estadullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estadullo pequeno que vai colocado na parte dianteira do carro.
-
-
Pao que se coloca a cada un dos lados da cheda do carro, introducido nos estadulleiros, e que serve para recoller a carga.
-
Pao que se coloca na parte dianteira do carro, na cabezalla, para termar del.
-
-
-
Indución a un terceiro a cometer un acto que provoca, por parte deste, un erro que deriva nun prexuízo propio ou alleo e un beneficio ao indutor, que actúa con dolo e ánimo de lucro.
-
Engano que sofre alguén en canto á calidade, prezo ou cantidade de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘coitelo’.
-
-
de estafar.
-
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘morto’.
-
-
-
Persoa ou entidade que comete estafa.
-
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘asasino’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘enterrar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cometer unha estafa.