"AIT" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 96.

    1. Relativo ou pertencente ao nicolaísmo.

    2. Partidario do nicolaísmo ou membro da súa seita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1869), en 1886 instalouse en Vigo, onde foi arquitecto municipal ata 1894. Desde este posto realizou un proxecto para a aduana, que non se realizou, e a rehabilitación do antigo cárcere e pazo de xustiza. Rematou tamén as obras do mercado do Progreso que iniciara B. Gómez Román. Os seus proxectos caracterizáronse polo eclecticismo historicista e pola escolla do estilo segundo a función do edificio, empregando o neogótico nas obras relixiosas. Das súas obras destacan a actual sede da Fundación Caixa Galicia (1891), a casa de M. Núñez Berdiales (1890), a casa de Estanislao Durán (1901), a igrexa de Santiago de Vigo (1891-1907) e a igrexa e o asilo das Irmás dos Anciáns Desemparados (1892-1910). Como arquitecto da diocese de Tui, realizou a igrexa de Santa María de Porriño (1907-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade de Sais ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da cidade de Sais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (3.799 km2; 6.938.006 h [2000]). A súa capital é Urawa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Participou en coñecidas series de televisión, como La Regenta (1995). Despois do seu debut no filme Redondela (1986), de P. Costa, interpretou diversos papeis en Remando al viento (1987), El pájaro de la felicidad (1993), Un paseo por las nubes (1995), Yerma (1998), Volavérunt (1999), pola que recibiu a Concha de Plata no Festival de Cine de Donostia; e Un homme, un vrai (2003). Foi presidenta da Academia Española de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (1998-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Sinaí.

    2. Conxunto de inscricións atopadas na península do Sinaí datadas entre o terceiro milenio a C e o s III d C. Son de tres tipos: exipcias (maioritariamente en escritura xeroglífica), protosinaíticas ou paleosinaíticas, e nabateas. As exipcias esténdense desde 2686? a 1148 a C, e atópanse en Maḡāra e Sarābīṭ al-Khādim, aínda que apareceron tamén en Al-’Air e Wādī Nasb. Son as máis importantes das atopadas en canteiras e minas. Mentres que as das dinastías III, IV e gran parte das da V dan tan só o nome do soberano, a partir do reinado de Djedkara Isesi (2415?-2376 a C), penúltimo faraón da V dinastía, vólvense moito máis explícitas. Esta evolución é claramente perceptible a partir da VI dinastía, e sobre todo na XII (1991-1786 a C), que deixou as inscricións máis importantes. Os textos do Imperio Novo (1570-1085 a C) son menos detallados, aínda que máis ricos ca os do Imperio Antigo. As inscricións protosinaíticas ou paleosinaíticas apareceron no centro-oeste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano de superficie pedregosa situado no Sahara alxeriano, ao NO do altiplano de Tassili N’Ajjer (835 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático escocés. Fixo investigacións sobre os cuaternios, o ozono, a teoría cinética dos gases e a termoelectricidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península situada na costa meridional de Chile, ao S do arquipélago de Chonos. Está unida ao continente polo istmo de Afqui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Etiopia. Pertencente a unha familia feudal da rexión de Semyen, casou en 1883 co futuro Menelik II (1894-1913). Ao caer este gravemente enfermo, Taitu fíxose cargo da rexencia, que exerceu con poderes ilimitados ata 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Presidente da comisión de climatoloxía da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), estruturou unha clasificación dos climas e interesouse pola evapotranspiración das plantas para delimitar as achegas de auga necesarias do solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hsien de Taiwán (3.515 km2; 204.919 h [2000]). A súa capital é T’aitung (109.189 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Fundou a compañía de monicreques Teatro Buratini (1996), coa que representou os espectáculos para nenos Pazo de papel (2002), Palabras de caramelo (2003) ou Contos para todo o ano (2000). Destacan tamén as representacións de Xoguetes ou Pinocho, co Teatro Cachirulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Manawatu-Wanganui, Nova Zelanda situada 40 km ao S de Palmerston North, na baía de South Taranaki (147.500 h [estim 1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Haití (1804-1806). De nome Jean-Jacques Dessalines, era escravo en Santo Domingo e axudou a Francia durante a guerra de liberación de Haití (1804). Ao proclamarse a independencia (1804) foi gobernador xeral e nomeouse emperador. Foi derrocado e morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Mie, na illa de Honshū, Xapón (288.173 h [1997]). É un porto na costa da badía de Ise.

    VER O DETALLE DO TERMO