"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio concedido anualmente polo goberno francés en forma de bolsa de estudos aos estudantes de belas artes. Foi creado por Luís XIV de Francia en 1666 e destinouse inicialmente aos estudantes da Académie Royale de Peinture et de Sculpture de París, para completar a súa formación durante un período aproximado de catro anos na Académie de France en Roma. Desde 1723 abríronse as bolsas para arquitectos e desde o s XIX para músicos e gravadores. A súa finalidade é a de perpetuar a tradición académica.
-
PERSOEIRO
Político e xurista italiano. Durante o goberno de G. Andreotti foi ministro de Industria (1978). Dirixiu o Istituto per la Ricostruzione Industriale (1982-1994). Membro da Alleanza Nazionale, en 1995 presentouse como xefe da coalición de esquerdas L’Ulivo, que gañou as eleccións xerais de abril de 1996 e foi nomeado presidente de goberno (1996-1998). Presidiu a Comisión Europea entre 1999 e 2004. Escribiu Sistema economico e sviluppo industriale in Italia (1973), L’Italia che vogliamo (1995) e Un’idea dell’Europa (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pródromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sinal precursor ou síntoma dun fenómeno clínico.
-
PERSOEIRO
Gramático e escritor. É autor de diversas obras novelísticas, como Os amores de Rodante e Dosicles e A batalla dos ratos e o gato, ademais de diálogos imitados de Luciano e das composicións poéticas coñecidas como poesías prodrómicas, sátiras que dan testemuño dos costumes da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Memoria pasiva programable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceder ou orixinarse unha cousa noutra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de estrutura química similar á da clorpromazina, coas as mesmas indicacións e dosificación, pero sen o átomo de cloro,
-
CIDADES
Cidade de Myanmar, situada á beira do río Irauadi (148.123 h [1973]). É un porto fluvial e centro dunha extensa zona arroceira e algodoeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
prometio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas pezas de vestir de algodón, la, seda ou fibras artificiais, que se adapta ao pé e á perna, xeralmente ata máis arriba do xeonllo. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meristema procedente das células dos embrións. OBS: Tamén se denomina meristema primario.
-
-
Acción de prometer ou prometerse.
-
-
Compromiso para realizar un acto ou contraer unha obriga.
-
promesa de contrato
Compromiso mutuo con vista a un contrato futuro que, por carencia de datos concretos ou por algún impedimento legal transitorio, aínda non se pode celebrar.
-
-
-
Ofrecemento feito a Deus ou a un santo de facer unha obra piadosa, condicionado ou non á obtención dunha graza.
-
Compromiso dun novizo de ligarse a unha comunidade relixiosa e a cumprir a súa regra e constitucións.
-
Obxecto ofrecido en cumprimento dunha promesa.
-
-
Persoa ou cousa que promete polas súas calidades.
-
Todos os que teñen fe, por oposición aos descendentes naturais de Abrahám, sexan xudeus ou non, que son froito dunha bendición (como Isaac), segundo san Paulo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de cor branca, inodora e pouco estable no aire. O seu clorhidrato é soluble en auga. É un antihistamínico e un antianafiláctico. OBS: Tamén se coñece como fenergan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que deixa prever un bo éxito ou un bo resultado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao mito de Prometeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, da raza dos titáns. Fillo de Xapeto e de Clímene, unha das oceánides, favoreceu os homes doándolles o lume arrebatado, por vinganza, a Zeus. Este castigouno atándoo a unha columna e mandándolle unha aguia para que lle devorase o fígado, que sempre se lle reproducía. Foi considerado o creador dos humanos, portador do lume e da sabedoría.
-
-
Comprometerse ou obrigarse a facer algo.
-
Asegurar algo como certo.
-
Comprometerse solemnemente a cumprir coas obrigas dun cargo.
-
Dar algo mostras de como vai ser ou desenvolverse no futuro.
-
Dar mostras de posuír unhas calidades determinadas que poden levar ao éxito.
-
Darse mutuamente palabra de casamento.
-
-
-
de prometer ou prometerse.
-
Que se lle prometeu a alguén.
-
Persoa que contraeu promesa de matrimonio, con respecto a outra.
-
Aquilo que se prometeu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento sintético, de número atómico 61 e peso atómico 144,913, da familia dos lantánidos. A súa existencia foi predita en 1902 por J. Branner e confirmada teoricamente en 1914 por H. Moseley, e obtido por primeira vez en 1945 por J. A. Marinsky e o seu equipo mediante fisión de uranio e bombardeo de neodimio con neutróns, seguido da separación por cromatografía de cambio iónico. Está totalmente ausente da codia terrestre, pero detectouse espectroscopicamente nalgunhas estrelas novas. Coñécense del 13 isótopos, todos radioactivos, con masas que van de 141 a 154. Forma sales clorados, con luminescencia pola radioactividade do metal. Pode empregarse como emisor de radiación â e, absorbido nun material fosforescente, como fonte de iluminación.