"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Poeta, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro. Membro da Cova Céltica, onde coincidiu con Eduardo Pondal e Florencio Vaamonde, foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Como poeta ten características en común con Pondal, xa que desenvolveu moitos dos seus poemas no mundo céltico de Ossián. Ademais, caracterizouse polo seu uso da sátira literaria e polo ton patriótico e aristocrático das súas composicións. Colaborador da Revista Gallega e do suplemento Terra a Nosa!, das súas obras destacan Os afillados do demo (1885), A noite de San Silvestre (1890), a recompilación Líricas Gallegas (1894), El laudemio: Su legislación y jurisprudencia hasta el año 1898 (1899), Landras e bayas (1919) e Andeiro. Poema histórico brigantino da Unión Ibérica (século XIV) (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e empresario. Comezou co seu labor fotográfico aos 13 anos da man de Anxo Blanco Villar, dono da empresa Foto Blanco, da que co tempo Martí foi o seu propietario entre 1953 e 1993. Fotógrafo para La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Hoja del Lunes, realizou varias exposicións na Coruña e en Madrid. Recibiu máis de 25 premios fotográficos a nivel nacional e no estranxeiro como o Teresa Herrera de Fotografía (1986 e 1991) ou o Fotoxornalista de Plata (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pacifista. Coñecida como Conchita ou Connie, manifestouse desde 1981 na praza Lafayette, diante da Casa Branca, para que lle concedesen a patria potestade da súa filla e contra diversas causas como a actividade nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Joseph García Balboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militou na Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e no grupo El Topo Obrero. Deputado no Congreso de los Diputados (1977 e 1979), interveu activamente na elaboración da Constitución española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de Catalunya de 1979. En 1982 e 1986 foi elixido deputado por Barcelona no Congreso, onde foi portavoz do grupo parlamentario socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Regatista. En 1989 incorporouse ao equipo de vela do Real Club Náutico de Vigo, onde en 1996 pasou á clase Vaurien. Obtivo o título de campión ibérico de Vaurien (2001, 2002 e 2003) e subcampión do mundo de Vaurien (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco López García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e psiquiatra. Frecuentou os parladoiros literarios do Café Gijón e integrouse no foro de debate Academia Errante. Comezou na literatura co poemario Grana Gris (1945) e escribiu ensaios, dos que sobresaen Dilthey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) e Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964). Da súa narrativa destacan Tiempo de Silencio (1962), na liña do realismo social e cunha complexidade narrativa considerable, o libro póstumo de contos Apólogos (1970) e a novela inconclusa Tiempo de destrución (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de obtención de aceiro descuberto simultaneamente, con pequenas variacións, por Pierre Martin e por Siemens. Neste procedemento a escoura que se forma entre o baño metálico e a atmosfera oxidante do forno fan de vehículo portador de osíxeno. Pódense obter diferentes tipos de aceiro a partir da fusión de ferro e de ferralla, e o procedemento pode ser ácido se o revestimento do forno é de silicio, ou básico se é de dolomita ou magnesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Dirixiu o programa Con la Ley en la Mano, emitido por Radio Noroeste e posteriormente por Radio Voz e a asesoría xurídica do R.C. Celta de Vigo, do que foi vicepresidente. Desde 1995 traballou como avogado de Greenpeace en Galicia. Especialista na emigración galega, publicou diversos traballos sobre montes comunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e gramático. Coñecido como Elio Antonio de Nebrija [Lebrija], a súa curiosidade científica abrangueu, ademais da filoloxía e da gramática, campos tan diversos como a historia, a literatura, a arqueoloxía, a cosmografía, a botánica, a filosofía e a teoloxía. Intentou restaurar o estudo e o uso do latín e, estudiando comparativamente a lingua latina e a castelá, chegou a argumentar algunhas distincións que, co tempo, habían ser fundamentais na ciencia da lingüística. Despois de estar un tempo en Sevilla (1470-1473), ao servizo do arcebispo Fonseca, marchou a Salamanca (1476-1486) como profesor de gramática e retórica. Alí foi onde iniciou a súa produción literaria e publicou Introdutiones in latinam grammaticam, per eundem recognitae atque exactissime correctae glossematis cum antiquo exemplari collatis (1481), en latín vulgar e logo en castelán. Posteriormente, publicou Repitio Secunda quam fecit anno christianae salutis MCCCCLXXXVI de corruptis hispanorum ignorantia quarumdam...