"Agar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

    1. Facer que algo quede en mal ou en peor estado por facer mal uso del.

    2. Botar algo a perder.

    3. Facer que algo ou alguén adquira un mal aspecto ou perda as súas boas calidades.

    4. Facer que alguén adquira malos costumes ou vicios.

    5. Causar un dano ou prexuízo a algo ou alguén.

    6. Facer que algo non se desenvolva segundo o previsto.

    7. Sacar pouco proveito ou facer mal uso de algo.

    8. Quedar algo en mal estado ou en peor estado por facer mal uso del.

    9. Quedar algo inservible.

    10. Perder algo ou alguén o seu aspecto ou as súa boas calidades.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso dos Cárpatos Meridionais ou Alpes de Transilvania que se estenden de O a L desde o río Olt ata a unión dos Cárpatos Meridionais e os Cárpatos Orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñerse branda a froita antes de podrecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada pola Asociación de Veciños do Val do Fragoso de Vigo a partir de finais de 1998. Incluíu información sobre temas urbanos (tráfico, peonalizacións, os parques, etc), denuncias veciñais e notas sobre lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta e coronel de aviación soviético. Formouse inicialmente como fundidor. Ingresou na escola militar de aviación de Čkalov e acadou o grao de tenente. Chegou a piloto de probas e entrou no equipo de cosmonautas en entrenamento. Tripulou o vehículo Vostok I e foi o primeiro home en facer un voo orbital, o 12 de abril de 1961. Foi deputado do Soviet Supremo en 1962 e seis anos máis tarde morreu de accidente de aviación. Un cráter da cara oculta da Lúa leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado no alto val do río Guadarrama, aos pés da serra de Guadarrama (16.503 h [1996]). Ten gandería ovina e bovina (dedicada especialmente á cría de touros), e industria e agricultura. É sobre todo un centro de veraneo. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha calzada romana, a igrexa da Asunción (s XVI) e a Casa Veleta, construída en tempos de Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Gujarāt, India, situada nas marxes do río Sabarmati, ao N da antiga capital de Ahmadābād (123.359 h [1991]). Foi construída en 1966 para substituír a antiga capital do estado, Ahmadābād.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. As súas primeiras obras, mariñas, bodegóns e paisaxes de Castela, amosaron unha paleta de azuis, sienas, ocres e amarelos. As súas viaxes por Europa e o N de África contribuíron á asunción dunha paleta quente. Co paso do tempo foi asumindo unha abstracción ata chegar ao informalismo. Foi un dos integrantes do grupo Nueve Expresiones (1994) e ilustrou o libro Galicia, de E. Rivera Chevremont (1994). En 1974 participou na Exposición ao Aire Libre de Vigo e en 1978 realizou a súa primeira exposición individual en Madrid e, desde entón, realizou numerosas mostras por toda España, das que destacan as antolóxicas celebradas no Museo do Pobo Galego e en 2001 na Casa das Artes de Vigo. A súa obra está, entre outras, nas coleccións Caixanova, Xunta de Galicia e na Fundación Camilo José Cela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte dos Andes, situado no departamento peruano de Pasco. Culmina aos 5.748 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intentar saber algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘mazá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘maceira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, India, situada na península de Kāthiāwār (325.475 h [1991]). É un centro comercial con industria química e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Depósito onde se prensan algúns froitos, como as uvas, as olivas ou as mazás, para extraerlles o zume que conteñen. Os lagares tradicionais eran de pedra e tiñan forma cadrada ou rectangular; medían arredor dun metro de alto polos catro lados e ían acaroados á parede, normalmente da bodega. Una vez prensados os froitos, o líquido -viño, aceite, sidra- sae por unha biqueira situada na parte inferior e recóllese finalmente nun barcal ou pío.

    2. Lugar onde está o lagar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse como escultor en Madrid, Barcelona e París, onde foi amigo de Max Jacob e Modigliani. Acusou a influencia do cubismo e creou o chamado planismo a comezos da década de 1920. Desde entón interesouse polo tema do circo, que tratou nun estilo próximo á inxenuidade de cores puras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pisar no lagar.

    2. Cantidade que se pisa dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco González Lagares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica. Nace na Lagoa Mol (A Retorta), no límite entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Cabral (Vigo). O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que atravesa as parroquias viguesas de Lavadores, Sárdoma (onde recibe o seu principal afluente, o Eifonso, que baixa de Beade), Castrelos (onde aflúe o Barxas), Matamá, Santo André de Comesaña, Navia e Coruxo. Desemboca na ría de Vigo, no límite entre estas dúas últimas parroquias, despois dun percorrido de 14 kms. Na súa desembocadura forma unha xunqueira ao S da praia de Samil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lagar pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno illote situado na ribeira dereita da ría de Arousa, na parroquia e concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO