"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Capelán.
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (1714-1717). Ingresou no convento carmelita de Valdemoro. Foi profesor de filosofía e teoloxía, prior de Onda e de València, provincial dos conventos de València, Aragón e Navarra, asistente xeral das provincias hispánicas e procurador e vicario xeral da orde. Elixírono representante do Reino de València para pedir a Carlos II a restitución do cargo de vicechanceler. Despois de ser bispo de Lugo, nomeárono bispo de Teruel, pero morreu antes de chegar á nova sé.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Oficial do exército de terra, de grao superior ao de tenente e inferior ao de comandante, a quen regulamentariamente corresponde o mando dunha compañía, dun escuadrón ou dunha batería. Antigamente, o capitán era simplemente o que mandaba unha maior ou menor cantidade de tropa (ou xente armada). Este grao foi establecido en Francia no s XIV e en Castela durante o reinado de Isabel I, coa organización da milicia. Coa creación do terzo no s XVI, o capitán creou, mandou e administrou unha compañía nomeando os cargos subalternos. Cando foi substituído o terzo polo rexemento (1702), o capitán ocupou o lugar entre o maior e o primeiro tenente; a lei de 1878 colocouno entre o comandante o o alférez, e a lei de 1889 entre o comandante o o primeiro tenente. A divisa actual dos capitáns está constituída por tres estrelas de seis puntas que forman un triángulo, colocadas na gorra e sobre o puño da casaca.
-
capitán xeneral
En España, grao supremo da xerarquía militar, equivalente ao mariscal francés ou ao mariscal de campo alemán. O título aparece co mandato dos Reis Católicos. A mediados do s XVI comezaron a designarse con este nome os graos superiores da xerarquía militar do exército real dos Austrias. Posuía sobre o territorio e o exército a autoridade superior en tempo de guerra e ocupaba o cargo mentres se desenvolvía a campaña. Nas zonas fronteirizas, onde o estado de guerra era permanente, o cargo adquiriu xurisdición territorial. Na actualidade, o capitán xeneral, ademais da xurisdición territorial, ten mando sobre as forzas que constitúen os respectivos corpos do exército. A persoa que teña o título de capitán á fronte dunha rexión militar só goza deste tratamento mentres desempeñe o cargo. En Galicia, o primeiro capitán xeneral e gobernador foi Fernando de Acuña, nomeado no 1480 polos Reis Católicos co fin de reprimir calquera manifestación descentralizadora. Os seus poderes eran amplos, podían...
-
-
-
Grao de oficial da mariña de guerra superior ao de tenente de navío e inferior ao de vicealmirante.
-
capitán de corveta
Nalgunhas mariñas de guerra europeas, oficial que posúe o grao do corpo xeral da armada, superior ao de tenente de navío e inferior ao de capitán de fragata e equivalente ao grao de comandante do exército de terra.
-
capitán de fragata
Nalgunhas mariñas de guerra europeas, oficial que posúe o grao do corpo xeral da armada, superior ao de capitán de corveta e inferior ao de capitán de navío e equivalente ao grao de tenente coronel do exército de terra.
-
capitán de navío
Nas mariñas de guerra europeas, oficial que posúe o grao do corpo xeral da armada, superior ao de capitán de fragata e inferior ao de contraalmirante e equivalente ao cargo de coronel do exército.
-
capitán de porto
Oficial da armada que posúe o cargo anexo ao de comandante ou axudante de mariña. As súas atribucións son a regulación da navegación dun porto e a conservación das instalacións naúticas.
-
capitán xeneral da armada
Xefe superior das forzas navais dun estado, que nos países anglosaxóns recibe o nome de almirante de flota. En España o cargo, creado en 1793, ostentaba a dirección orgánica e técnica da armada, pero non a capacidade operativa, que era do rei. Suprimido en 1869, foi reinstaurado por Afonso XII en 1912 e suprimido novamente en 1932. Despois de 1939 foi novamente reinstaurado e detido polo xeneral Franco. Coa restauración democrática, a mariña organizouse en cinco capitanías xenerais (Mediterránea, Canarias, Estreito, Cantábrica e Central), cada unha delas encabezada por un capitán xeneral con graduación de almirante.
-
-
...
-
-
PUNTA
Punta do S da enseada de Rianxo, na beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Abanqueiro, concello de Boiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte setentrional da rexión da Pulla, Italia, que corresponde aproximadamente á actual provincia de Foggia.
-
-
-
Mandar ou dirixir como capitán unha tropa.
-
Mandar ou guiar un grupo de persoas, unha sublevación ou unha acción semellante.
-
-
Actuar como capitán.
-
-
-
Cargo, dignidade ou autoridade de capitán.
-
Edificio onde radican as oficinas dun capitán ou dun capitán xeneral.
-
Territorio sobre o que se estendía a xurisdición dun capitán. Na Idade Media as capitanías foron establecidas como xurisdición de guerra, con ocasión de operacións bélicas e con carácter extraordinario.
-
Dereito que o capitán dun porto cobraba de todos os barcos que fondeaban alí.
-
-
Cargo de capitán xeneral.
-
Demarcación territorial sobre a que exerce xurisdición un capitán xeneral. En España, a división realizouse a comezos do s XVIII quedando como cabezas das capitanías Andalucía, Aragón, Catalunya, Castela, Extremadura, Galicia, Gipuzkoa, Navarra, València, Costa de Granada, Canarias e Mallorca. Desde 1835 ata 1984 as capitanías xenerais (chamadas tamén rexións militares) foron nove. As capitais de cada rexión son: Madrid, Sevilla, València, Barcelona, Zaragoza, Burgos, Valladolid, A Coruña e Granada, ás que se engaden Palma de Mallorca e Santa Cruz de Tenerife. A correspondente a Galicia, da que dependen as catro provincias da Comunidade, estivo en dúas ocasións suxeita a desaparición: en 1893, cando a forte oposición mostrada pola Asociación Regionalista Gallega levou ao goberno a retirar a proposta, e en 1984 con motivo da redución das capitanías xenerais a catro (A Coruña, Barcelona, Sevilla e Madrid) e os mandos das Illes Balears e das Canarias, como consecuencia da adecuación...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio neoclásico construído por Juan Vergel en 1748. Foi concibido como vivenda do capitán xeneral e sede da Audiencia. A súa planta é cadrada e está organizado ao redor dun patio central. Ten planta baixa e dúas alturas. A fachada amosa a horizontalidade coa que foi concibido o edificio. O corpo central remata nun tímpano semicircular no que se atopa un reloxo e o escudo real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen capitula.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Estudiou no Conservatorio de París entre os anos 1896 e 1901. Dirixiu orquestras en Francia, Alemaña, Reino Unido e América do Norte. Dentro da súa produción, inscrita nunha tendencia impresionista, destaca a orquestración e dirección da estrea de Le martyre de Saint-Sébastien (O martirio de san Sebastián, 1911), de Debussy, e a peza Le miroir de Jésus (O espello de Xesús, 1923). Gañou o Gran Premio de Roma en 1901 coa súa cantata Myrrha.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, filólogo e político. Iniciou a súa carreira no exército e participou na guerra contra Portugal (1762). En 1775 fixou a súa residencia en Madrid e ocupou diversos cargos públicos. Foi deputado en Madrid e, por encargo da Junta de Comerç de Barcelona, escribiu a súa obra fundamental: Memorias históricas sobre la marina, comercio y artes de la antigua ciudad de Barcelona (1779-1792). Coa invasión napoleónica refuxiouse en Sevilla e colaborou na tarefa de convocar as Cortes Xerais de Cádiz (1810). A súa obra trata temas filolóxicos e gramaticais, políticos e históricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación supersticiosa realizada a través do fume.
-
GALICIA
Sacerdote. Doutor en Filosofía e Teoloxía pola Università de Roma, cidade a onde se trasladara como bolseiro en 1903. Posteriormente, regresou a Lugo onde exerceu a docencia no seminario ata o 1917. Destacado orador e investigador de temas históricos, publicou Origen histórico-filosófico del modernismo y su refutación (1912), La mujer gallega en alas del ideal, cantando la religión y la patria (1927), María y Galicia (1947) e Programa de sociología y economía social (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Truman Strekfus.
-
PERSOEIRO
Paleógrafo e arquiveiro italiano. É autor do Dizionario di abreviatura latine ed italiane (Dicionario de abreviaturas latinas e italianas, 1899) e Cronologia, cronografia e calendario perpetuo (Cronoloxía, cronografía e calendario perpetuo, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano de orixe italiana. É un dos autores das comedias máis representativas do New Deal de Roosevelt e voceiro do chamado “optimismo crítico” do cine americano entre 1932 e 1941 con It Happened on Night (Aconteceu unha noite, 1934), Mr Deeds Goes to Town (Mr Deeds chega á cidade, 1936), It’s a Wonderful Life (Unha vida marabillosa, 1946). Dirixiu tamén Arsenic and Old Lace (Arsénico e un vello encaixe, 1944) e A Pocketful of Miracles (O peto dos milagres, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. Estivo ao servizo de Martiño V, Uxío IV e Nicolao V. Nomeado cardeal por Martiño V, exerceu diversas misións diplomáticas. Foi rival de Afonso de Borja no conclave que o fixo papa (Calisto III) en 1455. Fundou o Colexio Capranica, o máis antigo de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio en forma de banda do NL de Namibia, que enlaza o país co río Zambeze e que se estende entre Angola, Zambia e Botswana. O chanceler alemán Caprivi obtivo a posesión deste territorio para Inglaterra en 1893. En 1939 a Unión Sudafricana anexionou a parte oriental deste territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto orgánico que se presenta en cristais que se funden a 172-173°C. De actividade bacteriostática e funxicida, ten carácter preventivo e mellora o aspecto do cultivo. A súa inxestión produce vómitos e diarreas.