"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Antiga fortaleza situada en Ferreira de Pantón (Pantón). Vinculado aos Arias de Masid e aos condes de Lemos, construíuse no s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas (s XV). No s XIX restaurouno Xoaquín Arias Sanjurjo. A torre da homenaxe é de planta cadrada e ten dúas portas de arco semicircular cos tímpanos apoiados sobre ménsulas con decoración escultórica. Consérvase parte do muro de peche que o circundaba. O muro e a torre están coroados por ameas. Na fachada conserva unha ventá plateresca datada no s XVI. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Nova Igrexa parroquial situada en Maside. Construíuse entre 1908 e 1910 en estilo neogótico, no lugar onde se situaba a capela de santo Antonio, segundo un proxecto do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez. Ten tres naves e capela maior con tramo recto e ábsida semicircular. A portada é abucinada, con arco apuntado e tímpano. Enriba ten unha ventá con parteluz e trifolio superior. Diante do adro destaca un cruceiro da primeira metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Vella Igrexa situada en Maside. De estilo románico, foi construída entre finais do s XII e principios do s XIII. Ten planta rectangular e unha soa nave separada da ábsida por medio dun arco toural de medio punto ornamentado con outro arco, que descansa sobre dúas columnas acaroadas e cos capiteis decorados. Durante a restauración do templo descubriuse unha arcada similar á anterior e atopáronse na ábsida pinturas murais do s XVI de estilo renacentista. A fachada ten portada románica con dous pares de columnas de fustes lisos e capiteis zoomórficos. As arquivoltas son sinxelas e o tímpano liso. No edificio destacan os numerosos relevos nos capiteis e nos muros, tanto do exterior como do interior. O templo foi igrexa parroquial ata 1910, cando se construíu a igrexa de San Tomé de Maside a Nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo. A partir de 1880 dirixiu a misión arqueolóxica francesa en Exipto. Elixido director do museo de Būlāq (1881-1887) e do de Al- Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ǧ iza (1889), foi tamén xefe do servizo arqueolóxico exipcio. Escribiu, entre outros, l’Archeologie egyptienne (1887) e Histoire ancienne des peuples d’Orient (1894-1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de Granados e Morera, licenciouse en Roma en música gregoriana. Deixou unha produción moi extensa e variada, da que destacan as óperas Nuredunna (1947) e Cánigo (1934). Tamén deixou oratorios, obras sinfónicas e un concerto para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Félix Marie Massé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles herbívoros fósiles cinodontos, da orde dos terápsidos, de aspecto similar aos mamíferos, de 48 cm de lonxitude, cola longa e probablemente con pelo. Viviron en América do Sur a mediados do Triásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e escritor. Con 18 anos fundou L’Avenç, editorial que axudou a orientar a modernización cultural e política do catalanismo. Foi membro fundacional do Institut d’Estudis Catalans e organizou o Primer Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1906). Publicou narracións, como Croquis Pirinencs (1896), poesías, a novela Desil-lusió (1904) e o drama lírico La fada (1897). Doutor honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (1934), publicou tamén as memorias Cinquanta anys de vida literària (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica parcial ou total da glándula mamaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve ou se pode mastigar.

    2. Aplícase á forma farmacéutica dalgúns medicamentos destinados a ser mastigados para favorecer a salivación e, consecuentemente, a penetración da solución do medicamento nos espacios interdentais. Utilízanse tamén para perfumar o alento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas rodófitas da familia das xigartináceas. En Galicia está presente a especie M. stellatus, de cor vermella escura e consistencia xelatinosa. Teñen interese comercial e cultívanse para a obtención de carragheen. Viven no mesolitoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘máis’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de leucocito con grans basófilos no protoplasma caracterizados pola intensa metacromasia nos colorantes derivados da anilina. OBS: Tamén se denomina célula encebada hematóxena.

    2. Célula do tecido conxuntivo con grans basófilos no protoplasma portadores de heparina e histamina que son liberados durante as infeccións. OBS: Tamén se denomina célula encebada hística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor da pel, benigno e pouco frecuente, que se forma por un infiltrado térmico rico en mastocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Urticaria pigmentada, con lesións cutáneas típicas, que poden ser nódulos tumorais ou maculopápulas múltiples e diseminadas. Ocasionalmente, os mastocitos poden infiltrarse, ademais, no tubo dixestivo, nos ósos, no fígado e no bazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor na mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera proboscídeo fósil do grupo dos mastodontoides.

    2. Persoa, animal ou cousa moi grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mastodontes.

    2. Que é de grandes proporcións ou dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mastodontoides.

    2. Mamífero do grupo dos mastodontoides.

    3. Grupo de mamíferos fósiles, da orde dos proboscídeos, que teñen de 1 a 3,30 m de altura na cruz e posúen molares de coroa baixa, coa superficie debuxada de cristas transversais. Atópanse fósiles desde o Oligoceno ata o Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO