"APT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 162.

  • PERSOEIRO

    Pintor e militar. Discípulo de Meissonier, cultivou a temática militar e histórica. Entre as súas obras destacan Épisode du combat de Villejuif en 1870 (Episodio do combate de Villejuif en 1870) e Les funérailles de Pasteur (Os funerais de Pasteur, 1897). Entre outras decoracións destacan as da ábsida do Panthéon e as das salas do Hôtel de Ville de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de copépodos, de ata 5 mm de lonxitude, propios das augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante francés. Filibusteiro e gobernador de Santo Domingo (1691), durante a Guerra de Sucesión española (1701-1714) loitou a favor de Filipe V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Foi o primeiro que introduciu os traballos de laboratorio dentro do ensino. Os seus tratados conteñen unha gran cantidade de información sobre procedementos técnicos. Entre os seus traballos cómpre sinalar unha serie de investigacións, a miúdo coa colaboración de Boussingault, sobre a composición ponderal do aire, as fermentacións alcohólicas e lácticas, a descomposición do sangue e a interrelación entre os metabolismos vexetal e animal. Onde deixou unha pegada máis forte foi no apartado da química orgánica, cos seus traballos sobre a urea, o ácido benzoico e o método para a determinación da densidade de gases que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De ideas republicanas, foi capitán de granadeiros en tempos de Napoleón III. Cultivou a poesía bucólica, erótica e política e deixou inacabada unha novela curta. Obtivo numerosos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Almirante de Francia (1792) e conde de Estaing. Loitou na Guerra de Independencia dos EE UU do lado norteamericano e sitiou a cidade de Nova York (1778). En 1780 dirixiu a flota franco-española no sitio de Xibraltar. Comandante da Garda Nacional do Palacio de Versailles (1789), foi favorable á Revolución Francesa, aínda que a súa defensa da monarquía o levou á guillotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo nemotécnico que os escolásticos utilizaron para definir un siloxismo da terceira figura, no que a maior é universal negativa (representada polo e), a menor, universal afirmativa (a) e a conclusión, particular negativa (o). O f fai referencia a que se reduce ao modo da primeira figura, ferio; e o p a que esta redución se debe facer convertendo a menor per accidens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro. Foi xefe do Serviço Federal de Informação (1974-1978) e presidente da República (1979-1985). Durante o seu mandato iniciouse a transición cara ao sistema democrático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é capaz de transformar os sinais rexistrados no suco dun disco fonográfico en sinais eléctricos correspondentes ao son a reproducir.

    2. cápsula fonocaptora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico. Dedicouse á arqueoloxía durante a expedición que fixo con Napoleón a Exipto. No campo da física destacan os seus estudios sobre a propagación da calor. Froito deste traballo foi o desenvolvemento das series matemáticas que levan o seu nome e que constitúen a base da análise harmónica. Publicou Théorie analytique de la chaleur (Teoría analítica da calor, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos graptolites.

    2. Fósil do grupo dos graptolites.

    3. Grupo de organismos fósiles, mariños, de peridermo quitinoso que formaron colonias flotantes nas zonas neríticas. Atópanse do Cámbrico ao Carbonífero, onde se extinguiron totalmente, e son moi importantes para datar os estratos onde aparecen. Os primeiros graptolites que se atoparon en Galicia foron os de Puentes de Domingo Flórez, no límite das provincias de León e Ourense, en 1860. Dentro dos graptolites destacan os xéneros Diplograptus, Monograptis, Phyllograptus e Rastrites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e arqueólogo. Bispo de Astorga en 1886, encargoulle a Gaudí a construción do palacio episcopal. Fundou un Museo Arqueolóxico no Seminario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse en Lyon e París (1750) e en 1755 admitírono na Académie Royale de Peinture. Sobresaíu na pintura de xénero moralizante e cultivou, sen éxito, a pintura de historia. Retratista, fixo un tipo de figura feminina doce e sentimental parecida ao da pintura inglesa. Adheriuse á situación revolucionaria para conseguir prestixio. Das súas obras destacan Pére de famille explicant la Biblie à ses enfants, co que obtivo un grande éxito no Salon de 1755, Septime Sévère reprochant à son fils d’avoir voulu le faire, rexeitado no Salon de 1769, Cruche cassée e o retrato de Napoléon Bonaparte (1804-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e diplomático. Gracias á súa profesión viaxou por todo o mundo; estivo en Lisboa (1823), en Exipto (1828), en México (1831) e en Bogotá (1838). Realizou o seu primeiro daguerrotipo en 1839 e ao ano seguinte viaxou a Arxentina. Volveu a Bogotá en 1842, onde fixo varias fotografías da cidade. Viaxou a Atenas en 1850 e alí tomou varias vistas da Acrópole. En 1851 realizou fotografías en Londres. En París, en 1852, na Fête des Aigles, fixo vinte e cinco daguerrotipos. Presidiu a Sociedade Heliográfica e publicou Recueil nouveaux concernant la photographic (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Integrouse no impresionismo baixo a influencia de Pisarro e participou na maioría das exposicións do movemento. Influíu sobre P. Gaugin e V. van Gogh. Pintou mariñas e temas industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘unir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula de baixo peso molecular que por si mesma non pode desencadear unha resposta inmune, pero unida a unha molécula maior (proteína ou polisacárido) é capaz de estimular a formación de anticorpos. Os anticorpos que se forman poden unirse tanto ao hapteno como á molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano que permite a fixación, de algas ou plantas, a un substrato.

    VER O DETALLE DO TERMO