"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CIDADES
Cidade de Italia levantada sobre a antiga cidade etrusca fundada cara ao 600 a C. Quedou baixo o dominio samnita no 424 a C e foi protectorado romano no 340 a C. Devastada polos vándalos (456) e destruída polos árabes (840), os seus habitantes trasladáronse a Casilinum, que recibiu o nome de Capua. Foi reconstruída na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador, crítico e dramaturgo. Profesor de literatura en Roma e en Catania, foi un destacado representante do teatro siciliano e, influído por Zola, un dos creadores do verismo. Amais foi crítico literario no Corriere della Sera e noutros xornais italianos. A súa narrativa presenta, cunha intención documental e científica, casos xeralmente patolóxicos dentro dun clima tráxico. Publicou Giacinta (1879), Il Profumo (O perfume, 1890), Il marchese di Roccaverdina (O marqués de Roccaverdina, 1901) e Teatro dialettale siciliano (Teatro dialectal siciliano, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (211-217), fillo do Emperador Sétimo Severo, quen o vinculou a tarefas de goberno desde o 198, e de Xulia Domna. Recibiu o sobrenome de Caracalla pola peza de vestir que levaba. Á morte do seu pai asasinou o seu irmán Sétimo Geta e os seus partidarios. Promulgou no 212 a Constitutio Antoniana que concedía a cidadanía romana a todos os homes libres do Imperio. Emprendeu campañas militares nas fronteiras do Rin e do Danubio. Asasinárono despois de pasar o Tigris nunha conspiración dirixida polo prefecto do pretorio. Datan do seu goberno o mapa de camiños coñecido como Itinerario Antonino e as termas que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como il Battistello, as súas primeiras obras seguen o estilo de Caravaggio no tratamento da luz e da sombra e na interpretación realista dos temas, como acontece en A liberación de san Pedro (1610?). Cara ao 1620 achegouse a un clasicismo motivado pola influencia da escola boloñesa dos Carracci; entre estas obras destaca O adeus de Cristo á súa Nai (1620?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Ortega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao que é propio para caracterizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paulo IV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos ou pequenas árbores caducifolias da familia das fabáceas, que teñen follas pinnadas, estípulas que moitas veces se transforman en espiñas, e flores xeralmente amarelas. Son orixinarios das zonas áridas de Asia oriental e cultívanse como plantas ornamentais.
-
-
Que ou quen gusta andar de festa.
-
Que ou quen toma as cousas a broma e é pouco formal e respectuoso.
-
[Phallu
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[turco: Qarama
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un lobo de sable pasante ao pé do tronco.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, astrónomo e teólogo. Estudiou nas universidades de Alcalá e Salamanca e doutorouse en Teoloxía en Louvain. Foi monxe cisterciense, abade do mosteiro beneditino de Montserrat de Emaús (Praga) e bispo de Campania, de Otranto e de Vigevano. Realizou numerosas observacións meteorolóxicas e físicas, e intentou aplicar á astronomía unha formulación mecánica. Como arquitecto destaca o deseño da fachada da catedral de Vigevano e o tratado Arquitectura civil recta y oblicua (1667-1668). A súa obra máis destacada é Mathesis vetus novis operationum compendiis (Método antigo para os novos compendios de operacións, 1670) na que expón o fundamento xeral dos sistemas de numeración de base n, que propón como vantaxosos fronte ao uso dos decimais e inventa un sistema de logaritmos perfectos, precursor dos cologaritmos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emmanuel Poiré.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Copernicia prunifera, Fam das palmas]
-
PERSOEIRO
Historiador. Doutorado en Dereito en Madrid en 1910, estudiou economía en Múnic, Berlín, Viena e Londres. Foi discípulo de Flores de Lemus. Catedrático das universidades de Murcia (1916) e de Sevilla (1918), e conselleiro de estado (1931-1933) e do Banco Urquijo (1933). Dedicouse á investigación da historia económica e especializouse no s XVI, principalmente no reinado de Carlos V. Foi un dos fundadores dos Anuarios de historia del derecho español. Entre as súas obras sobresaen: Sevilla, fortaleza y mercado (1924), Carlos V y sus banqueros (1943-1949), El crédito de Castilla en el precio de la política imperial (1949), El despotismo ilustrado de los Amigos del País (1956), Informe de Olavide sobre la ley agraria (1956), Siete estudios de historia de España (1969) e Otros siete estudios de historia de España (1978). Postumamente apareceron: Recuerdos de mi infancia (1987), El historiador (1989), Libro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Dedicouse ao xornalismo e colaborou en distintas publicacións e na televisión, onde se ocupaba fundamentalmente da información parlamentaria. Publicou Vivir en Madrid (1967), Celtiberia show (1970), Vida y milagros de Monseñor Escrivá de Balaguer, fundador del Opus Dei (1975) e El Camino de Santiago (1991), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cangrexo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terpeno bicíclico saturado. Considérase o composto fundamental do que derivan estruturalmente todos os terpenos da serie do carano. O único hidrocarburo desta serie que se atopa na natureza é o 3-careno, presente na esencia de trementina india.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
carauta.