Du Bois, William Edward Burghardt
Sociólogo e político. Licenciouse en Filosofía polas universidades de Harvard e Fisk. Fundou o Niagara Movement (1905), organización de intelectuais negros para a defensa dos dereitos civís e, en 1909, a National Association for the Advancement of Colored People (NAACP). Ademais dirixiu o seu xornal The Crisis (1919-1934) e participou de xeito activo nos primeiros congresos panafricanos (1900, 1919, 1921, 1923 e 1927). Na Segunda Guerra Mundial adoptou o marxismo e, xunto con Nkruma, copresidiu un novo congreso panafricano en 1945. Ingresou no Partido Comunista en 1961. Entre as súas obras destacan The Souls of Black Folk (As almas do folk negro, 1903), The Star of Ethiopia (A estrela de Etiopia, 1913), Color and Democracy, Colonies and Peace (Cor e democracia, colonias e paz, 1945). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Lenin da Paz (1958).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Great Barrington, Massachusetts -
Deceso
Lugar : Accra, Ghana