Caramuel Lobkowitz, Juan
Arquitecto, astrónomo e teólogo. Estudiou nas universidades de Alcalá e Salamanca e doutorouse en Teoloxía en Louvain. Foi monxe cisterciense, abade do mosteiro beneditino de Montserrat de Emaús (Praga) e bispo de Campania, de Otranto e de Vigevano. Realizou numerosas observacións meteorolóxicas e físicas, e intentou aplicar á astronomía unha formulación mecánica. Como arquitecto destaca o deseño da fachada da catedral de Vigevano e o tratado Arquitectura civil recta y oblicua (1667-1668). A súa obra máis destacada é Mathesis vetus novis operationum compendiis (Método antigo para os novos compendios de operacións, 1670) na que expón o fundamento xeral dos sistemas de numeración de base n, que propón como vantaxosos fronte ao uso dos decimais e inventa un sistema de logaritmos perfectos, precursor dos cologaritmos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso
Lugar : Vigevano, Lombardía