capitanía
(< capitán)
-
s
f
Cargo, dignidade ou autoridade de capitán.
Ex: Sempre aspirara á capitanía do seu equipo.
-
s
f
Edificio onde radican as oficinas dun capitán ou dun capitán xeneral.
-
s
f
[HIST]
Territorio sobre o que se estendía a xurisdición dun capitán. Na Idade Media as capitanías foron establecidas como xurisdición de guerra, con ocasión de operacións bélicas e con carácter extraordinario.
-
s
f
[MAR]
Dereito que o capitán dun porto cobraba de todos os barcos que fondeaban alí.
-
capitanía xeneral
[BÉL]
-
Cargo de capitán xeneral.
-
Demarcación territorial sobre a que exerce xurisdición un capitán xeneral. En España, a división realizouse a comezos do s XVIII quedando como cabezas das capitanías Andalucía, Aragón, Catalunya, Castela, Extremadura, Galicia, Gipuzkoa, Navarra, València, Costa de Granada, Canarias e Mallorca. Desde 1835 ata 1984 as capitanías xenerais (chamadas tamén rexións militares) foron nove. As capitais de cada rexión son: Madrid, Sevilla, València, Barcelona, Zaragoza, Burgos, Valladolid, A Coruña e Granada, ás que se engaden Palma de Mallorca e Santa Cruz de Tenerife. A correspondente a Galicia, da que dependen as catro provincias da Comunidade, estivo en dúas ocasións suxeita a desaparición: en 1893, cando a forte oposición mostrada pola Asociación Regionalista Gallega levou ao goberno a retirar a proposta, e en 1984 con motivo da redución das capitanías xenerais a catro (A Coruña, Barcelona, Sevilla e Madrid) e os mandos das Illes Balears e das Canarias, como consecuencia da adecuación da estrutura militar española á da OTAN.
-