"AES" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano de Gallaecia que, segundo Plinio e Ptolomeo, habitaba no convento xurídico Lucense e ocupaba, posiblemente, a península do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta que consiste nun manguito, unha brida, etc, con estopada impregnada nun lubrificante, que ao ser axustada hermeticamente a unha árbore, a un pivote, etc, impide as fugas de vapor ou de gases nos cilindros e noutros elementos das máquinas de vapor ou de motores.
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Xironda (Cualedro). O seu cumio acada os 789 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Quinta substancia, o éter, do que se forman as células e os astros, e que é superior aos catro elementos, segundo Aristóteles.
-
Esencia ou extracto dunha substancia que se consegue despois de destilala cinco veces.
-
Parte máis sutil ou esencial de algo.
-
-
-
Reducir algo á quintaesencia.
-
Refinar algo en alto grao.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cuartel de artillaría da Coruña que se converteu en 1994 en sede do reitorado da Universidade da Coruña. Construído en 1752 tiña planta rectangular e en 1771 remodelouse adquirindo unha planta poligonal irregular e dúas alturas. Conta cun patio interior con corredores abertos con arcos sobre piares. Está rodeado dun parque e xardíns que acollen os cimentos do antigo convento de San Domingos destruído por F. Drake en 1589.
-
PERSOEIRO
Médico, diplomático e escritor brasileiro. Como escritor inclúese na xeración de 1930, caracterizada por unha nova visión do regionalismo deitada cara ao neorrealismo. Na súa produción destacan Sagarana (1946) e Grande Sertão: Veredas (1956), nos que aparece retratado o mundo do sertão brasileiro. Outro aspecto destacable na súa obra é a concepción da estória, para el esta debe reflectir o estalo do misto ao ser acendido. Ademais, emprega unha linguaxe con moitos neoloxismos e usa palabras populares propias do sertão, reinventándoas nalgúns casos. A súa concepción da estória e da linguaxe influíu en escritores africanos en lingua portuguesa, como José Luandino Vieira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Castelló de La Plana, Comunitat Valenciana (1.859 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. A industria, ademais da elaboración de viño e aceite, céntrase nos mobles e no xénero de punto.
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira do SL de Cuba que se estende desde o cabo Cruz ata a baía de Guantánamo, ao longo duns 250 km. É unha rexión moi abrupta, á beira do mar, con altitudes que oscilan entre os 1.000 e os 1.500 m, e acadan a máxima no pico Turquino (2.005 m). Foi base do foco guerrilleiro dirixido por Fidel Castro durante a Revolución Cubana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1852 a Manuel María Vázquez de Quiroga e Queipo de Llano (San Cristovo do Real, Samos 1800 - Quiroga 1859), senador e deputado, polos servizos prestados polo seu pai, Antonio María Vázquez de Quiroga e Arias, na Guerra da Independencia. Sucedeuno o seu fillo Vicente María Vázquez de Quiroga-Queipo de Llano e Quiroga (Quiroga 1827-Santiago de Compostela 1867), II conde de Torre Novaes de Quiroga e I vizconde de Espasantes. Morreu sen descendencia e e o título pasou ao seu irmán Francisco Javier Quiroga-Queipo e Pardo-Balmonte (?-Quiroga 1897), III conde de Torre Novaes de Quiroga, sucedido polo seu fillo Francisco Javier Vázquez-Queipo e Montoto (?-Espasantes 1949), IV conde de Torre Novaes de Quiroga. Herdou o título a súa filla María del Pilar Vázquez-Queipo e del Río (?-Madrid 1975) V condesa de Torre Novaes de Quiroga, sucedida pola súa filla ...
-
PERSOEIRO
Navegante portugués. Traballou ao servizo do Rei Filipe III de Castela. Descubriu as Novas Hébridas e o estreito de Torres. Escribiu unha relación das súas viaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar flamengo, conde de Tilly. Estivo ao servizo do imperio xermánico e durante a Guerra dos Trinta Anos mandou os exércitos da Liga Católica. Foi plenipotenciario na Paz de Lübeck (1629) e, desde 1630, foi xefe dos exércitos imperiais en substitución de Wallenstein. Despois da ocupación de Magdeburg, foi vencido polos suecos en Breitenfeld.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sector político da esquerda con tendencias radicais e violentas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura fina dunha célula, tal como se observa no microscopio electrónico.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cantabria, situado ao S de Santander e ao O da serra de La Gándara (3.323 h [2001]). Ten minas de ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía modernista, a prosa e o teatro. Destaca en prosa La copa del rey de Thule (1900) e a obra de teatro El alcázar de las perlas (1911).
VER O DETALLE DO TERMO