Cantor, Georg
Cantor, Georg
Matemático. Estudiou en Zúric, Göttingen e Frankfurt. A súa obra abrangue os campos da análise, a topoloxía e a lóxica matemática. Creador da teoría de conxuntos, definiu o concepto de cardinal para conxuntos finitos e infinitos. Así mesmo, desenvolveu a teoría dos números irracionais, introduciu os números transfinitos e definiu, ao mesmo tempo que Julius Wilhelm Dedeking, Augustin-Louis Cauchy e outros, o número real. Entre as súas obras destacan Grundlagen einer Mannifgaltigkeitslehre (Fundamento dunha teoría xeral da pluralidade, 1883) e Beiträge zur Begründung der transfiniten Mengenlehre (Contribucións para a fundamentación dunha teoría de conxuntos transfinitos, 1895-1897).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Petersburgo -
Deceso
Lugar : Halle, Saale