"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Unidade de masa que equivale á milésima parte dun gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico das contraccións musculares que se obteñen co miógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • vila romana de Vilamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mirar.

    2. Respecto, coidado ou precaución con que se trata a alguén. Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • amīr al-mu’mīnīn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Desde 1854 loitou contra os liberais, e participou na Guerra da Reforma (1858-1860), onde acadou os primeiros éxitos contrarrevolucionarios. Exiliado en Cuba e en Europa, volveu en 1863 e colaborou co Emperador Maximiliano I. Capturado en Querétaro, foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva por armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, resaltado o tronco dun xabaril de sable, pasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India (21.081 km2; 891.058 h [2001]). A súa capital é Aizawl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro. Alzouse contra Filipe V (1706) e atacou Castela e León en nome do arquiduque Carlos III. En 1713 participou na defensa de Barcelona pero foi derrotado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo lituano. Coñecido como Deborin, defendeu a dialéctica marxista. Foi acusado de idealismo de tendencia menxevique, mais tivo que retractarse e aceptar a ideoloxía oficial do réxime soviético. Escribiu Hegel i dialekticeskij materializm (Hegel e o materialismo dialéctico, 1929), Dialektika i jestestvoznanije (Dialéctica e ciencias naturais, 1930), Filozofija i marksism (Filosofía e marxismo, 1930) e Filosofija i politika (Filosofía e política, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Terenci Moix, a súa obra caracterizouse pola incorporación dos valores pop, a revaloración do melodrama e da imaxinación sadomasoquista a través da literatura dos cómics. Tamén escribiu teatro, fixo traducións e colaborou na televisión. Da súa produción en catalán destacan La torre dels vicis capitals (1968, Premio Víctor Català 1967), Onades sobre una roca deserta (1969, Premio Josep Plá 1968), Món Mascle (1971), Siro o la increada consciència de la raça (1972, Premio Prudenci Bertrana e Premio da Crítica Serra d’Or), Sadístic, esperpéntic u àdhuc metafísic (1976, Premio Joan Esterrich) e El sexe dels àngels (1992, Premio Ramon Llull 1992 e Lletra d’Or 1993). En castelán destacan El sadismo de nuestra infancia (1969), El dia que murió Marilyn (1970, Premio da Crítica Serra d’Or), No digas que fue un sueño (1986, Premio Planeta), La herida de la esfinge (1991),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa, expresada en gramos, dun mol de moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama que ten por obxecto poñer de manifesto as propiedades enerxéticas do vapor de auga (ou doutro fluído) e, concretamente, amosar a relación xeral entre a presión, a temperatura, a entalpía e a entropía deste vapor. Consiste nun sistema de coordenadas cartesianas, coa entropía no eixe de abscisas e a entalpía no de ordenadas, sobre o que se representan as isóbaras e isotermas. O diagrama está dividido en dúas zonas por unha curva de saturación: a zona de vapor saturado, que está situada na parte inferior da curva, e a de vapor sobrequentado, situada na parte superior. O diagrama de Mollier ten considerables aplicacións industriais. OBS: Tamén se denomina diagrama entálpico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo alcanzado o 25 de outubro de 1977, e aprobado polo Parlamento o día 27 do mesmo mes, polos partidos políticos de España, salvo Alianza Popular, para consolidar a transición democrática e dar impulso á modernización económica do país. Reuníronse no palacio de La Moncloa o presidente, os membros do goberno e os representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de los Diputados. Despois do diagnóstico da situación económica do país, calificada como grave, decidiron establecer unha serie de medidas monetarias, financeiras e de emprego, que permitiron restablecer o equilibrio na economía española con actuacións a curto plazo, como a diminución da inflación, a redución do paro e a mellora da situación da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Siam (1851-1868). Monxe budista, abriu o país ás influencias europeas. Asinou con Reino Unido o tratado de 1855, que definía o comercio exterior siamés. Sucédeno o seu fillo Chulalongtorn (Rama V).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza teatral, moi divulgada en Francia e Alemaña durante o s XVIII, en que un só actor interpreta un parlamento, en solitario ou ante outros personaxes, ás veces acompañado dun fondo musical executado pola orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxo formado por dúas ou máis letras enlazadas que representan un nome ou unha parte dun nome. O seu uso remóntase a épocas moi antigas e en Roma apareceron con moita frecuencia en inscricións sepulcrais. No cristianismo divulgouse o monograma do crismón, que representaba a Xesús Cristo. Na Idade Media utilizáronse os selos persoais que substituían a sinatura autógrafa nos documentos soberanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un monograma.

    2. Aplícase ao debuxo ou representación que constitúe un monograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Montederramo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Caldelas, situado na provincia de Ourense no centro-S de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 16’ 30” latiude N e 7° 30’ 00” lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Parada de Sil e A Teixeira (comarca de Terra de Caldelas), ao L con Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas) e Chandrexa de Queixa (comarca de Terra de Trives), ao S cos de Laza (comarca de Verín), Vilar de Barrio (comarca da Limia) e Maceda (comarca de Allariz-Maceda), e o O cos de Maceda e Xunqueira de Espadañedo (comarca de Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 135,6 km 2 cunha poboación de 1.072 h (2007), distribuídos nas parroquias dos Abeledos, As Chás, Covas, Gabín, Marrubio, A Medorra, Montederramo, Nogueira, Paredes, San Cosme de Montederramo, Sas do Monte, Seoane Vello e Vilariño Frío. Dista 156 km de Santiago de Compostela e 44 km de Ourense. A capital está no lugar de Montederramo, na parroquia homónima. Está adscrito á diocese de Ourense ( ao partido...

    VER O DETALLE DO TERMO