"Alonso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 177.
-
PERSOEIRO
Poeta, coñecido por ter compilado, ao redor de 1455, o Cancioneiro de Baena, dirixido a Xoán II de Castela, onde incluíu algunha composición propia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Alonso Barba.
-
PERSOEIRO
Escultor. Iniciouse como pintor no ano 1982; sen embargo, axiña se centrou na escultura. A mediados dos oitenta comezou a realizar intervencións na paisaxe, recollendo diversos obxectos que sacaba do seu contexto. Despois levou a cabo actuacións in situ das que soamente se conservan testemuños fotográficos. A pesar da utilización de materiais de desfeito, que o sitúan na beira da arte povera, a súa obra é fundamentalmente conceptual. A serie Gallegos (1987), malia a escaseza dos materiais utilizados e de ser debuxados polo azar, reflicte unha gran destreza. En 1989 na exposición Expolio (Santiago de Compostela) presentou un conxunto de obras con material descontextualizado que empregou para compoñer imaxes harmónicas e estéticas. En 1993 realiza unha obra marcada polo carácter poético, Little Bang. Nos últimos anos centrouse no estudo da arte e da súa consideración social e comercial, expresadas a partir dunha dose de ironía e de sentido crítico,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado no conservatorio de Madrid, realizou estudios musicais con Julio Gómez, Sergiu Celibidache, Goffredo Petrassi e Bruno Maderna, entre outros. Cómpre destacar da súa abundante produción as pezas: Picolo concerto (Pequeno concerto, 1959), Espacios variados (1962), Heterofonías (1967), Impulsos (1972), Numancia (1975) e Nostálgico (1986). Compuxo a música para a montaxe teatral La Celestina (1988) e a banda sonora das películas Nueve cartas a Berta (1965) e Tormento (1974). Foi Premio Nacional de Música en 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor manierista, fillo de Pedro Berruguete. Entre 1508 e 1516, aproximadamente, traballou en Roma e Florencia, onde foi axudado por Michelangelo Buonarroti, quen influíu na súa traxectoria artística. Cando volveu a Castela en 1517 estivo vinculado, como pintor do Rei, á Corte de Carlos V, para quen realizou diversos encargos de pintura e escultura, mais non acadou o seu favor e dende 1526 permaneceu afastado da Corte. Asentado en Valladolid, dedicouse principalmente á escultura. Os seus primeiros grandes retablos, o do mosteiro da Mejorada de Olmedo (1523) e o de San Benito de Valladolid, acredítano como o escultor máis destacable do s XVI. Outras obras importantes son o retablo do Colexio de los Irlandeses, de Salamanca (1529); o da Epifanía, da igrexa de Santiago (Valladolid, 1537); os relevos do coro e o grupo en alabastro da Transfiguración que coroa a cátedra arcebispal da catedral de Toledo (1539); o retablo da Visitación na igrexa de Santa Úrsula (Toledo)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. Estivo activo na comarca de Pontedeume. En 1626 traballou nos retablos da capela maior de Santiago de Barallobre (Fene) e de San Mamede de Laraxe (Cabanas); en 1628 no retablo principal de Santa María de Ombre (Pontedeume). En 1631 pintou e dourou, xunto con Alonso Pernas e Gabriel de Fojo, as andas do retablo da Santísima Trindade da confraría de mareantes de Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Dentro da corrente barroca conceptista, escribiu Peregrinos pensamientos de misterios divinos (1614) e Nuevo jardín de flores divinas (1617).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Pío Cabanillas Gallas. Licenciado en Dereito polo Centro de Estudios Universitarios (CEU) e máster en Arts in Law and Diplomacy pola Fletcher School de Medford (EE UU), foi director de organización e desenvolvemento da división de televisión e cine do grupo PRISA, director xeral de Sogecable, director de desenvolvemento e relacións internacionais do grupo PRISA e director xeral de Radiotelevisión Española (RTVE). O 27 de abril do 2000 foi nomeado ministro portavoz do Goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano e predicador. Fíxose coñecido polos seus sermóns, entre os que destaca o Sermón fúnebre (1598) dedicado a Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, pintor e arquitecto. Discípulo do seu pai, Miguel Cano, en 1614 trasladouse a Sevilla onde coñeceu a Velázquez e onde estudiou pintura con Francisco Pacheco e escultura con Martínez Montañés. Entre as obras realizadas durante este período sevillano destaca o retablo maior de Santa María de Lebrija (1629-1631), así como as pinturas tenebristas entre as que se atopa a de San Francisco de Borja (1624). En 1638 instalouse en Madrid, onde foi pintor do conde duque de Olivares e restaurador da colección de pinturas de Filipe IV. Acusárono do asasinato da súa dona e, aínda que o declararon inocente, abandonou a cidade en 1644 e refuxiouse en València ata 1645, data na que regresou a Madrid. Durante o seu período na capital realizou dous retablos para a igrexa de Getafe (1645), o arco triunfal da porta de Guadalajara, co que se celebrou a chegada de Mariana de Austria en 1649, e unha serie de lenzos entre os que destaca El milagro del pozo, influenciado por Velázquez....