"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira da República Sudafricana, duns 1.100 km de longo, que limita con Lesotho ao S, con Swazilandia ao NL e a provincia de Kwazulu-Natal ao L. O cumio máis importante é o pico Thabana Ntlenyana (3.482 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Autor de obras de teatro. O termo comezou a usarse a partir do s XVIII no lugar de poeta, que se aplicou durante os ss XVI e XVII aos creadores, mentres que autor se reservaba para o director da compañía teatral, encargado da contratación e preparación de actores, e da selección dos textos. En 1787 Jean-François Marmontel denominou a William Shakespeare “o gran modelo dos dramaturgos”. Desde a década dos sesenta do s XX, xurdiu como unha nova figura que conxuga as funcións do autor español do Século de Ouro, co dramaturg alemán: ocúpase da selección do texto, do seu estudio e adaptación á posta en escena, da supervisión dos ensaios, e do seguimento da montaxe da representación.

    2. Persoa que se dedica á dramaturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Atraído polas correntes literarias parnasianas, publicou a recompilación poética _στοί αράχνης (Arañeiras, 1880). Inspirouse no mundo grego tradicional para crear a obra Eιδύλλια (Idilios, 1883). Tamén cultivou a novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Pioneiro na descrición das formacións vexetais e da bioxeografía. Publicou, entre outros traballos, Handbuch der Pflanzengeographie (1890) e Oekologie der Pflanzen (1913). En 1910 comezou a colaborar con Heinrich Gustav Adolf Engler na obra Die Vegetation der Erde. Foi profesor de botánica e director do xardín botánico da Universidade de Dresden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e político. Licenciouse en Filosofía polas universidades de Harvard e Fisk. Fundou o Niagara Movement (1905), organización de intelectuais negros para a defensa dos dereitos civís e, en 1909, a National Association for the Advancement of Colored People (NAACP). Ademais dirixiu o seu xornal The Crisis (1919-1934) e participou de xeito activo nos primeiros congresos panafricanos (1900, 1919, 1921, 1923 e 1927). Na Segunda Guerra Mundial adoptou o marxismo e, xunto con Nkruma, copresidiu un novo congreso panafricano en 1945. Ingresou no Partido Comunista en 1961. Entre as súas obras destacan The Souls of Black Folk (As almas do folk negro, 1903), The Star of Ethiopia (A estrela de Etiopia, 1913), Color and Democracy, Colonies and Peace (Cor e democracia, colonias e paz, 1945). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Lenin da Paz (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor das universidades de Lyon (1944), Besançon (1950) e Aix-en-Provence (1951) e do Collège de France (1970-1992). Medievalista, especializouse en temas de historia agraria e artística-cultural, sempre enfocados dende un ángulo sociolóxico. Cómpre destacar as súas obras L’économie rurale et la vie des campagnes dans l’Occident médiéval (A economía rural e a vida no campo no Occidente medieval, 1962), L’Europe au Moyen Âge (Europa na Idade Media, 1979) e Les Dames du Douzième siècle (As mulleres do s XII, 1996). Dirixiu Historie de la France (Historia de Francia, 1970-1972), Histoire de la France rurale (Historia da Francia rural, 1975-1976) e Histoire de la vie privée (Historia da vida privada, 1985). Ademais publicou unha reflexión sobre a súa carreira de historiador en L’histoire continue (A historia continúa, 1991). Foi membro da Académie Française (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra reflicte unha profunda compaixón pola humanidade e unha gran severidade contra aquilo que pode alterar a esencia da creación. Publicou, entre outras obras, Vie et aventures de Salavin (Vida e aventuras de Salavin, 1920-1932) e La chronique des Pasquier (Crónica dos Pasquier, 1933-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a presión de vapor parcial P e a fracción molar n dos elementos constituíntes dunha mestura líquida binaria, a unha presión e temperatura determinadas. Ten a expresión n1d(lnP1)/dn1=n2d(lnP2)/dn2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na confluencia dos ríos Rin e Ruhr (529.062 h [1998]). É a principal saída da rexión industrial do Ruhr. Construída á beira do Rin, converteuse no principal porto fluvial do mundo en tránsito comercial. As principais industrias pertencen ao sector metalúrxico, siderúrxico e químico. Tamén é un destacado centro mineiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e historiador das relixións. Investigou a mitoloxía indoeuropea utilizando o método comparativo para conciliar a actitude estruturalista coa aproximación histórica. Entre as súas obras destacan Le festin de l’immortalité. Étude de mythologie comparée indo-européenne (O festín da inmortalidade. Estudio de mitoloxía comparada indoeuropea, 1924), Mythe et épopée (Mito e epopea 1968-1973) e Les dieux souverains des indo-européens (Os deuses soberanos dos indoeuropeos, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor cinematográfico de debuxos animados. Traballou na National Film Board de Canadá. Instalado en Londres, en 1956 fundou unha produtora de debuxos animados e realizou algúns filmes breves, como The Apple (A mazá, 1961) ou The Flying Man (O home voador, 1962). En 1968 dirixiu Yellow Submarine (O submarino amarelo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e feminista. Redactora de La Presse, fundou varios xornais: La Fronde (1897), redactado e dirixido por mulleres, L’Action (1905) e Les Nouvelles (1909), nos que defendeu os dereitos da muller e a igualdade sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marguerite Donnadieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Madhya Pradesh, India, situada ao L de Nāgpur (150.513 h [1991]). Forma parte da área metropolitana de Bhilai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Potencia Divina (Śakti) ou poder inmanente da mitoloxía hindú, consorte do Ser Supremo (Śiva), no seu aspecto destrutor. Coñecida tamén cos nomes Pārvatī ou Kālī, representa unha arianización da noción prearia da Gran Deusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, India, situada no val do río Dāmodar (415.986 h [1991]). É un destacado núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa española de construcións mecánicas fundada no ano 1900, continuadora das antigas instalacións de Duro y Cía en Asturias. En 1966 incorporou o patrimonio siderúrxico de UNINSA (posteriormente ENSIDESA), e en 1967 agregou HUNOSA. A súa principal actividade é a fabricación de bens de equipamento para a industria siderúrxica, centrais hidroeléctricas e nucleares, cemento e minería. En 1991 SMDF transformouse en Grupo Duro Felguera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicólogo e sociólogo francés. Profesor de socioloxía política na Universidade da París desde 1955. Aplicou o enfoque sociolóxico á análise dos temas constitucionais e está considerado como o introdutor dos conceptos micropolítica e macropolítica no ámbito da ciencia política. Colaborou en Le Monde, Le Point e Le Nouvel Observateur. Escribiu, entre outras obras, Les partis politiques (Os partidos políticos, 1951), Sociologie politique (Socioloxía política, 1966), Institutions politiques et droit constitutionnel (Institucións políticas e dereito constitucional, 1970) e L’Europe dans tous ses états (Europa en todos os seus estados, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. É autor de Duma pro Opanasa (Canción de Opanás, 1926), sobre a Guerra Civil de Ucraína, e da escolma de poemas Posledn’aja noc (A última noite,1932).

    VER O DETALLE DO TERMO