felaptón

felaptón
s m [FILOS]

Termo nemotécnico que os escolásticos utilizaron para definir un siloxismo da terceira figura, no que a maior é universal negativa (representada polo e), a menor, universal afirmativa (a) e a conclusión, particular negativa (o). O f fai referencia a que se reduce ao modo da primeira figura, ferio; e o p a que esta redución se debe facer convertendo a menor per accidens.

Palabras veciñas

felado -da | felandreno | Felanitx | felaptón | felar | feldespático -ca | feldespato