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e humanista. Foi cronista de Castela, preceptor do futuro Rei Enrique IV, conselleiro de Xoán II e bispo de Burgos (1435-1456). Entre as súas obras destacan: Defensorium unitatis christianae (Sobre os defensores da unidade cristiá), a favor dos conversos; Allegationes (Alegacións, 1400), Doctrinal de caballeros (1487), Rerum in Hispania gestarum chronicon (Crónica dos feitos heroicos de España) e Anacephaleosis (1545).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Publicou Sermones morales y panegíricos (1791), Dicionario histórico portátil de las órdenes religiosas y militares y de las congregaciones regulares y seculares que han existido hasta hoy (1792) e Novenario doloroso de María Santísima (1794 e 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Logo de presidir a confraría de pescadores de Moaña, dirixiu a sección de asuntos sociais do Sindicato Provincial da Pesca, presidiu a Federación Galega de Pósitos Marítimos e foi inspector do Instituto Social da Mariña. Dirixiu o xornal Galicia Marítima. Publicou, ademais das súas memorias, diversos artigos de pesca en Faro de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Despois da súa formación escultórica dedicouse á arquitectura. A súa arte evolucionou dende o predominio do elemento ornamental ata o dominio do elemento construtivo. En 1512 foi un dos conselleiros do cabido de Salamanca para a construción da catedral. Entre as súas obras destacan a igrexa da Piedad de Guadalajara (1526) e o palacio arcebispal de Alcalá de Henares (1530?-1540). En 1534 nomeárono mestre da catedral de Toledo, onde realizou a capela dos Reyes Nuevos (1531-1534). Como mestre do Alcázar toledano, traballou na fachada sur (1546), no patio (1550-1557) e trazou a escaleira imperial. Encargouse tamén do Hospital de Tavera (1541-1551) e realizou a Puerta Nueva de Bisagra (1559). En Santiago de Compostela participou en obras subvencionadas polo arcebispo Alonso III Fonseca. En 1518 pertenceu á comisión de arquitectos encargada da resolución dos problemas de construción do claustro da catedral. Atribúeselle o proxecto da fachada do colexio de Fonseca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tipógrafo, xornalista e escritor. De tendencia libertaria, colaborou antes da Guerra Civil española en Solidaridad Obrera e La Calle. A colección dos seus artigos publicados nestes semanarios, escritos nunha prosa poética moi persoal, presaxiou o seu recoñecido aliñamento coa poesía social nos anos corenta do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e sociólogo. Profesor, conferenciante e colaborador de prensa, é autor de numerosas publicacións científicas e políticas, e director de investigacións sociolóxicas. Foi coautor, xunto con Margarita Ayestarán, de Galleguidad y conflito lingüístico gallego (Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974) e La comarca de la Ría de Arosa. Sus familias en 1974 (Avance de los resultados de una investigación sociológica).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de ensino medio de lingua e literatura galega, colaborou con artigos de carácter científico e divulgativo en revistas como A peneira, Cadernos da lingua ou Natureza galega. Entre outras obras, publicou Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín (1994), Crear o mar en Compostela (Premio de Poesía O Grelo 1993), Pel de ameixa (1996, Premio de Poesía Miguel González Garcés 1995), Setembro (1998, VII Premio Martín Codax de Poesía) e En atalaia aberta (2000). Ademais, participou no volume colectivo 8 e medio (1993) e nas antoloxías Para saír do século (1997) e Defecto 2000 (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Pintou, entre outras obras, o retablo colateral de Santa María a Nai na igrexa de Santiago de Allariz (1633).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, fillo de Joaquín Dicenta Benedicto. Publicou, entre outras obras, a traxedia El bufón (1913), o poema dramático La leyenda del yermo (1915), El idilio de Pedrín (1916), os dramas Son mis amores reales (1925) e Leonor de Aquitania (1933) e, en colaboración con Antonio Paso, os disparates cómicos El cuarto de la gallina (1922), Simón y Manuela (1923) ou a traxicomedia Tutankamen (Rey de Egipto) (1924). Recibiu o Premio Piquer e o Premio Lope de Vega.
VER O DETALLE DO TERMO