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Destacou na Guerra de África, en México (1861-1862), onde loitou ás ordes do xeneral Prim, e en Cuba (1869). En 1872, voltou a España e loitou en Catalunya contra os carlistas e ao ano seguinte en València. Enfrontado co goberno republicano, dimitiu do cargo de capitán xeneral e foi confinado en Mallorca. O 29 de decembro de 1874 pronunciouse en Sagunt en nome de Afonso XII. O colapso do goberno provisional deulle a vitoria e o rei foi proclamado en Madrid. Nomeado capitán xeneral de Catalunya (1874-1886), iniciou a campaña contra os carlistas e marchou a Cuba onde dirixiu a guerra. Despois de derrotar os insurrectos (Paz de Zanjón, 1878), voltou a España e ao ano seguinte formou un goberno. Morto Afonso XII, fixo de mediador entre Cánovas del Castillo e Mateo Sagasta para que asinaran o Pacto de El Pardo (1885). Nomeado de novo capitán xeneral de Catalunya (1890 e 1893), foi xeneral en xefe das forzas de África (1893) e acabou a guerra de Melilla. Capitán xeneral de Castela-A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cirurxián. Fundou o servizo gratuíto municipal de Maternidade (1914). Colaborou en revistas médicas e das súas publicacións destacan Un caso de cesárea seguido de histerectomía (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor dos xornais La Noche, La Hoja del Lunes e El Pueblo Gallego, e fundou e dirixiu Informe Gráfico, El Pope, Informe Gallego e El Pueblo Gallego del siglo XX. Recibiu o Premio Lija da Asociación da Prensa de Vigo (1992) e a medalla do Concello de Vigo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Incorporou á literatura castelá un extenso vocabulario de lingua popular e coloquial, antecedente da linguaxe de La Celestina. Da súa produción destacan Corbacho o Reprobación del amor mundano, de carácter satírico, Vidas de San Ildefonso y San Isidro, Atalaya de las Crónicas, de tipo histórico, e a obra menor Vencimiento del mundo. Así mesmo, fixo a tradución do Libro de la perdurable virginidad de Santa María, obra de San Ildefonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Considerado como un dos máis destacados historiadores e ideólogos do galeguismo do s XIX en Galicia, a súa obra tivo unha gran transcendencia na formación dos intelectuais e políticos galegos do s XX. Estudiou o bacharelato en Santiago de Compostela, onde frecuentou o Liceo de la Juventud, e en Ourense. En 1851, seguindo os desexos do seu pai, comezou os estudios de medicina e farmacia, que posteriormente abandonou, e trasladouse a Madrid. Na capital comezou a súa colaboración con diversas publicacións periódicas, como La Iberia e Las Novedades. Nesa época iniciaba tamén a súa faceta como escritor e publicaba, entre outras obras, os contos Luisa (1852) e Un can-can de Mussard (1853); as novelas Desde el cielo (1854), El regalo de boda (1855) e Don Diego Gelmírez (1859); os libros de viaxes Viaje pintoresco por la ría de Vigo (1855) e El castillo de Bayona de Galicia (1856), e unha ducia de poemas entre os que destaca “A nena das soidades”, o primeiro que escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Dirixiu o Orfeón Burgalés (1929-1936) e a Escuela Municipal de Música de Burgos. Das súas obras destacan Sonata Castellana (1921), Poemas de Juventud (1923), Sonata Gallega (1926), Sonata para guitarra (1933), Colección de cantos populares burgaleses (1932) e El mozo de mulas (1936). Recibiu o Premio Nacional de Música por unha extensa e documentada Colección de Cantos Populares Burgaleses e o primeiro premio da Sociedade Filharmónica da Coruña (1927) por Sonata Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Coñecido como Juan Antonio Martínez Sevilla, traballou como avogado e funcionario na Deputación da Coruña e foi profesor na Escola de Relacións Laborais da Coruña. Escribiu Pompas humanas (1952), La manzana podrida (1957), Guía de La Coruña (1964), Ensayo sobre vocación política (1972), Memorias de un gobernador civil (1974), RH negativo (1976), La ciudad de los mares de esquina (1984) e El caballo de cartón (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e naturalista. Formou un herbario das plantas dos arredores de Santiago de Compostela que foi citada na obra de Planellas Flora fanerogámica gallega. Foi colaborador da Revista de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO