Duisburg

Duisburg

Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na confluencia dos ríos Rin e Ruhr (529.062 h [1998]). É a principal saída da rexión industrial do Ruhr. Construída á beira do Rin, converteuse no principal porto fluvial do mundo en tránsito comercial. As principais industrias pertencen ao sector metalúrxico, siderúrxico e químico. Tamén é un destacado centro mineiro.