"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudiou en Zúric, Göttingen e Frankfurt. A súa obra abrangue os campos da análise, a topoloxía e a lóxica matemática. Creador da teoría de conxuntos, definiu o concepto de cardinal para conxuntos finitos e infinitos. Así mesmo, desenvolveu a teoría dos números irracionais, introduciu os números transfinitos e definiu, ao mesmo tempo que Julius Wilhelm Dedeking, Augustin-Louis Cauchy e outros, o número real. Entre as súas obras destacan Grundlagen einer Mannifgaltigkeitslehre (Fundamento dunha teoría xeral da pluralidade, 1883) e Beiträge zur Begründung der transfiniten Mengenlehre (Contribucións para a fundamentación dunha teoría de conxuntos transfinitos, 1895-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e historiador da ciencia. Foi profesor en Heidelberg e publicou Vorlesungen über Geschichte der Mathematik (Curso sobre a historia das matemáticas, 1880-1898), onde expón o desenvolvemento das matemáticas desde as súas orixes ata o ano 1799.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio segundo o cal, na recta real, toda sucesión de intervalos pechados, onde cada un está contido no anterior e as súas lonxitudes tenden a cero, define un número real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema da teoría de conxuntos, segundo o que, se C é un conxunto e Ã(C) é o conxunto de todos os subconxuntos de C, entón cúmprese que card [Ã(C)] > Card (C) e que card[Ã(C)] = 2card(c), onde card é o símbolo de cardinal dun conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de cantos de coro que comezou a empregarse na fin do s XV como compilación de pezas para o acompañamento na celebración de oficios relixiosos. Posteriormente, estendeuse o seu uso a ámbitos profanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, drenado polo río Almanzora, augas arriba da súa confluencia co torrente de Albox (3.357 h [1996]). O relevo é montañoso, con barrancos e chairas formando pequenas terrazas. Aproveita as augas do río para o rego. Posúe unha economía agrícola onde os cultivos principais son a viña e as árbores froiteiras. Tamén posúe minas de ferro como a de Numancia. A escasa industria, céntrase no traballo do mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribuna destinada aos cantores nas igrexas. Sobresaen, pola súa decoración escultórica, as dúas cantorias da catedral de Florencia (1433-1439), unha obra de Lucca della Robbia e outra de Donatello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político valenciano. Militou de mozo no partido liberal de Canalejas e, posteriormente, no radical de Lerroux. Foi deputado a Cortes por ambos os dous partidos, representando o distrito de Llucena (Alcalatén) en todas as eleccións celebradas desde 1905. Foi ministro de Xustiza nos dous gobernos Lerroux, no 1934 e no 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Olduvaiense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto de ata 70 cm de altura, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazada, e con flores en espigas de ata 3 cm de lonxitude rematadas nunhas brácteas púrpuras de ata 5 cm. En Galicia están presentes dúas subespecies (L. stoechas stoechas e L. stoechas sampaiana) en medios secos e abertos. Ten virtudes medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas dos roupeiros, e na elaboración da auga de lavanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, historiador e literato italiano. Participou no movemento da Giovane Italia e na Revolución de 1830, formou parte do goberno provisional de Milán durante a revolución de 1848 e foi deputado do Parlamento italiano do 1852 ao 1861 polo grupo liberal católico de Gioberti e de Balbo. Escribiu Margherita Pusterla (1838) e unha Storia Universale (1838-1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘dicir’ e ‘falar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘fala’ e ‘linguaxe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo común na polifonía dos ss XIV a XV que designa unha melodía de canto plano ou unha melodía que serve de base a unha composición polifónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dunha cana comprendida entre dous nós.

    2. Tubo curto e delgado de madeira, metal ou calquera material que serve de canle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo aberto polos dous extremos que se utiliza como sonda de drenaxe, en inxeccións hipodérmicas, paracenteses, sangrías ou traqueotomías, para conducir fluídos a través dunha abertura natural ou accidental do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei romana outorgada pola intervención do tribuno Caio Canuleio no ano 445 a C que anulaba a prohibición, contida na Lei das XII Táboas, dos matrimonios entre patricios e plebeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dunha cana comprendida entre dous nós.

    2. Tubo curto e delgado de madeira, metal ou calquera material que serve de canle.

    VER O DETALLE DO TERMO