Caracalla, Marco Aurelio Antonio
Caracalla, Marco Aurelio Antonio
Emperador romano (211-217), fillo do Emperador Sétimo Severo, quen o vinculou a tarefas de goberno desde o 198, e de Xulia Domna. Recibiu o sobrenome de Caracalla pola peza de vestir que levaba. Á morte do seu pai asasinou o seu irmán Sétimo Geta e os seus partidarios. Promulgou no 212 a Constitutio Antoniana que concedía a cidadanía romana a todos os homes libres do Imperio. Emprendeu campañas militares nas fronteiras do Rin e do Danubio. Asasinárono despois de pasar o Tigris nunha conspiración dirixida polo prefecto do pretorio. Datan do seu goberno o mapa de camiños coñecido como Itinerario Antonino e as termas que levan o seu nome.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lyon -
Deceso
Lugar : Carrhae, &#