"AID" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Piñeira (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 649 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron diversas cidades de Libia, Exipto e Israel na época helenística, fundadas en honor dos membros da dinastía ptolemaica. Foi o caso de Acre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Incursión rápida en terreo inimigo ou descoñecido, xeralmente con poucos efectivos, para recoller información, capturar material ou facer prisioneiros.

      2. raid aéreo

        Expedición lanzada sobre un territorio situado a longa distancia executada por unha formación de bombardeo estratéxica ou táctica.

    1. Voo a longa distancia para recoller información.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de recaer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da rexión de Magallanes e Antártica Chilena, Chile, situado no Océano Pacífico entre os estreitos de Magallanes, ao S, e o de Nelson, ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de retraer ou retraerse.

    2. Que é pouco comunicativo e sociable.

    3. Que é propio da persoa retraída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e escritor. Criado nun ambiente liberal e progresista, desde moi novo sentiu a influencia do seu tío Indalecio Armesto. En 1886 tirou do prelo as follas propagandísticas La Guindilla e Los amigos del Progreso, coas que procuraba unha revitalización da actividade política da mocidade pontevedresa. Ao ano seguinte editou unha pequena novela, Amor y celos, que apareceu como folletín no xornal que dirixía o seu tío Indalecio, e en 1897 o estudo Análisis y Ensayos, onde se advirte certa moderación nos seus postulados políticos, influído pola lectura de escritores franceses da biblioteca de Xesús Muruais. Nesta época exerceu como profesor no Instituto de Pontevedra. A partir de 1902 comezou a recolleita de material para a publicación do Cancionero Musical de Galicia, que presentou, xunto con Casto Sampedro, ao concurso da Academia de Belas Artes, premio que conseguiron en 1910. Previamente, en 1905 participou na comisión preparatoria da fundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de saír.

    2. Momento en que se sae.

    3. Lugar por onde se sae.

    4. Lugar de partida dunha carreira ou competición.

    5. Pensamento agudo, enxeñoso e sorprendente.

    6. Solución a unha situación agoniante ou conflitiva.

    7. Posibilidade de venda dalgún produto.

    8. Desprazamento planificado cara a un lugar diferente do de residencia.

    9. Movemento inicial en determinados xogos.

    10. Circuíto por onde se extrae o sinal nun aparello electrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (6.129 km2; 279.526 h [1998]). A súa capital é Saïda (110.865 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de saír

    2. Que sobresae da superficie dalgunha cousa.

    3. Que está en celo.

    4. Que ou quen está excitado sexualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tanaidáceos.

    2. Crustáceo da orde dos tanaidáceos.

    3. Orde de crustáceos, da clase dos malacostráceos, de dimensións entre 1-20 mm de lonxitude, coa cuncha reducida aos dous primeiros segmentos sobre os que está soldada. Son mariños e viven en galerías escavadas nos fondos fangosos. Os representantes máis comúns son Apseudes spinosus e Tanais vittatus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do Alto Exipto, con capital en Tebas, que se estendía desde Siena ata Hermópolis. Desde o s III foi provincia romana. Na súa zona desértica floreceu, desde o s III, a vida anacoreta, con san Paulo o Ermitán, santo Antonio ou san Pacomio e a súa irmá María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda (2.256 km2; 75.514 h [1996]). A súa capital é Clonmel (11.737 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda (2.046 km2; 58.021 h [1996]). A súa capital é Nenagh (5.480 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de traer.

    2. Conxunto de instalacións apropiadas que levan a auga dun manancial ou depósito á casa e que aseguran o seu abastecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comete traizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cautela que ten unha persoa para non correr riscos ao executar un delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión cerrada do Tíbet nororiental, situada na provincia chinesa de Quinghai, que limita ao S coa cordilleira dos Kunlun e ao N coa de Nan Shan. Ten 200 km de anchura e 850 km de lonxitude e o fondo da depresión está a 2.700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tupaidos.

    2. Mamífero da familia dos tupaidos.

    3. Familia de mamíferos, duns 10-20 cm de longo, cunha cola longa e moi peluda, o corpo esvelto e provisto dun pelame denso, o fociño longo e apuntado, as extremidades proporcionadas e os dedos armados de unllas curvas. Habitan as selvas da Asia suroriental, desde India ao S de China, e desde o arquipélago malaio ata Filipinas.

    VER O DETALLE DO TERMO